• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Deputación convocará a vindeira semana o pleno de constitución do novo goberno

Xul 03 Escrito por 
PONTEVEDRA> Hoxe constituíse a corporación de Caldas, a única da provincia de Pontevedra que aínda non celebrara o pleno para a toma de posesión dos concelleiros. Co último concello xa definido, só queda pendente a constitución da corporación provincial. Dende a Deputación apuntan a que o pleno celebrarase, previsiblemente, en dúas semanas.
  Co concello de Caldas xa constituído, a Deputación de Pontevedra está pendente dos partidos xudiciais da provincia para pór en marcha o mecanismo para a toma de posesión da súa corporación. A convocatoria farase a vindeira semana. Aínda que se manexaba o 13 de xullo como día para a celebración do pleno, a data concreta segue no aire. Mentres, a Deputación continúa a traballar con normalidade, algo que criticou hai uns días o nacionalista César Mosquera. Para o deputado, Rafael Louzán está arrasando cos fondos provinciais, facendo un reparto acelerado e caciquil dos cartos. Figueroa apuntou a que o grao de execución orzamentaria é moi semellante ao de anos anteriores.
 
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Venres, 03 Xullo 2015 17:11

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Deputación xestinará a integración da rúa Rosalía de Castro
    Pontevedra> O vicepresidente da Deputación Provincial ofreceu esta mañá un almorzo informativo. Mosquera anunciou que será a administración provincial a encargada de xestionar a integración da Rúa Rosalía de Castro na cidade de Pontevedra.
  • A Festa do Mar, a polo selo de Interese Turístico na 17ª edición
    POIO> A Festa do Mar sopra xa dezasete velas. A cita volve un ano máis coa súa aposta, que mestura gastronomía, tradición e música para todos os públicos. Esta edición, ademais, o concello de Poio intentará obter o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. A mellor gastronomía e os mellores produtos do mar volverán darse a man no concello de Poio. A Festa do Mar cumpre a súa décimo sétima edición cun obxectivo en mente: conseguir o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Esta edición celebrarase entre o mércores 23 e o domingo 27 de agosto. Durante estes días, Combarro será o centro de actividades, cun programa no que destaca o concerto de David Civera o día da inauguración na praza da Chousa. O 24 será a quenda do Festifolk, que o 25 dará paso a unha das citas máis agardadas, o Festival Armadiña Rock cos Herdeiros da Crus. O orzamento será semellante ao de anos anteriores: 200 mil euros. Este ano os stands gastronómicos saíron a concurso público, aínda que o concello resérvase dous que servirán ameixas e mexillóns da ría. Tamén se repetirá a concentración de embarcacións tradicionais, á que asistirán preto de 30 barcos.
  • A Deputación lanza un plan de axudas de 18 millóns de euros
    Pontevedra> A Deputación de Pontevedra ven de presentar un Plan para os concellos de menos de 20 mil habitantes. Trátase dun plan no que investirán 18 millóns de euros nos vindeiros 3 anos e que está destinado a actuacións relevantes nos concellos da provincia. Un dos requisitos para adherirse a esta axuda é que o proxecto ten que estar avanzado co fin de que estea rematado antes do 30 de xuño do 2019.
  • Pontevedra está de festa!!!
    Pontevedra> Na fin de semana tivo lugar o pistoletazo de saída das Festas da Peregrina en Pontevedra. A empresaria Conchi Pereiro foi a encargada de ler o pregón que deu pe a esta Semana Grande. Na súa intervención defendeu o modelo de cidade da Boa Vila, e tamén reivindicou o papel da muller na sociedade actual.
  • A Deputación aposta polo turismo ornitolóxico
    Pontevedra> A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña de promoción do turismo ornitolóxico nas Rías Baixas e interior da provincia. Unha iniciativa que busca dar a coñecer espazos especializados cos que conta a nosa provincia e tamén sensibilizar á veciñanza sobre a necesidade de protexer este tipo de espazos. A presidenta da Deputación acompañada polo responsable en Galicia da Socidade Galega de Ornitoloxía, presentou esta mañá unha nova campaña de promoción do turismo ornitolóxico na provincia. Unha iniciativa que busca un dobre obxectivo. Unha campaña que se completa cun documental que se emitirá a finais deste ano en TVE, coas Rías Baixas e enclaves naturais do interior da provincia como protagonistas. Tales como o complexo intermareal Umia O Grove, o parque Nacional das Illas Atlánticas ou as marismas de Alba. Unha campaña moi importante que busca potenciar todo o que temos nas nosas terras. A presidenta da Deputación destacou a relevancia deste tipo de turismo que cada vez ten máis seguimento e supón unha alternativa de alta calidade, sostible e respectuosa co medio ambiente.
  • O Princesa de Asturias de Piragua rematará na Ponte do Burgo en Pontevedra
    SANXENXO> A 40ª edición do Trofeo Princesa de Asturias volve, o 15 de agosto, por segundo ano consecutivo a Portonovo, dende onde se organiza. Este ano os protagonistas serán Sanxenxo e Combarro (concello de Poio) dende onde saíran as diferentes categorías de xeito simultáneo, para rematar a proba na Ponte do Burgo en Pontevedra.
HomePONTEVEDRAA Deputación convocará a vindeira semana o pleno de constitución do novo goberno Top of Page

Síguenos en facebook