• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

O BNG en pleno monta un acto de apoio a Mosquera e Benítez

Mai 31 Escrito por 
PONTEVEDRA> O BNG monta un acto de apoio en favor dos seus deputados César Mosquera e Uxío Benítez. Nunha multitudinaria concentración de cargos públicos e representantes do partido, coa voceira nacional, Ana Pontón, á cabeza, expresaron ante a Deputación de Pontevedra a súa intención de continuar cunha política que, din, abole os privilexios e elimina o caciquismo que existía na época do Partido Popular.
  A voceira nacional do Bloque Nacionalista galego, Ana Pontón, participaba este martes nunha concentración organizada polo seu partido diante da Deputación provincial de Pontevedra como acto reivindicativo contra as coaccións realizadas sobre os deputados César Mosquera e Uxío Benítez. Alcaldes, concelleiros, militantes e simpatizantes do BNG amosaban  pancartas nas que se podían ler consignas nas que acusaban directamente ao PP de ser o causante do conflito e insistiron en que fagan o que fagan non os intimidarán. Mosquera asegurou que  seguirán traballando por eliminar o que chamaron “prácticas perversas”.
 
Etiquetado como Bng    actos    Deputación Pontevedra   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O BNG pide que o Concello asuma a xestión directa da piscina da Cachada
    BOIRO> A solicitude dos nacionalistas prodúcese despois do vencemento do contrato coa empresa encargada do servizo e antes de que se saque novamente a licitación. Atendendo ás demandas dos propios usuarios das instalacións que dende hai tempo veñen manifestando as súas queixas polo mal funcionamento da piscina, o BNG solicitará no vindeiro pleno que o Concello asuma a xestión directa do complexo deportivo da Cachada. Para os nacionalistas esta sería a mellor maneira de garantir a calidade do servizo á veciñanza, xa que as empresas privadas só pensan no seu beneficio económico. Fano precisamente agora unha vez concluído o contrato coa empresa e cando o equipo de goberno ten previsto sacar a concurso unha nova licitación. Dende a formación frentista sinalan que as críticas polo mal funcionamento das instalacións non van contra o seu persoal, que si cumpre co seu cometido, que mesmo coa municipalización do servizo vería mellorado tamén as súas condicións de traballo.
  • Deputados provinciais solicitan a creación dunha Mesa Provincial de Turismo
    SANXENXO> Deputados provinciais do Partido Popular elixiron Sanxenxo para a anunciar aos medios a moción que presentaran de cara ao vindeiro pleno relacionada co turismo.
  • SmartPeme creará un paquete específico para o sector turístico
    PONTEVEDRA> O sector turístico será un dos obxectivos principais da iniciativa SmartPeme, da Deputación de Pontevedra. Segundo anunciou esta mañá a presidenta provincial, a intención é incorporar unha carteira de servizos para o sector turístico, ademais de novas temáticas para os obradoiros incluídos no programa. Smartpeme prepárase para o novo curso. Esta mañá, a presidenta provincial mantivo un encontró os responsables do programa e cos axentes TIC que se atopan nas seis oficinas que a iniciativa ten en toda a provincia. Unha das novidades, é a súa aposta polo sector turístico. Smartpeme incorporará unha carteira de servizos específicos para este sector. Outras das novidades, son que na sé do Salnés, en Cambados, realizarase un evento para o sector vitivinícola en colaboración coa Denominación de Orixe Rías Baixas. Pola súa banda, en Pontevedra organizarase unha xornada para atraer ao pequeño comercio. Asesorar ás persoas do coworking do polígono de Barro-Meis, traballar para captar novos colectivos, como comercios minoristas e cooperativas, ou elaborar un plan de difusión para aumentar a presenza de SmartPeme no tecido empresarial, son outras das tarefas que abordará o proxecto nos vindeiros meses.
  • O BNG aposta pola xestión directa da planta de compostaxe de Servia
    NOIA> Os nacionalistas fan esta solicitude a cinco anos vista para o remate da concesión que a Mancomunidade Serra do Barbanza mantén coa firma FCC. Para o BNG nestes anos da man de FCC vivíronse situacións esperpénticas, na que os máximos prexudicados polo servizo de recollida do lixo foron os propios veciños, queixándose do trato que a empresa dá ós concellos que integran Serra do Barbanza. Para os nacionalistas unha das mellores opcións sería a xestión directa do complexo. Ademais avogan por unha mellora do servizo que se presta a través da ampliación e renovación da planta de Servia, hoxe totalmente obsoleta, así como que se estude a viabilidade da entrada doutros concellos da zona á entidade como poden ser Rianxo, que xa mostrou interese, ou Outes.
  • O BNG acusa ó goberno de Nós Pobra dunha total parálise
    POBRA> Os nacionalistas cargan contra o executivo por non levar a cabo actuacións consensuadas nos orzamentos de 2016 de gran importancia para o desenvolvemento do municipio. Á falla xa de poucos meses para o remate do ano e sen presentar aínda o documento orzamentario para o presente exercicio, o BNG da Pobra quixo facer balance da xestión realizada polo goberno, segundo eles des-goberno de Nós Pobra durante este ano. Para os nacionalistas as obras realizadas polo equipo de goberno non van deixar marca nin van formar parte da historia da vila, ó ser mesmo incapaz de levar a cabo aquelas que foran incluídas por consenso nos orzamentos de 2016. Segundo eles trátanse de actuacións de gran calado social como a adquisición dunha parcela para a construción dunha escola infantil, a creación do Centro de Información á Muller ou a rede de centros sociais nas parroquias, así como tamén diversas propostas de mellora de seguridade viaria ou reordenación do tráfico entre outras. Aínda así, para o voceiro desta formación, Ramiro Ouviña, neste tempo déronse ademais dous exemplos sangrantes da incapacidade coa que, segundo el, actúa o goberno de Nós Pobra, como o feito de non por en marcha o Servizo de Normalización Lingüística, a pesares de ter cobrado o 50% da subvención, ou a perda da solicitude de axudas para a creación dunha Área de Rehabilitación Integral.
  • A Deputación repite a aposta polo emprendemento na escola
    PONTEVEDRA> DepoEmprende na Escola repite este curso. A Deputación de Pontevedra volverá poñer en marcha este programa, destinado a fomentar a actitude emprendedora entre os máis novos. Participarán 15 centros de educación infantil e primaria, aos que se sumarán, por primeira vez, seis institutos. Trala primeira edición do DepoEmprende na Escola, a Deputación de Pontevedra volve apostar por este programa. No curso que está a piques de comezar, chegará a centenares de alumnos da provincia. Nesta segunda edición, os alumnos de educación secundaria tamén se suman a este programa. Eles terán que xestionar unha cooperativa de comercio exterior, establecendo contactos reais con outros centros. Con este programa, a Deputación Provincial busca fomentar a actitude emprendedora entre os máis novos. Nesta cuestión tamén pediu a participación das demais administracións.
HomePONTEVEDRAO BNG en pleno monta un acto de apoio a Mosquera e Benítez Top of Page

Síguenos en facebook