• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Pontevedra conmemora o Premio da Cultura Galega 2016 do Museo

Feb 01 Escrito por 
Pontevedra> O deputado de cultural e o director do Museo de Pontevedra presentaron esta mañá o acto institucional que terá lugar este sábado no Sexto Edifico ás 19:00 da tarde. O motivo deste festexo é o de conmemorar o premio da Cultura Galega 2016 que lle se outorga ao Museo. Unha cita á que todo o mundo está convidado previa retirada da súa invitación na Deputación ou no propio museo. 
  Todos listo para conmemorar o Premio da Cultural Galega que se lle outorgou pola súa labor ao Museo de Pontevedra. O director desta entidade ten claro que se trata dun premio colectivo e repartido entre todos os que traballan polo ben da cultura deste edificio.  Pola súa banda dende a Deputación quixeron organizar este evento co fin de celebrar coa cidadanía un premio destas características.  Un acto institucional que comezará ás 19:00 da tarde no Sexto Edificio e que terá unha duración aproximada de unha hora e media. A entrada será de balde previa retirada dunha invitación na deputación ou no propio museo de Pontevedra. 
 
Etiquetado como Pontevedra    Museo    cidade    premio    Cultura   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A parroquia de San Vicente contará cunha réplica da moeda Xacobea
    Pontevedra> A Presidenta da Deputación asinou esta mañá un convenio coa parroquia de San Vicente do Grove. O fin desta sinatura é o de elaborar unha réplica da moeda xacobea atopada no xacemento de Adro Vello. A Escola de Cantería será a encargada de elaborar esta réplica de 1,20 metros de diámetro, para o xardín da Igrexa.
  • O PP de Poio denuncia o abandono do Pazo Besada
    POIO> O Partido Popular de Poio quere coñecer o proxecto do concello para o Pazo Besada. A formación denuncia que a emblemática finca está nun estado de abandono, e que os traballos de restauración levan sete anos paralizados. Dende o goberno, pola súa banda, recoñecen que dotar o pazo de contido é unha tarefa pendente. O alcalde asegurou que pretenden retomar os traballos no 2019, aínda que non se marcan prazos. O Partido Popular de Poio denunciou o abandono do Pazo Besada, na parroquia de San Salvador. De feito, os populares levarán a pleno unha pregunta para coñecer os plans que ten o goberno para o edificio. O concello recuperou o pazo e os edificios anexos grazas a un convenio urbanístico, no que a promotora das 150 vivendas da urbanización próxima comprometíase a restauralo. Finalizados os traballos no exterior, agora está pendente rematar o interior; actuación que o goberno recoñece como unha tarefa pendente. Os populares tamén denunciaron que, ata que presentaron a solicitude de visita, o estado do Pazo Besada e do entorno era de total abandono. Unha situación que, aseguran, se repite en toda a parroquia de San Salvador. Neste tempo o concello si que rematou a recuperación de dous dos edificios do conxunto do Pazo: a casa da familia que se encargaba de gardalo, que actualmente acolle a oficina do OMIX e xuventude, e a antiga biblioteca. Aínda non actuaron na antiga cocheira.
  • Os deputados populares culpan á Deputación da rotura do tripartito de Sanxenxo
    PONTEVEDRA> A rotura do goberno tripartito de Sanxenxo continúa de actualidade. Esta mañá pronunciáronse dende o Partido Popular Provincial, que non dubidan en sinalar á Deputación como responsables desta crise. Para o PP, as risas, os insultos e, aseguraron, a prepotencia do bipartito provocaron a fin do acordo de goberno. Os deputados populares non dubidan en sinalar ao goberno da Deputación de Pontevedra como o responsable da rotura do tripartito de Sanxenxo. Arévalo respaldou a postura de Gonzalo Pita sobre a obra da avenida Luís Rocafort; proxecto que foi o detonante dos desencontros entre os socios de goberno. Pola contra, acusou ao bipartito de rirse e insultar ao aínda rexedor de Sanxenxo. Os deputados aseguraron que Pita solicitara unha reunión na Deputación que non se atendeu. Descartan que a rotura viñera dada polo desacordo na construción de 19 prazas de aparcadoiro na avenida Luis Rocafort. Tamén esixiron ao goberno provincial que deixe de buscar responsable no Partido Popular, e que atenda a unha provincia que, aseguraron, está descontenta e decepcionada.
  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
  • Ribeira vivirá unha noite de música amenizada por grupos locais
    RIBEIRA> Co obxectivo de dinamizar a hostalería da zona e promocionar o talento dos músicos locais, así como ofrecer unha alternativa de ocio á mocidade, as concellerías de Cultura e de Xuventude de Ribeira veñen de organizar a Noite Nova que se celebrará este sábado.
  • Máis de 1300 escolares participan nunha nova edición do Correlingua
    Pontevedra> Máis de 1300 rapaces percorreron as rúas de Pontevedra nunha nova edición do Correlingua. Unha carreira popular que este ano levou como lema “en gaego, sen cancelas” e na que participaron 20 centro de ensino da provincia. Unha cita organizada pola Mesa de Normalización Lingüística que ten como fin sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil, da importancia da defensa do galego.
HomePONTEVEDRAPontevedra conmemora o Premio da Cultura Galega 2016 do Museo Top of Page

Síguenos en facebook