• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

Máis de 100.000€ para a promoción da arte rupestre

Mai 31 Escrito por 
PONTEVEDRA> Turismo de Galicia e a Mancomunidade Terras de Pontevedra firman un convenio para a súa promoción como xeodestino. A Xunta de Galicia aportará 60.000 euros que servirán entre outras medidas para impulsar a arte rupestre como produto turístico característico da zona.
  A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Mancomunidade Terras do Salnés, fernández Lores, firmaban esta mañá un convenio de colaboración co que seguir realizando actividades de promoción turística na comarca como a comercialización de paquetes que teñan a arte rupestre como reclamo. Para esta acción promocional a Xunta aportará 60.000 que xunto coas achegas dos distintos concellos que conforman a Mancomunidade superan os 100.000. Lores quixo destacar o traballo conxunto de todos os municipios.
 
Etiquetado como Pontevedra    mancomunidade    Turismo    Xunta de Galicia   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os Festivais das Rías Baixas xa quentan motores
    Pontevedra> Esta fin de semana comezan os festivais Rías Baixas 2017. Unha cita que se inaugura co Atltantic Fest un evento que terá lugar os días 1-2 de xullo na Illa de Arousa. A presidenta da Deputación dixo que os festivais terán dous compromisos neste ano a sustentabilidade e a igualdade.
  • O BNG emprenderá unha batalla legal e social contra a incidencia supramunicipal de Elnosa
    Pontevedra> O BNG emprenderá unha batalle legar e social contra a incidencia supramunicipal de Elnosa. Os nacionalistas consideran que esta empresa quere chegar a un acordo pola porta de atrás. Dende o Bloque teñen claro que o PP e o Goberno Galego apoian a continuación de Elnosa na ría de Pontevedra.
  • 101 anos de traballo e de vida
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra entregoulle esta mañá un ramo de flores a Manuela Pazos, unha veciña da cidade que hoxe cumpre 101 anos. Ten 5 netos, 3 bisnetos e, nun mes, terá o seu primeiro tataraneto. Manuela di que o seu desexo, no seu día de aniversario, é poder ver e vivir nun mundo mellor.
  • Secundanda ao 100% a folga no transporte na comarca de Pontevedra
    Pontevedra> A folga no transporte tivo nesta segunda xornada un seguimento do 100 por 100 na comarca de Pontevedra. Dende os sindicatos teñen claro que continuarán con estes paróns ao longo das vindeiras semanas. De non chegar a un acordo coa Xunta, plantexarán unha folga indefinida co fin de loitar polo ben dos traballadores e tamén dos usuarios do transporte público.
  • O mellor waterpolo galego darase cita esta fin de semana en Pontevedra
    Pontevedra> O sábado 24 de xuño, as piscinas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, acollerá o campionato Galego Cadete Mixto de waterpolo. Unha cita que disputarán o Pontevedra, o Santiago, o Coruña e o Marina de Ferrol. O gañador desta competición irá directo ao Campionato Nacional.
  • A seguridade en Sanxenxo, prioridade para o alcalde e a Subdelegada
    SANXENXO> A xunta local de seguridade reuniuse esta mañá en Sanxenxo. Subdelegada do goberno, alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local mantiveron un encontro para analizar a situación e as necesidades do municipio de cara o verán. Non en van, Sanxenxo multiplica por seis a súa poboación no verán, converténdose nun punto de atención prioritaria. A seguridade é unha prioridade para Sanxenxo. Tras vinte días na alcaldía, Telmo Martín convocou esta mañá a Xunta Local de Seguridade. Un encontro ao que asistiron a subdelegada do goberno, o alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local. No verán a vila multiplica por seis a súa poboación, un feito que a converte nun foco de atención para a Subdelegación do Goberno que, de ser necesario, non desbota incrementar os efectivos na zona. A Garda Civil traballa de xeito coordinado coa Policía Local, que a día de hoxe conta con 49 efectivos que garantirán a seguridade dos visitantes. Principalmente, en dous eidos: regular o tráfico e a movida nocturna. Esta reunión prodúcese despois de que Martín mantivera onte encontros cos propietarios de todos os locais do porto deportivo, para intercambiar opinións sobre os problemas de seguridade que se teñen producido nos últimos tempos. Ambas partes coinciden en que a movida forma parte da oferta do destino, polo que ven necesario garantir que sexa de calidade e en orde.
HomePONTEVEDRAMáis de 100.000€ para a promoción da arte rupestre Top of Page

Síguenos en facebook