• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Aposta polo emprendemento galego

Set 23 Escrito por 
PONTEVEDRA> Esta mañá na Praza de España de Pontevedra tivo lugar a inauguración oficial da Pont-UP Store. Un espazo de emprendemento no que nesta terceira edición participan 46 empresas de toda a comunidade co fin, tal e como dixo o seu director, de amosar a Galicia máis viva, creativa e innovadora.
  Dende onte pola tarde e ata mañá pola noite poderán desfritar da terceira edición do Espazo de emprendemento POMT-UP STORE. Unha cita na que participan 46 empresas galegas, das 140 que presentaron a súa candidatura,  e que se consolida como un lugar de encontro para os emprendedores galegos. Dende a Deputación a súa presidenta agradeceu que esta cita se celebre nas rúas pontevedresas, unha iniciativa que permite visibilizar o pontencial da nosa comunidade. O alcalde pola súa banda quixo destacar a consolidación desta terceira edición deste evento no que se amosa o espíritu emprendedor das galegas e dos galegos.  
Etiquetado como Pontevedra    pont up store    emprendemento    empresas    Galicia   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Venres, 23 Setembro 2016 19:05

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Festa do Mar, a polo selo de Interese Turístico na 17ª edición
    POIO> A Festa do Mar sopra xa dezasete velas. A cita volve un ano máis coa súa aposta, que mestura gastronomía, tradición e música para todos os públicos. Esta edición, ademais, o concello de Poio intentará obter o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. A mellor gastronomía e os mellores produtos do mar volverán darse a man no concello de Poio. A Festa do Mar cumpre a súa décimo sétima edición cun obxectivo en mente: conseguir o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Esta edición celebrarase entre o mércores 23 e o domingo 27 de agosto. Durante estes días, Combarro será o centro de actividades, cun programa no que destaca o concerto de David Civera o día da inauguración na praza da Chousa. O 24 será a quenda do Festifolk, que o 25 dará paso a unha das citas máis agardadas, o Festival Armadiña Rock cos Herdeiros da Crus. O orzamento será semellante ao de anos anteriores: 200 mil euros. Este ano os stands gastronómicos saíron a concurso público, aínda que o concello resérvase dous que servirán ameixas e mexillóns da ría. Tamén se repetirá a concentración de embarcacións tradicionais, á que asistirán preto de 30 barcos.
  • Pontevedra está de festa!!!
    Pontevedra> Na fin de semana tivo lugar o pistoletazo de saída das Festas da Peregrina en Pontevedra. A empresaria Conchi Pereiro foi a encargada de ler o pregón que deu pe a esta Semana Grande. Na súa intervención defendeu o modelo de cidade da Boa Vila, e tamén reivindicou o papel da muller na sociedade actual.
  • O Princesa de Asturias de Piragua rematará na Ponte do Burgo en Pontevedra
    SANXENXO> A 40ª edición do Trofeo Princesa de Asturias volve, o 15 de agosto, por segundo ano consecutivo a Portonovo, dende onde se organiza. Este ano os protagonistas serán Sanxenxo e Combarro (concello de Poio) dende onde saíran as diferentes categorías de xeito simultáneo, para rematar a proba na Ponte do Burgo en Pontevedra.
  • Do 12 ao 20 de agosto Meleira chega a Pontevedra
    Pontevedra> Do 12 ao 20 de agosto, coincidindo coa súa Semana Grande , Pontevedra acollerá a vixésimo sétima edición da Meleira, Feira do Mel. Unha cita que contará coa presenza de 6 apicultores, 1 filloeira, 1 posto de queixo e outro de cervexa artesán. Un evento onde haberá moitas charlas e obradoiros e onde a actualidade da vespa velutina estará moi presente.
  • O concello actuará en dúas novas rúas de Santa María
    PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra actuará en dúas novas rúas do entorno de Santa María. O goberno local xa traballa en varios puntos desta zona do casco histórico, pero hoxe anunciou que acometerá a reforma integral das rúas San Martiño e Eirado de Alvar Páez. A actuación contará cun investimento duns 150.000 euros. O concello de Pontevedra avanza na rehabilitación do entorno de Santa María, no caso histórico da cidade. Gulías visitou as obras que se están a realizar nas rúas Pratería Vella e Tristán Montenegro, financiadas con cargo ao ARI. Dende o concello están máis que satisfeitos cos resultados. Trala visita, a edil anunciou que está previsto rehabilitar dúas rúas máis do entorno de Santa María. Actuacións que contarán cun investimento total de 150.000 euros. Unha das novidades que se aplicou na reforma da rúa Praterías atópase no pavimento. Por primeira vez, o concello utilizou a pedra plana no centro e a chapacuña nos laterais, para evitar posibles problemas de accesibilidade. Non descartan aplicar esta fórmula noutras zonas.
  • Na primavera do 2018 comezarán os traballos da rolda leste e o novo acceso a Príncipe Felipe
    Pontevedra> Concello de Pontevedra e Deputación Provincial asinaron esta mañá dous convenios, un para o novo acceso a Príncipe Felipe e outro para a Ronda Leste. Trátase de dúas infraestruturas que terán un custe de 3,4 millóns de euros. O vicepresidente da Deputación anunciou hoxe que as obras estarán adxudicadas a final de ano e comezando os traballos na primavera do vindeiro 2018.
HomePONTEVEDRAAposta polo emprendemento galego Top of Page

Síguenos en facebook