• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

Os sanitarios protestan polo peche de camas

Xun 08 Escrito por 
PONTEVEDRA> Protesta dos traballadores sanitarios de Montecelo polo peche de camas do verán. Os tres sindicatos do hospital, UXT, Comisións Obreiras e CIG, mobilizaron ao persoal diante da entrada do complexo para pedir máis inversión en sanidade pública ou a ampliación do hospital.
  Os traballadores sanitarios do hospital de Montecelo concentráronse este mércores diante da porta principal do complexo para protestar polo peche de camas que se prevé para o verán.  Os sindicatos quixeron reunir nesta concentración varias das reivindicacións que levan realizando dende hai un ano e acusan á xerencia da paralización e os procesos. Dende os sindicatos plantexan unha asemblea na que reunir aos traballadores para decidir entre todos cal é o seguinte paso.
 
Etiquetado como Sanidade    sanidade publica    montecelo    Traballadores    Sindicatos   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Rouban 700 euros das sés dos sindicatos en Pontevedra
    PONTEVEDRA> Rouban nas oficinas sindicais de Pontevedra durante a madrugada deste martes. Os ladróns percorreron o edificio onde se atopan as sés de Comisións Obreiras, UXT e CIG, conseguindo un botín total de preto de 700 euros. A Policía xa iniciou unha investigación para dar cos autores. Varios estragos e un botín de preto de 700 euros. Este é o balance que deixou o roubo que esta madrugada sufriron as oficinas sindicais de Pontevedra, na rúa Pasantería. Os ladróns conseguiron entrar nas oficinas da CIG por unha das fiestras da secretaría comarcal. Despois, forzaron a porta exterior de acceso ao salón de actos do edificio adxacente, onde están as sés de UXT e Comisións Obreiras. Só buscaban cartos en efectivo, e non levaron nin ordenadores portátiles nin tablets. Hoxe, o secretario comarcal da CIG reclamaba melloras no edificio ao Ministerio de Traballo, titular do inmoble. A policía científica localizou pegadas dactilares na fiestra da CIG, e xa iniciaron as investigación para dar cos autores.
  • A Rolda Leste xa están en licitación
    Pontevedra> O proxecto da rolda leste en Pontevedra xa está en proceso de licitación na Deputación provincial. O concello deu a aprobación a estes traballos que finalmente terá un custe total de 3 millón 112 mil euros. Cesar Mosquera agarda poder comezar estas obras antes de que remate o ano.
  • O mes de abril deixa 3009 parados menos en Pontevedra
    Pontevedra> O paro baixa na provincia de Pontevedra en 3009 persoas. Segundo informou esta mañá o Ministerio de Emprego e Seguridade Social hai un total de 81.385 persoas inscritas como demandantes de emprego. O sector servizos é o que permitiu que o mes de abril chegase con estes bos datos en canto ao emprego se refire.
  • Unha moción de censura elimina a Prosagal da presidencia da Xunta de persoal do CHOP
    Pontevedra> Dende hoxe a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra conta cunha nova presidenta e un novo secretario. Sete sindicatos conseguiron sacar adiante unha proposta de cese das actuais mandatarias, aducindo unha perda de confianza para a exercer as súa funcións. Agora dende Prosagal, estudarán os trámites para levar pola vía legal, o que consideran unha vulneración do regulamento da xunta de persoal.
  • Os socialistas defenden que a antiga Comandancia da Mariña debería albergar o novo centro de saúde da vila
    VILAGARCIA> O portavoz dos socialistas no Parlamento de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga, visitou esta mañá Vilagarcía de Arousa onde incidiu na necesidade de que a vila conte cun centro de saúde en condicións, e defendeu a proposta do executivo de Alberto Varela, de que o solar da antiga Comandancia da Mariña albergue o futuro novo centro de saúde.
  • Traballadores dos centros de discapacidade esixen un convenio galego para o sector
    NOIA> Entre outras cuestións pretenden que se poña fin á precariedade laboral que padece este colectivo.
HomePONTEVEDRAOs sanitarios protestan polo peche de camas Top of Page

Síguenos en facebook