• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O incendio da gasolineira de Praceres puido iniciarse nun xerador de xeito accidental

Mar 05 Escrito por 
PONTEVEDRA> Gran susto no barrio de Praceres, en Pontevedra. A última hora da tarde de onte, declarábase un incendio nunha estación de servizo do lugar. Cun amplo dispositivo, os corpos de seguridade conseguiron controlar as lapas sen que se produciran danos persoais. Hoxe, a Policía Científica investigaba as causas sobre o terreo. Polo de momento, os indicios apuntan a que o lume foi accidental.
Durante toda a mañá a Policía Científica continuou coa investigación para atopar as causas do espectacular incendio rexistrado onte na gasolineira de Praceres. Aínda non hai un informe definitivo, pero todo apunta a que o lume foi accidental e se orixinou nun xerador do depósito de combustible. Despois de recibir o visto bo da Policía, os empregados da estación de servizo empezaron a traballar a marchas forzadas para recuperar a normalidade. A pesares da importancia do incendio, non se rexistraron danos persoais. Os materiais aínda están pendentes de cuantificar. O amplo dispositivo púxose en marcha co primeiro aviso do lume, ás 8 menos dez da tarde. Ás 10 e cuarto xa se daba por controlado. Aínda así, no lugar quedaron ata a madrugada efectivos dos bombeiros para controlar que non reavivaran as lapas. As Policías Locais de Pontevedra e Marín, os bombeiros de Pontevedra, Policía Nacional e a Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de O Morrazo e O Salnés participaron no operativo. Tamén as agrupacións de Protección civil de ambas localidades. Finalmente, só foi necesaria a evacuación de tres vivendas, a pesares de que o concello xa contactara coa Brilat e un hostaleiro local por se fora necesario desaloxar a máis veciños. Dende o concello recoñeceron a existencia de denuncias veciñais do mes de setembro en relación ao estado no que se atopaba o xerador. No seu momento, a Policía Local levantara un acta que foi trasladada ao servizo de Disciplina Urbanística. Un expediente que, segundo Carme da Silva, seguirá o seu curso.  
   
Etiquetado como Pontevedra    praceres    incendio    estacion de servizo    Sucesos Incendios    Emerxencias   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Xoves, 05 Marzo 2015 17:34

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
  • Máis de 1300 escolares participan nunha nova edición do Correlingua
    Pontevedra> Máis de 1300 rapaces percorreron as rúas de Pontevedra nunha nova edición do Correlingua. Unha carreira popular que este ano levou como lema “en gaego, sen cancelas” e na que participaron 20 centro de ensino da provincia. Unha cita organizada pola Mesa de Normalización Lingüística que ten como fin sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil, da importancia da defensa do galego.
  • O Museo de Pontevedra abre a cámara dos tesouros no seu día internacional
    Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar á luz todas as obras coas que conta este lugar da arte.
  • Remata a rolda de reunións do Concello coas asociacións para a nova ordenanza de veladores
    Pontevedra> O concello de Pontevedra pecha a rolda de contactos para a nova ordenanza de veladores da cidade. As últimas reunión foron coa asociación Pedaladas e coa Federacións de veciños da Boa Vila. Agora dende Comisións Obreiras tamén solicitan que o concello manteña reunións cos sindicatos. O fin destes encontros sería regular os contratos na hostalería de haber unha posible ampliación de horarios das terrazas.
  • Jorge Coira e Manuel Gago sorprenden e emocionan nas súas visitas cruzadas
    Pontevedra> Unha semana máis o Museo de Pontevedra acolleu as visitas cruzadas. Unha cita organizada pola Deputación, co fin de amosar dende outro punto de vista o contido da arte do Sexto Edificio. Os protagonistas nesta ocasión foron o cineasta Jorge Coira e o xornalista Manuel Gago.
  • O cine únese á celebración do XXV aniversario do Festival de Jazz e Blues
    Pontevedra> A vixésimo quinta edición do Festival de Jazz e Blues de Pontevedra xa quenta motores e chega con novidades. A principal Notametraxes, un ciclo de cine vencellado co mundo do jazz que aterrará na Boa Vila todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O groso do festival, os concertos e citas en directo, desenvolverase do 21 ao 26 de xullo.
HomePONTEVEDRAO incendio da gasolineira de Praceres puido iniciarse nun xerador de xeito accidental Top of Page

Síguenos en facebook