09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Deputación reforza a área de mobilidade co fin de conservar as estradas provinciais

Feb 16 Escrito por 
Pontevedra> Dende a Deputación de Pontevedra veñen de reforzar área de mobilidade coa creación dun xefe de servizo e un director nesta sección. Francisco Alonso e Daniel Romay serán, dende hoxe, os encargados de velar pola conservación e bo estado das estradas provinciais.
  A Deputación de Pontevedra ven de reforzar á área de mobilidade coa creación de dous novos postos neste servizo. O obxectivo é o de dotar de persoal cualificado esta área. Para isto Francisco Alonso será o novo xefe de servizo de Mobilidade e provén de Augas de Galicia.  E Daniel Romay será o encargado de de ocupar o posto de Director de Mobilidade e provén da Axencia Galega de Infraestruturas.  A Deputación dixo que se tratan de cambios importantes na área de Mobilidade para a conservación das estradas provinciais.  Ademais dende a Deputación convocarán 3 novas prazas de enxeñeiros para incorporar á area de Mobilidade e reforzar máis este importante servizo provincial. 
 
Etiquetado como Deputación Pontevedra    Mobilidade    estradas    provincia    Seguridade    novos postos    enxeneiros   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Barro inaugurou o seu coworking
    Este xoves inaugurouse a primeira edición do coworking de Barro e as novas instalacións do DepoFabLab. No acto, organizado pola Deputación de Pontevedra, estiveron presentes numerosas caras coñecidas da política e o mundo social da provincia.
  • Cambados inviste 135.000 euros en seguridade viaria
    CAMBADOS> Cambados destinaraá 135.000 euros do Plan Concellos a mellorar a seguridade viaria do concello, coa ampliación de camiños e a mellora da sinalización. Os datos ofreceunos esta mañá o edil de Obras, Xosé Ramón Abal, nun dos puntos conflitivos do concello no que veñen de actuar. Esta curva é unha zona crítica en canto ó numero de accidentes. Está en Corvillón, Cambados, e nos últimos meses producíronse aquí varios accidentes. Do máis grave, resultou ferido un motorista que aínda está pendente de saber se perde unha das súas pernas. Por iso, o concello de Cambados levou a cabo unha actuación urxente e provisional para mellorar a seguridade, cun investimento de 2.500 euros. É unha das actuacións que se levaron a cabo dentro dos orzamentos do plan concellos 2017 para mellorar a seguridade viaria. Dos máis de 500.000 euros do plan, uns 135.000 se dedicarán a este fin, mellorando a sinalización ou ampliando camiños. Como xa se está a facer noutros puntos do concello. Tamén se ampliarán as beirarrúas do entorno da igrexa parroquial de Cambados. En canto a esta actuación urxente do Corvillón hai que dicir que é provisional, e desde o concello farán xestións con Augas de Galicia para que a entidade poña unha solución definitiva para a seguridade desta zona.
  • A glorieta de Príncipe Felipe e Rolda Leste comezarán a inicios do 2018
    Pontevedra> O servizo de Mobilidade provincial aprobará na Xunta de Goberno de mañá 6 convenios e proxectos de mellora de estradas provincias de Pontevedra, Marín, Barro, O Grove e Tui. O orzamento total das actuacións supera os 5,6 millóns de euros en obras que poderán iniciarse a comezos do 2018.
  • A Deputación de Pontevedra recoñece ás mellores deportistas galegas do ano
    PONTEVEDRA> Os campioas olímpicas Tamara Echegoyen ou Susana Rodríguez foron dúas das galardoadas esta fin de semana na quinta Gala do Deporte Feminino Galego, que se celebrou no Salón de Pleno da Deputación de Pontevedra. Un acto que serviu un ano máis para reivindicar o papel da muller, no Deporte, pero tamén, na sociedade en xeral. As mulleres chegaron a este nivel para quedarse, así explicou a presidente da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o papel que xoga o sexo feminino no mundo do Deporte. Fíxoo esta fin de semana na celebración da quinta Gala do Deporte Feminino que acolleu o Pazo Provincial. Na cita premiouse ás mellores galegas do ano 2016, nun acto que promove a asociación pola igualdade Mudegá, e que recoñeceu a labor entre outras de Tamara Echegoyen ou Susana Rodríguez, A campioa do mundo de vela e olímpica Tamara Echegoten, obtivo o premio á mellor deportista. E a viguesa Susana Rodríguez, diploma nos Xogos Paraolímpicos de Río, recolleu o premio á mellor deportista con diversidade funcional. Ademais a campioa de España de Alterofilia sub 15, Irene Blanco, obtivo o galardón á mellor promesa e a lanzadora de disco Ángeles Barreiro recibiu o de mellor traxectoria. Tamén se recoñeceu na gala a unha árbitra de taekwondo, a diversas entidades que colaboran co deporte feminino, a mulleres directivas de entidades deportivas.
  • Un roteiro descobre o Cambados de Ramón Cabanillas
    CAMBADOS> Un percorrido polo patrimonio e pola cultura de Cambados, coa figura de Ramón Cabanillas e da súa obra Da Terra Asoballada como fío condutor. Esta foi a proposta que se realizou o pasado sábado na vila. Un roteiro literario organizado pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega para poñer en valor a riqueza cambadesa. Baixo a mirada da estatua de Ramón Cabanillas que senta nun banco na praza do Concello de Cambados, arrincou o sábado o roteiro literario dedicado á súa figura. Cambados, Fefiñáns, San Tomé. Paseo da Calzada, casa natal do poeta, ruínas de Santa Mariña, a casa onde finou... foron algunhas das paradas dun percorrido que, ademais da biografía de Cabanillas, tivo como fío condutor "Da Terra Asoballada". Obra da que este ano se cumpre o centenario da súa primeira edición en 1917. O profesor Ramón Caride converteuse no guía deste paseo que se prolongou máis de 3 horas, con 10 paradas e a lectura doutros tantos poemas do Poeta da Raza, que demostran a súa relación coa vila. Unha oportunidade para Cambados de amosar a súa riqueza patrimonial e cultural, tanto aos cambadeses como aos visitantes que se achegaron atraídos pola proposta. Este roteiro naceu da colaboración entre Deputación de Pontevedra e Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, e está incluído nun programa que organizou iniciativas semellantes noutros puntos da provincia.
  • Cambados contratará as obras da nova piscina antes de que remate o ano
    Antes de que remate 2017 estarán adxudicadas as obras da ansiada reforma da piscina municipal de Cambados. O anuncio fíxoo esta mañá a presidenta da Deputación de Pontevedra, no acto de presentación do proxecto de mellora, que tivo lugar na praza do concello cambadés. Un proxecto, aseguraron, moderno, funcional, e eficiente. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, quixo poñer en antecedentes sobre a polémica da agardada reforma da piscina municipal de Cambados, ós asistentes ó acto de presentación do proxecto. A praza do concello serviu de escenario para un evento no que se explicou que o proxecto anterior, do ano 2015 cando goberna o PP en concello e Deputación, incumpría e legalidade no tocante á climatización da piscina . Unha decisión que, tal e como detallou o arquitecto encargado do proxecto e a presidenta da entidade provincial, permitirá o correcto funcionamento da piscina, e a integración da nova estrutura no entorno. A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, subliñou no acto o seu agradecemento á Deputación pontevedresa por apostar por este proxecto, que terá un prazo de execución de 11 meses, un tempo no que a piscina non poderá usarse, pero sí o resto do complexo deportivo do Pombal. O custe total da reforma da piscina será de 900.000 euros, 300.000 máis que o proxecto de 2015. Desde o concello e a Deputación prevén que antes de que remate este 2017 as obras serán adxudicadas para poder comezar cos traballos.
HomePONTEVEDRAA Deputación reforza a área de mobilidade co fin de conservar as estradas provinciais Top of Page

Síguenos en facebook