• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

CCOO pide un debate aberto con Mosquera

Mai 30 Escrito por 
PONTEVEDRA> Os traballadores do Parque de Maquinaria queren un debate público co vicepresidente da Deputación, César Mosquera, para demostrar quen minte e relacionan o nacemento do conflito cos empregados do parque cun suposto resentimento do BNG porque non se realizaron traballos nos seus concellos cando gobernaba o PP. Dende Comisións Obreiras xa anunciaron mobilizacións.
  Os traballadores do Parque da Maquinaria manifestaranse o vindeiro sábado 11 ao mediodía polas rúas de Pontevedra para pedir unha negociación coa Deputación que resolva o conflito que manteñen na actualidade. Para o secretario comarcal de Comisións Obreiras esta é a única vía que lles queda. Dende Comisións tamén solicitaron un debate público co vicepresidente da institución provincial ao que tildaron de covarde. Para os sindicatos o BNG está a pagar cos traballadores o resentimento que teñen de cando a institución era gobernada polo PP e non se traballaba nos seus concellos. Por outra banda, o voceiro do grupo provincial do BNG, César Mosquera, dirixiu unha carta aberta ao presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra na que apelan á súa responsabilidade e autoridade para que actúe freando este tipo de actuacións.
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Luns, 30 Mai 2016 21:25

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os deputados populares culpan á Deputación da rotura do tripartito de Sanxenxo
    PONTEVEDRA> A rotura do goberno tripartito de Sanxenxo continúa de actualidade. Esta mañá pronunciáronse dende o Partido Popular Provincial, que non dubidan en sinalar á Deputación como responsables desta crise. Para o PP, as risas, os insultos e, aseguraron, a prepotencia do bipartito provocaron a fin do acordo de goberno. Os deputados populares non dubidan en sinalar ao goberno da Deputación de Pontevedra como o responsable da rotura do tripartito de Sanxenxo. Arévalo respaldou a postura de Gonzalo Pita sobre a obra da avenida Luís Rocafort; proxecto que foi o detonante dos desencontros entre os socios de goberno. Pola contra, acusou ao bipartito de rirse e insultar ao aínda rexedor de Sanxenxo. Os deputados aseguraron que Pita solicitara unha reunión na Deputación que non se atendeu. Descartan que a rotura viñera dada polo desacordo na construción de 19 prazas de aparcadoiro na avenida Luis Rocafort. Tamén esixiron ao goberno provincial que deixe de buscar responsable no Partido Popular, e que atenda a unha provincia que, aseguraron, está descontenta e decepcionada.
  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
  • Gonzalo Pita anuncia que deixa a alcaldía de Sanxenxo
    SANXENXO> Gonzalo Pita deixará de ser alcalde de Sanxenxo a finais de este mes. Así o anunciou o independente esta mañá, nunha multitudinaria rolda de prensa, na que sorprendeu sentado ao lado do líder da oposición na vila, Telmo Martín, quen asumirá a alcaldía da vila.
  • O PP esixe á Deputación a ampliación do polígono de Barro-Meis
    BARRO> O Partido Popular pide á Deputación de Pontevedra que poña en marcha a segunda fase do polígono de Barro-Meis. Esta mañá, os deputados populares recordaron que a ocupación deste solo industrial é xa do 50%, e puxérono como exemplo da xestión de Rafael Louzán á fronte do goberno provincial. Os deputados do Partido Popular están máis que satisfeitos co éxito do Polígono de Barro-Meis. A formación recordou esta mañá que este fora un dos proxectos estrela do goberno de Rafael Louzán, e puxérono de exemplo da súa xestión. Arévalo recordou que o polígono xa está ocupado nun 50%; dato que no caso do viveiro de empresas ascende ata o 70. Por iso o PP pide á Deputación que poña en marcha a segunda fase. O exalcalde de Barro recordou que esta ampliación xa estivera sobre a mesa, e asegurou que hai terreos suficientes na contorna para acometela. Os deputados criticaron ademais ao goberno de Carmela Silva por, aseguraron, vivir das rendas que deixou en marcha o executivo de Rafael Louzán.
  • Pita, descontento coa xestión da Deputación da reforma de Luis Rocafort
    SANXENXO> O concello de Sanxenxo, descontento coa xestión da Deputación de Pontevedra das obras da rúa Luis Rocafort. Esta mañá, o alcalde denunciaba que non recibira resposta á súa petición de facer 20 prazas de aparcadoiro en batería; unha solicitude que, ademais, trasladara a plataforma veciñal que se opoñía ao proxecto provincial. Gonzalo Pita insistiu en que el estará do lado dos veciños. Rompeuse a boa sintonía entre o concello de Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra na reforma da avenida Luis Rocafort. Hai varias semanas, o alcalde trasladou ao organismo provincial a petición de facer 20 prazas de aparcadoiros en batería; solicitude que non tivo resposta. A proposta suporía a redución da beirarrúa de 6 a 4 metros no treito que transcorre entre o centro de saúde e o centro de Telefónica. Deste xeito, tamén se atendería á petición da plataforma veciñal que pedía máis aparcadoiros na zona, chegando ás 120 prazas. Tamén preocupa a dificultade que vehículos grandes, como autobuses, poden ter para entrar na rúa dende o paseo de Silgar. Por iso Pita pediu incorporar estes cambios, asegurou que o goberno local non vai consentir a paralización das obras, e recordou que as arcas municipais achegan o 30% do financiamento. Esta non é a única xestión da Deputación que non gusta ao goberno local. Tamén critican que case dous anos despois de facerse co executivo provincial, non haxa novas sobre o futuro da estrada de Dorrón. Por todo, o rexedor considera esgotada a vía diplomática. Pola súa banda, dende a Deputación de Pontevedra non quixeron facer declaracións.
  • Máis dun millar de pezas foron extraídas do Castro Alobre nos últimos dous meses
    VILAGARCIA> A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou este martes o Castro Alobre en Vilagarcía de Arousa, onde están a piques de rematar os traballos de consolidación previos a súa musealización. Unha visita que coincidiu en tempo e forma coa de outros "ilustres" veciños da vila, que acudiron ao castro para coñecelo máis de cerca.
HomePONTEVEDRACCOO pide un debate aberto con Mosquera Top of Page

Síguenos en facebook