• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O PSOE provincial di que a Xunta non está facendo os deberes co Patrimonio de Pontevedra

Feb 23 Escrito por 
Pontevedra> Dende o PSOE provincial denunciaron a precaria situación na que se atopa o servizo de patrimonio en Pontevedra. Un feito, que segundo, Santos Hector, pon en evidencia que á Xunta non lle interesa a nosa provincia. Por iso, presentarán unha moción nos concellos pontevedreses, co fin de instar ao Goberno Galego a que se cree un protocolo de actuación que garanta o servizo de patrimonio.
Dende o PSOE provincial denunciaron esta mañá a precaria situación na que se atopa o servizo de Patrimonio de Pontevedra. Un servizo que conta soamente con tres arquitectos, os mesmos que en Ourense, a diferencia, din, é que Pontevedra triplica en poboación esta outra provincia galega. Dende o PSOE non entenden o tempo que teñen que agardar os veciños para obter calquera permiso ou certificado. Por iso cren que o PP incrumpre coas súas obrigas administrativas na provincia de Pontevedra. Debido a esta situación van a presentar unha moción nos plenos dos concellos provinciais na que instan á Xunta á creación dun protocolo de actuación que garanta o servizo de Patrimonio. Dende o PSOE non entenden como un veciño ten que agardar 2 anos para a limpeza dun Hórreo ou agardar un ano á resposta negativa para a ampliación dunha vivenda. Os socialistas cren que se deben axilizar os tempos, dixitalizar os formatos e ampliar o servizo de Patrimonio na provincia.
Etiquetado como PSOE    provincial    servizo de patrimonio    Xunta de Galicia   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A xunta de persoal busca o apoio dos alcaldes na defensa do Hospital do Salnés
    VILAGARCÍA> A xunta de persoal do Hospital do Salnés busca o apoio dos concellos para defender a área sanitaria. Esta mañá, mantiveron un encontro cos representantes dos concellos de Vilagarcía, Cambados, A Illa e Ribadumia, para trazar unha fronte común contra o anteproxecto de lei sa Xunta. Consideran que dá un paso máis na privatización da sanidade pública, polo que responderán coa mobilización social. A xunta de persoal do Hospital do Salnés buscou alianza cos alcaldes da área sanitaria para defender o centro do anteproxecto de lei que quere levar adiante a Xunta. Unha proposta que, aseguran, é un paso máis na privatización da sanidade pública. A súa postura foi defendida tamén polos alcaldes. Ao encontro acudiron os rexedores de Vilagarcía, Cambados e A Illa de Arousa, ademais dunha edil do concello de Ribadumia. Catoira non puido asistir por problemas de axenda, o mesmo motivo co que desculpou a súa ausencia o alcalde de Vilanova. Un dos primeiros pasos, será elaborar unha moción conxunta para levar aos plenos de todos os concellos que forman parte da área sanitaria de O Salnés. Tamén apostan pola mobilización social. De feito, a xunta de persoal pon a disposición dos que o desexen un texto tipo para presentar suxestións. O vindeiro xoves a xunta de persoal manterá un encontro con concelleiros doutros grupos políticos e cos sindicatos. Tamén buscarán unha folla de ruta común coas áreas sanitarias de Monforte, Burela e O Barco, as outras afectadas polo anteproxecto.
  • Ciclistas máis visibles para evitar accidentes
    BOIRO> A Xunta de Galicia colabora coa Federación Galega de Ciclismo no reparto de cortaventos reflectantes destinados a garantir a visibilidade dos deportistas nas estradas e a aumentar así a súa seguridade. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, realizou esta mañá en Boiro a entrega destas prendas.
  • A primeira Lei de Portos de Galicia mellorará a calidade dos 122 peiraos da comunidade
    GALICIA> A primeira Lei de Portos de Galicia será remitida ao Parlamento para que comece a súa tramitación. Este regulamento permitirá, segundo a administración galega, mellorar as infraestruturas e os servizos dos 122 peiraos dependentes da Xunta.
  • Xunta e Concello destinan 4 millóns de euros a converter en intermodais as estacións
    PONTEVEDRA> A nova estación para Pontevedra está cada vez máis preto. Esta mañá, Xunta e concello asinaron o convenio que dará o impulso definitivo a este proxecto. Como novidade, a intención do goberno autonómico é crear un espazo intermodal entre as estacións de tren e de autobús, para facilitar os desprazamentos entre ambas. Un espazo intermodal unirá as estacións de tren e autobús en Pontevedra. Esta é a aposta do novo proxecto para a cidade, que hoxe cobrou pulo trala sinatura do convenio entre a Xunta e o concello capitalino, que teñen o compromiso de consensuar os traballos. Ambas terminais estarán unidas por un itinerario peonil a pé de rúa protexido por unha pérgola. A actuación contempla tamén a reordenación da zona actual de aparcadoiro fronte a estación de autobuses, que incluirá unha parada de taxis e un espazo para parar diante e deixar ou recoller pasaxeiros. Suprimirase, ademais, a actual saída que se trasladará a Josefina Arruti. No marco deste proxecto a Xunta inclúe tamén 1,5 millóns de euros para a reforma da estación de autobuses. Unha intervención que renovaría a fachada e a cuberta, reordenaría espazos e melloraría sistemas eléctricos, iluminación e mobiliario. A actuación contará cun investimento de 4 millóns de euros. Un deles sairá das arcas municipais. A intención é que a obra estea contratada no segundo semestre de 2018, cun prazo de execución aproximado de doce meses. Rueda destacou que, ademais da estación intermodal, a Xunta tamén investiu cartos na capital para a ampliación de Montecelo, a reforma do antigo edificio administrativo de Benito Corbal, a variante de Alba e o novo edificio xudicial de A Parda.
  • Román Rodríguez califica o xacemento de Areoso como un dos máis importantes
    A ILLA> O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, trasladouse esta mañá ata o illote de Areoso na Illa de Arousa, onde visitou os traballos que se están a realizar no xacemento arqueolóxico que alí se sitúa. Rodríguez afirmou que este "é un dos xacementos máis importantes de Galicia".
  • A Xunta defende un parque comarcal en Pontevedra, iso sí, sen máis inversión
    Pontevedra> A Xunta de Galicia di que non ten ningún problema en sentarse a dialogar sobre a comarcalizacion do parque de bombeiros en Pontevedra. Iso sí, ten claro que unha das clave para levar a cabo esta demanda é non realizar un maior investimento neste servizo. A Xunta di que na actualidade é a Deputación de Pontevedra a que non se quere sentar a analizar esta problemática.
HomePONTEVEDRAO PSOE provincial di que a Xunta non está facendo os deberes co Patrimonio de Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook