• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O TSXG dá a maioría absoluta ao alcalde de Caldas de Reis

Xun 24 Escrito por 
CALDAS> O socialista Juan Manuel Rey poderá gobernar Caldas con maioría absoluta. Tralas idas e vidas pola discusión sobre dúas papeletas que foran manipuladas e consideradas nulas pola Xunta Electoral Central nas eleccións do 24 de maio, finalmente unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da a razón ao Partido Socialista.
O pronunciamento conclúe que o corte na parte inferior das papeletas non introduce ningunha dúbida sobre a intención do elector en dar o seu voto ao PSOE. Así, supón o sétimo concelleiro para a formación e, polo tanto, a maioría absoluta. O fallo é firme, aínda que o Partido Popular podería interpor un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional. De tomar esta determinación, non afectaría ao pleno de investidura, previsto para o vindeiro 3 de xullo.
Etiquetado como Pontevedra    Caldas    tsxg    Eleccións municipais 2015   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Case 700 Gardas Civís participaron no dispositivo contra o lume
    PONTEVEDRA> Recoñecemento aos Gardas Civís que participaron no operativo contra a vaga de lumes do pasado domingo. A subdelegada do Goberno en Pontevedra visitou esta mañá a comandancia para agradecer aos axentes o seu esforzo e dedicación nesta crise. Só o domingo mobilizáronse 680 axentes, algúns de vacacións ou de baixa, que coordinaron a evacuación de 1.700 persoas na provincia. 680 Gardas Civís participaron o pasado domingo 15 no operativo que loitou contra a vaga de lumes que afectou a provincia de Pontevedra. Moitos estaban de baixa, de vacacións ou francos de servizo, pero ao coñecer a situación incorporáronse ao traballo para enfrontarse a unha das xornadas máis difíciles da súa vida profesional. Os axentes combateron o lume e coordinaron a evacuación de 1.700 persoas en toda Pontevedra. Participaron todas as unidades: Tráfico, Seprona, servizo de desactivación de explosivos e incluso o servizo marítimo, pelexaron para cortar o avance das lapas. A estrada AG-57, a autovía das Rías Baixas co atasco no túnel da Cañiza e, sobre todo, a situación que se viviu na aldea de Chandebrito, en Nigrán, na que 16 policías quedaron cercados polas lapas, foron os momentos máis complicados desta vaga de lumes que deixou catro mortos. En canto ás causas da vaga de lumes, o responsable da Comandancia apunta que se mesturaron incendios intencionados, os causados por imprudencias e os provocados polo típico efecto espello. A Policía Xudicial mantén aberta unha investigación con varias liñas de traballo, unha delas que apunta á existencia dun posible grupo organizado en Pazos de Borbén.
  • Os comuneiros culpan dos lumes á falta de xestión forestal
    PONTEVEDRA> Os comuneiros de Pontevedra piden compromiso das Administracións e da cidadanía para evitar que se repita a vaga de lumes da pasada fin de semana. Desbotan, ademais, que exista unha trama organizada trala situación do domingo, e sinalan unicamente á falta de xestión forestal como responsable. As comunidades de montes de Pontevedra esixen a implicación de sociedade e administracións para evitar que se produzan situacións como a vaga de lumes da pasada fin de semana. Desbotan, ademais, a teoría da Fiscalía Superior de Galicia que abriu dilixencias para determinar a posible existencia dunha trama organizada tralos incendios. Para a Mancomunidade, o que se está a producir en relación cos lumes é unha vergoña. Advirten, ademais, de que a situación podería ser moito peor de non comezar as chuvias. Ante esta situación, inciden que a prevención é fundalmental. Por iso, critican a política forestal da Xunta e as dificultades para acceder ás liñas de axuda. Só neste ano, administración autonómica desestimou 238 peticións de axudas de comunidades de montes galegas. Piden, ademais, que os días non borren a rabia que fixo que a cidadanía saira á rúa para protestar pola vaga de lumes. Tamén reclaman á Xunta varias medidas, como a reforestación da superficie queimada, a retirada do criterio de densidade de poboación na concesión de axudas e a coordinación entre Medio Rural e Patrimonio, entre outras.
  • Os socialistas demandan a modificación da Lei de Montes
    Pontevedra> O PSOE presentará no pleno da Deputación e en todos os concellos da provincia unha moción sobre a vaga de lumes sufrida en Pontevedra. Dende as filas socialistas cren que non se poden cometer erros en políticas de extinción e demandan, con urxencia, unha nova lei de montes.
  • En Marea considera imprescindible abrir un debate sobre o modelo de ordenación do territorio
    Pontevedra> Denuncias tamén dende o grupo En Marea. O voceiro deste partido estivo hoxe en Pontevedra, Luis Villares, considera que as axudas que anunciou a Xunta, ante a vaga de lumes, son imprescindibles e insuficientes. Villares cree que o Goberno Galego debe abrir un profundo debate sobre o modelo de ordenación do territorio na nosa comunidade.
  • Os comuneiros alertan do perigo dunha mala rexeneración
    CALDAS> Tralos lumes do pasado domingo, os comuneiros alertan do perigo de rexenerar o monte sen control. Lembran que unha acción sen supervisión poder acabar producindo problemas ecolóxicas a longo e medio prazo. Esta mañá estivemos co presidente da Mancomunidade de Montes de Saiar, en Caldas, unha das zonas máis afectadas polos incendios. O foco de lume orixinado en Saiar, Caldas, arrasou a noite do domingo cunhas 300 hectáreas de zona forestal da súa comunidade de Montes. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais nin materiais, pero todo este patrimonio natural quedou totalmente asolado. Ahora hai que pensar no mellor e máis eficientes xeito de proceder á súa rexeneración, porque aquí, tampouco, vale todo. Tal e como nos explicou esta mañá o presidente da Comunidade de Montes de Saiar. Para eles, agora mesmo o máis prioritario é intentar salvar a madeira que quedou tralo paso do lume. Agardan que a autorización chegue a próxima semana. Un documento que vén acompañado de varias indicacións para que o traballo se faga baixo control. Á espera de recibir a autorización da xunta, os comuneiros agardan tamén a convocatoria das axuda da administración autonómica, para poder recuperar as 300 hectáreas e recuperar o monte, un ano máis.

HomePONTEVEDRAO TSXG dá a maioría absoluta ao alcalde de Caldas de Reis Top of Page

Síguenos en facebook