• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Louzán cualifica de 'espectáculo de circo' as negociacións entre PSOE e BNG

Xun 23 Escrito por 
PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra parece lonxe de descubrir quen ocupará a súa presidencia no vindeiro mandato. PSOE e BNG continúan unhas negociacións que non acaban de dar os seus froitos, e nas que están incluídas as institucións provinciais de Pontevedra, A Coruña e Lugo. Hoxe, o aínda presidente Rafael Louzán, criticaba o espectáculo que, ao seu modo de ver, están a ofrecer ambas formacións.
  A presidencia da Deputación de Pontevedra continúa sen dono. A pesares das negociacións, PSOE e BNG non son quen de achegar posturas. Unha vez máis, as críticas máis duras de Rafael Louzán dirixíronse ao Partido Socialista. Para o líder popular, o único obxectivo da formación é evitar que goberne o PP. Menos duro foi co BNG. Louzán insistiu en que a súa formación continúa aberta a negociar cos nacionalistas que, segundo o aínda presidente, se atopan nunha encrucillada. O presidente provincial tampouco perdeu a ocasión para recordar que o Partido Popular foi o verdadeiro gañador das pasadas eleccións, aínda que non chegue a gobernar a Deputación. Ademais, insistiu en que a súa formación está lexitimada para formar goberno e seguir adiante coa reforma das Deputacións que, ao seu modo de ver, xa empezaron hai anos. Recordou que no que levamos de ano a institución destinou 50 millóns de euros a pequenos e medianos concellos para a prestación de servizos básicos.
 
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Martes, 23 Xuño 2015 18:02

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Festa do Mar, a polo selo de Interese Turístico na 17ª edición
    POIO> A Festa do Mar sopra xa dezasete velas. A cita volve un ano máis coa súa aposta, que mestura gastronomía, tradición e música para todos os públicos. Esta edición, ademais, o concello de Poio intentará obter o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. A mellor gastronomía e os mellores produtos do mar volverán darse a man no concello de Poio. A Festa do Mar cumpre a súa décimo sétima edición cun obxectivo en mente: conseguir o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Esta edición celebrarase entre o mércores 23 e o domingo 27 de agosto. Durante estes días, Combarro será o centro de actividades, cun programa no que destaca o concerto de David Civera o día da inauguración na praza da Chousa. O 24 será a quenda do Festifolk, que o 25 dará paso a unha das citas máis agardadas, o Festival Armadiña Rock cos Herdeiros da Crus. O orzamento será semellante ao de anos anteriores: 200 mil euros. Este ano os stands gastronómicos saíron a concurso público, aínda que o concello resérvase dous que servirán ameixas e mexillóns da ría. Tamén se repetirá a concentración de embarcacións tradicionais, á que asistirán preto de 30 barcos.
  • Pontevedra está de festa!!!
    Pontevedra> Na fin de semana tivo lugar o pistoletazo de saída das Festas da Peregrina en Pontevedra. A empresaria Conchi Pereiro foi a encargada de ler o pregón que deu pe a esta Semana Grande. Na súa intervención defendeu o modelo de cidade da Boa Vila, e tamén reivindicou o papel da muller na sociedade actual.
  • O Princesa de Asturias de Piragua rematará na Ponte do Burgo en Pontevedra
    SANXENXO> A 40ª edición do Trofeo Princesa de Asturias volve, o 15 de agosto, por segundo ano consecutivo a Portonovo, dende onde se organiza. Este ano os protagonistas serán Sanxenxo e Combarro (concello de Poio) dende onde saíran as diferentes categorías de xeito simultáneo, para rematar a proba na Ponte do Burgo en Pontevedra.
  • Do 12 ao 20 de agosto Meleira chega a Pontevedra
    Pontevedra> Do 12 ao 20 de agosto, coincidindo coa súa Semana Grande , Pontevedra acollerá a vixésimo sétima edición da Meleira, Feira do Mel. Unha cita que contará coa presenza de 6 apicultores, 1 filloeira, 1 posto de queixo e outro de cervexa artesán. Un evento onde haberá moitas charlas e obradoiros e onde a actualidade da vespa velutina estará moi presente.
  • O concello actuará en dúas novas rúas de Santa María
    PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra actuará en dúas novas rúas do entorno de Santa María. O goberno local xa traballa en varios puntos desta zona do casco histórico, pero hoxe anunciou que acometerá a reforma integral das rúas San Martiño e Eirado de Alvar Páez. A actuación contará cun investimento duns 150.000 euros. O concello de Pontevedra avanza na rehabilitación do entorno de Santa María, no caso histórico da cidade. Gulías visitou as obras que se están a realizar nas rúas Pratería Vella e Tristán Montenegro, financiadas con cargo ao ARI. Dende o concello están máis que satisfeitos cos resultados. Trala visita, a edil anunciou que está previsto rehabilitar dúas rúas máis do entorno de Santa María. Actuacións que contarán cun investimento total de 150.000 euros. Unha das novidades que se aplicou na reforma da rúa Praterías atópase no pavimento. Por primeira vez, o concello utilizou a pedra plana no centro e a chapacuña nos laterais, para evitar posibles problemas de accesibilidade. Non descartan aplicar esta fórmula noutras zonas.
  • A Estratexia de Mobilidade 3.0 chegará á estrada provincial de San Vicente
    O GROVE> A Deputación de Pontevedra actuará na estrada provincial de San Vicente, en O Grove. Administración provincial e concello asinaron hoxe o convenio que rexerá as obras integrais de seguranza viaria e mobilidade sostible. Segundo o documento contarán cun orzamento de máis de 540 mil euros, e estarán rematadas na primavera de 2018. A Deputación de Pontevedra actuará na estrada provincial de San Vicente de O Grove. O proxecto executarase en 877 metros da vía, dividindo o espazo en tres treitos. No primeiro e no terceiro, crearase unha senda de 2,5 metros de longo para o tránsito peonil e ciclista, coa velocidade limitada a 30 quilómetros por hora. No segundo, apostan pola plataforma única. Será unha intervención integral de seguranza viaria e mobilidade sostible, no marco da Estratexia de Mobilidade 3.0. Tamén contempla a posta en valor do entorno da igrexa de San Vicente. O convenio supón un investimento de máis de 540.000 euros, dos que a Deputación financia o 80%. A intención é que as obras inicien canto antes, e terán un prazo de execución de 4 meses. O goberno provincial resaltou que as obras xa contan cos terreos precisos para a mellora e cos permisos de Patrimonio. Un xeito de facer que, aseguran, os distancia do anterior executivo. Tamén destacaron que o proxecto naceu da petición do propio concello, que busca atender unha vella demanda dos veciños de San Vicente.
HomePONTEVEDRALouzán cualifica de 'espectáculo de circo' as negociacións entre PSOE e BNG Top of Page

Síguenos en facebook