• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Máis vale previr que curar. Tamén en Internet

Mar 02 Escrito por 
PONTEVEDRA> A Policía Nacional de Pontevedra desprazouse este mércores ata o colexio “As Doroteas” en Pontevedra para facer unha charla coloquio cos alumnos de 2º da ESO sobre os riscos que ten a rede.
  Que a pre-adolescencia é unha idade complexa non pilla por sorpresa a ninguén, pero si a esta premisa lle sumamos un mal uso das redes sociais, ou a gran cantidade de información disponible na rede sen ningún tipo de filtro o problema é maior… por iso centros educativos como o de “As Doroteas” en Pontevedra se sumou a unha iniciativa da Comisaría de Policía de Pontevedra para falar dos diferentes tipos de acosos existentes na rede…  Juan Carlos Carrera é o responsable de participación cidadá na Comisaría de Pontevedra e en parte un dos encargados de explicarlle os rapaces os diferentes tipos de acosos e as súas implicacións legais.  Unha iniciativa da Policía Nacional, ca que ademáis se pode concienciar os mozos do perxudicial de algunhas actuacións… Pero de pouco valen estes esforzos para educar as novas xeracións se non se consegue a colaboración dos país… Cada vez son máis as charlas que tratan temas como o ciber acoso, xa que a sociedade está cada vez máis preocupada por previr este tipo de situacións. 
 
Etiquetado como Pontevedra    Internet    charla    Policía Nacional    Educación   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP presentará unha moción para revitalizar o mercado de Estribela
    Pontevedra> O PP de Pontevedra levará unha moción ao pleno co fin de recuperar a Praza de Abastos de Estribela. Dende as filas populares piden que en lugar de derrubar o mercado, se potencie a súa función. E pola súa banda dende o Goberno Local insisten que van a relizar o acordado e demandado polo consello parroquial, Demetrio Gómez dixo alto e claro que son os propios veciños os que queren un salón de actos neste espazo.
  • Dende a Deputación sinten unha "profunda desolación" polo que está acontecendo nos montes galegos
    Pontevedra> O gabinete de crise posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, na madrugada do sábado. continúa activo. Esta mañá, a presidenta e vicepresidente desta administración, compareceron en rolda de prensa para dar conta da situación na que se atopa a provincia trala vaga de lumes que asola a nosa comunidade. Ambos mandatarios dixeron sentir unha profunda desolación polo que está sucedendo nos montes galegos.
  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Xornada de arte inclusiva na Casa Azul
    Pontevedra> A concellería de Benestar Social centra este ano o programa Hefesto no mundo da arte a través de creadores locais. Co título de arte inclusivo, este proxecto ten como fin promocionar a inclusión social e a participación activa de persoas con discapacidade na dinámica cultural da cidade. Neste venres a xornada estivo centrada no estudo escultórico do voo dun paxaro en escaiola.
  • Marea moi atenta á ordenanza de renda social para apoiar as contas do 2018
    Pontevedra> Esta mañá dende o grupo de Marea fixeron balance das emendas aos orzamentos municipais pactadas no seu momento, e que permitiron dar luz verde a estas contas no concello. Luis Rei recoñeceu que neste camiño hai moitas luces e algunha sombra, a principal, a renda social municipal.
  • O concello preséntalle aos veciños o novo acceso aos Campos
    Pontevedra>Os concelleiross de Obras e o delegado de Mourente mantiveron esta tarde unha reunión cos veciños para presentarlles o proxecto de novo acceso aos Campos dende Monte Porreiro. Uns traballos que terán un custe aproximado de máis de 1 millóns 137 mil euros e que contarán cun prazo de execución de 9 meses.
HomePONTEVEDRAMáis vale previr que curar. Tamén en Internet Top of Page

Síguenos en facebook