• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Plan Móvese potencia a instalación de lombos e a velocidade a 30 nas estradas da provincia

Nov 22 Escrito por 
Pontevedra> A Deputación de Pontevedra acolleu ao longo deste xornada a presentación do Plan Móvese. Un acto ao no que participaron representantes da Dirección Xeral de Tráfico, de Stop Accidentes e da Policía Local da cidade do Lérez. O obxectivo desta iniciativa e conseguir reducir os sinistros na provincia de Pontevedra a través de preto de 500 lombos que se instalarán na rede de estradas provinciais. 
  Seguranza viaria nas estradas. Métodos de reducción de velocidade. Baixo este título se englobaron as xornadas que esta mañá se desenvolveron no Pazo Provincial co fin de analizar a situación das estradas en Pontevedra e presentar o Plan Móvese. Un acto no que participaron con intervención representante da Dirección Xeral de Tráfico, de Stop Accidentes e da Policía Local en Pontevedra. Un acto no que como asistentes puidemos ver a máis dun cento de alcaldes da comarca, concelleiros, técnicos e policías locais ademais de entidades como colectivos ciclistas ou ANPAS, todos vencellados co mundo da mobilidade. Un acto que inaugurou a presidenta da Deputación.  O deputado de Mobilidade,Uxío Benítez tivo a oportunidade de presentar o plan Móvese, un plan destinado a reducir a sinistralidade nas estradas da provincia.   A prioridade deste plan, que conta cun investimento de 4 millóns de euros, será a instalación de preto de 500 lombos para a redución de velocidade, a instalación de pasos de peóns sobreelevados e zonas de 30 km/h nas estadas dos concellos da provincia. Unha iniciativa onde colaboraron activamente os alcaldes de cada zona para que fosen eles mesmos os encargados de situar estas medidas para a mellora da seguridade viaria.  Un acto que se organizou esta semana con motivo do día Internacional das Vítimas da Violencia Viaria que se conmemorou o domingo 20 de novembro. 
 
Etiquetado como plan    Deputación Pontevedra    Seguridade    estradas   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os deputados populares culpan á Deputación da rotura do tripartito de Sanxenxo
    PONTEVEDRA> A rotura do goberno tripartito de Sanxenxo continúa de actualidade. Esta mañá pronunciáronse dende o Partido Popular Provincial, que non dubidan en sinalar á Deputación como responsables desta crise. Para o PP, as risas, os insultos e, aseguraron, a prepotencia do bipartito provocaron a fin do acordo de goberno. Os deputados populares non dubidan en sinalar ao goberno da Deputación de Pontevedra como o responsable da rotura do tripartito de Sanxenxo. Arévalo respaldou a postura de Gonzalo Pita sobre a obra da avenida Luís Rocafort; proxecto que foi o detonante dos desencontros entre os socios de goberno. Pola contra, acusou ao bipartito de rirse e insultar ao aínda rexedor de Sanxenxo. Os deputados aseguraron que Pita solicitara unha reunión na Deputación que non se atendeu. Descartan que a rotura viñera dada polo desacordo na construción de 19 prazas de aparcadoiro na avenida Luis Rocafort. Tamén esixiron ao goberno provincial que deixe de buscar responsable no Partido Popular, e que atenda a unha provincia que, aseguraron, está descontenta e decepcionada.
  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
  • Gonzalo Pita anuncia que deixa a alcaldía de Sanxenxo
    SANXENXO> Gonzalo Pita deixará de ser alcalde de Sanxenxo a finais de este mes. Así o anunciou o independente esta mañá, nunha multitudinaria rolda de prensa, na que sorprendeu sentado ao lado do líder da oposición na vila, Telmo Martín, quen asumirá a alcaldía da vila.
  • O BNG solicita máis medidas de seguridade ante a vaga de roubos
    POBRA> O BNG da Pobra demanda a toma de medidas para garantir unha maior seguridade cidadá no municipio. Solicitan ademais que se cumpra cun acordo adoptado xa en 2003 polo cal se cedeu un local municipal á Garda Civil para manter un posto do instituto armado na vila.
  • O PP esixe á Deputación a ampliación do polígono de Barro-Meis
    BARRO> O Partido Popular pide á Deputación de Pontevedra que poña en marcha a segunda fase do polígono de Barro-Meis. Esta mañá, os deputados populares recordaron que a ocupación deste solo industrial é xa do 50%, e puxérono como exemplo da xestión de Rafael Louzán á fronte do goberno provincial. Os deputados do Partido Popular están máis que satisfeitos co éxito do Polígono de Barro-Meis. A formación recordou esta mañá que este fora un dos proxectos estrela do goberno de Rafael Louzán, e puxérono de exemplo da súa xestión. Arévalo recordou que o polígono xa está ocupado nun 50%; dato que no caso do viveiro de empresas ascende ata o 70. Por iso o PP pide á Deputación que poña en marcha a segunda fase. O exalcalde de Barro recordou que esta ampliación xa estivera sobre a mesa, e asegurou que hai terreos suficientes na contorna para acometela. Os deputados criticaron ademais ao goberno de Carmela Silva por, aseguraron, vivir das rendas que deixou en marcha o executivo de Rafael Louzán.
  • O BNG demanda máis seguridade na contorna do novo parque de Castiñeiras
    RIBEIRA> O BNG de Ribeira solicita a adopción de medidas de seguridade na contorna do novo parque infantil da Punta do Castro. Ademais da instalación dunha beirarrúa para a mellora do acceso ás instalacións demandan o balado dun desnivel existente entre a zona recreativa e o edificio de usos portuarios.
HomePONTEVEDRAO Plan Móvese potencia a instalación de lombos e a velocidade a 30 nas estradas da provincia Top of Page

Síguenos en facebook