• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O domingo 13 o Teatro Principal acollerá a V Gala benéfica de ASEM Galicia

Nov 11 Escrito por 
Pontevedra > Este domingo 13 de novembro a Asociación Galega contra as enfermedades neuromusculares organiza  a V Gala benéfica no Teatro Principal de Pontevedra. Unha cita que terá como fin recadar fondos para este entidade. A voceira de ASEM Galicia dixo esta mañá que esta asociación precisa de moita axuda para a investigación. 
  O 15 de novembro conmemórase o día das enfemidades neuromusculares unha cita que se celebrará en Pontevedra con numerosos actos, entre eles o principal a V Gala Benéfica de ASEM Galicia presentada pola nosa compañeira do Canal Rías Baixas en Barbanza Fátima Rodríguez e o tamén xornalista Eugenio Giráldez. Unha gala onde haberá moita diversión e onde os 5 euros da entrada irán destinados á investigación destas enfermidades.  Dende o concello de Pontevedra apoian esta inicitiva e esta asociación que sufríu moitos recortes e precisa de moita axuda para a investigación desta enfermidades neuromusculares.  O xoves 17 de 10 a duas da tarde o Hospital Provincial e Montecelo contarán mesas informativas de ASEM Galicia e o día 15 as sete e media da tarde organizarán una cadea humana na Praza da Peregrina. Ademais nas redes sociais continuarán coa campaña da man baixo o lema o 15N imos da man. 
 
Etiquetado como asem    Galicia    enfermidades neuromusculares    gala    13 de novembro   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Feijóo apela ó traballo conxunto para afrontar os retos de futuro da pesca galega
    BARBANZA> O presidente da Xunta mantivo unha xuntanza co Consello Galego de Pesca para analizar os retos de futuro do sector. Alberto Núñez Feijóo apelou ó traballo conxunto para afrontar temas trascendentais como o Brexit, a negociación das cotas ou a flexibilidade nos descartes.
  • Galicia representará á España ante a UE en materia de Pesca
    GALICIA> Galicia volverá representar ás comunidades españolas ante a Unión Europea en materia de Pesca. Así o acordou o Consello Consultivo de Política Pesqueira despois de que Castela León, a quen lle correspondía a representación neste semestre, cedera o seu posto a Galicia.
  • Medio Rural afirma que non hai ningún foco de gripe aviar en Galicia
    Pontevedra> Dende a Consellería de Medio Rural envían unha mensaxe de tranquilidade á poboación. 7 concellos da provincia, entre os que se atopan Ribadumia, Meaño, A Illa, Vilanova e o Grove, deberán censar as súas galiñas. Un trámite, que segundo lle dixeron a esta canle nesta xornada dende a consellería , é necesario para actualizar o censo de explotacións familiares en Galicia e que nada ten que ver con ningún brote de gripe aviar.
  • A Pobra acollerá mañá venres a Gala do Atletismo Galego
    POBRA> Ademais de premiar a un cento de atletas polos logros acadados durante o ano 2016, recoñecerase o labor doutros colectivos federados como xuíces, adestradores ou clubs.
  • Rosa Quintana reúnese co novo Secretario Xeral de Pesca
    GALICIA> Alberto López-Asenjo comprométese a traballar na mellora da xestións das cotas.
  • O Museo conmemora o seu premio da Cultura Galega
    Pontevedra> O Sexto Edificio de Pontevedra vestiuse de longo na fin de semana para celebrar un acto con motivo da entrega do Premio da Cultura Galega ao Museo. Un evento onde dende a Deputación apostaron por abrir os edificios que están pechados deste centro cultural, e por impulsar un comité asesor que deseñe o papel da institución nos vindeiros anos. 
HomePONTEVEDRAO domingo 13 o Teatro Principal acollerá a V Gala benéfica de ASEM Galicia Top of Page

Síguenos en facebook