09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SOS-Sanidade pública esixe que se aceleren os prazos do Gran Montecelo

Xan 19 Escrito por 
PONTEVEDRA> A Plataforma SOS-Sanidade Pública volve mobilizarse a prol da ampliación do Hospital Montecelo. O colectivo considera escaso o millón de euros que a Xunta consigna nos orzamentos de 2017 para este proxecto, por iso esixen maior compromiso e se axilicen os prazos. Actualmente están a promover unha Iniciativa Lexislativa Popular que xa supera as 10.000 sinaturas.
  A Plataforma SOS-Sanidade Pública demanda á Xunta de Galicia máis compromiso coa ampliación do Hospital Montecelo. O colectivo considera insuficiente a partida de 1 millón de euros que se destina a este proxecto nos orzamentos para o 2017. Na súa reclamación buscan tamén o apoio dos partidos da oposición no Parlamento de Galicia. De feito, están a promover unha Iniciativa Lexislativa Popular para buscar o seu compromiso coa ampliación que xa conta con 10.030 sinaturas. Os alcaldes da contorna xa amosaron o seu apoio á iniciativa. Esta mañá asistiron á rolda, xunto a representantes de sindicatos e outros colectivos que defenderon a ampliación en lugar da construción de Montecarrasco. A plataforma ten o 20 de febreiro como prazo máximo para entregar a iniciativa, que xa conta cos apoios suficientes. Aínda así, xa anunciaron que continuarán coa recollida de sinaturas.
 
Etiquetado como Pontevedra    Sanidade    gran montecelo   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A sentenza do TSXG deixa, unha vez máis, aberta a contrución de crematorios na cidade
    Pontevedra> Os crematorios de Pontevedra volven á palestra. A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a modificación do PXOM aprobada para frear a instalación de crematorios na cidade é, segundo a concelleira de Urbanismo, un problema para a capital do Lérez e sobre todo para os veciños. Unha sentenza, que segundo Gulías, deixa a Pontevedra peor que ao principio de todo este proceso.
  • A Deputación presenta un orzamento que "amosa a saúde económica desta administración"
    Pontevedra>156,9 millóns de euros, ese será o orzamento do vindeiro ano para a Deputación de Pontevedra. Unhas contas que xa se lle presentaron aos grupos da oposición e que serán aprobadas o vindeiro martes nun pleno extraordinario. Carmela Silva e César Mosquera dixeron esta mañá que están orgullosos destas cifras, que amosan, unha vez máis, a saúde económica, da que din, goza a Deputación.
  • O PSOE non se ve reflexado no borrador dos orzamentos do 2018
    Pontevedra> Esta mañá o concelleiro de Economía e a tentente de alcalde reuníronse co voceiro do PSOE para analizar o borrador dos orzamentos para o 2018. Agustín Fernández di que con estas contas, onde non se ve reflexado o seu partido, dificilmente votarán a favor. O voceiro socialista presentou esta mañá unha serie de propostas e de momento non impón ningún tipo de liña vermella.
  • Pontevedra xa está lista para celebrar o Black Friday
    Pontevedra> Pontevedra xa está lista para celebrar un dos días máis agardados do mes de novembro, o black Friday. Moitas tendas xa teñen os descontos ao longo desta semana, outras comezarán o venres 24. Con todo na rúa son moitos os que están organizando as súas compras para desfrutar deste día de rebaixas.
  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
HomePONTEVEDRASOS-Sanidade pública esixe que se aceleren os prazos do Gran Montecelo Top of Page

Síguenos en facebook