• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Boa sintonía entre a Xunta e Deputación trala reunión en San Caetano

Feb 28 Escrito por 
Pontevedra> A presidenta e o vicepresidente da Deputación saíron satisfeitos da reunión que onte mantiveron co Presidente e vicepresidente da Xunta en Santiago. Un encontro que durou preto de 2 horas e no que se falou moito das transferencias de centros e servizos entre o goberno provincial e o galego. Unhas transferencias que Carmela Silva agarda que sexan efectivas neste mandato.
Satisfeita, así saiu a Presidenta da reunión que onte mantivo co presidente da Xunta de Galicia. Un encontro de máis de dúas horas, onde tamén estiveron presentes o vicepresidente da Xunta e da Deputación. Nesa reunión falouse moito das transferencias de centros e servizos entre o goberno provincial e o galego. Carmela Silva agarda que estas transferencias se leven a cabo neste mandato. Unha reunión onde dende a Deputación demandaron un sistema transparente de financiamento das comunidades autónomas co fin de que se definan con claridade o diñeiro que se inviste en cada concello. Outra das demandas é que se axilicen proxectos importantes para a provincia como pode ser a autovía a Vilagarcía. E xa por último a presidenta quixo salientar outra das peticións que consiste na rehabilitación dos centros escolares da provincia, moitos deles contan con instalacións e moi mal estado e onde entra incluso auga. A presidenta cree que isto non se pode permitir e solicita que esta medida se leve a cabo neste mandato.
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os comuneiros culpan dos lumes á falta de xestión forestal
    PONTEVEDRA> Os comuneiros de Pontevedra piden compromiso das Administracións e da cidadanía para evitar que se repita a vaga de lumes da pasada fin de semana. Desbotan, ademais, que exista unha trama organizada trala situación do domingo, e sinalan unicamente á falta de xestión forestal como responsable. As comunidades de montes de Pontevedra esixen a implicación de sociedade e administracións para evitar que se produzan situacións como a vaga de lumes da pasada fin de semana. Desbotan, ademais, a teoría da Fiscalía Superior de Galicia que abriu dilixencias para determinar a posible existencia dunha trama organizada tralos incendios. Para a Mancomunidade, o que se está a producir en relación cos lumes é unha vergoña. Advirten, ademais, de que a situación podería ser moito peor de non comezar as chuvias. Ante esta situación, inciden que a prevención é fundalmental. Por iso, critican a política forestal da Xunta e as dificultades para acceder ás liñas de axuda. Só neste ano, administración autonómica desestimou 238 peticións de axudas de comunidades de montes galegas. Piden, ademais, que os días non borren a rabia que fixo que a cidadanía saira á rúa para protestar pola vaga de lumes. Tamén reclaman á Xunta varias medidas, como a reforestación da superficie queimada, a retirada do criterio de densidade de poboación na concesión de axudas e a coordinación entre Medio Rural e Patrimonio, entre outras.
  • Cambados demanda á Xunta a apertura do centro de día no 2017
    CAMBADOS> O concello de Cambados esixe á Xunta de Galicia que cumpra o seu compromiso e abra o centro de día este ano. Segundo o goberno local, a falta de vontade política é o que está a lastrar a apertura destas instalacións, que se remataron no 2016 e que dependen do goberno autonómico. Hoxe o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar anunciaba a licitación da dotación de equipamento por valor de 67.000 euros. Cambados terá que esperar polo seu centro de día. O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar vén de anunciar a licitación da dotación de equipamento por valor de 67.000 euros, pero polo de momento non hai data para a súa entrada en funcionamento, pendiente aínda a licitación da xestión. Dende o goberno local non ocultan o seu enfado. Este ano, a Xunta comprometíase a abrir o centro de día cambadés no ano 2017, en resposta a unha pregunta plantexada polo voceiro de En Marea, Luis Villares. Uns prazos que, dende o concello, non confían en que se cumpran por falta de vontade política. Segundo o edil de Facenda, o concello cambadés cumpriu co acordado co Consorcio. Así, nos orzamentos do 2017 reservaron unha partida para sufragar unha terceira parte do equipamento e da apertura. Durante a rolda de prensa desta mañá os dous edís recordaron a necesidade que ten Cambados de que se abra este centro de día. Actualmente, hai moitos veciños en listaxe de agarda e outros que se desprazan a centros semellantes fóra da vila.
  • A Xunta investirá uns sete millóns de euros nos pantaláns para mexilloeiros en Cabo de Cruz
    BOIRO> O alcalde, Xoán Xosé Dieste, confirmou a existencia dunha partida reservada de 1’7 millóns de euros nos presupostos autonómicos do ano que vén para iniciar xa a súa construción. Sen dúbida tratábase dunha das maiores demandas dos diferentes gobernos municipais que durante estes anos pasaron pola alcaldía boirense, que por unha ou outra razón nunca chegaba a executarse. Segundo o alcalde, Xoán Xosé Dieste, a actuación verase finalmente cumprida o ano que vén grazas á aportación do Goberno Autonómico. Nos presupostos de 2018 inclúese unha partida inicial de 1,7 de millóns dos preto de sete nos que está presupostado o proxecto. Dieste destacou a importancia desta obra, dado o peso do sector bateeiro na localidade, e a importancia das mesmas de cara á reordenación dos espazos portuarios. A actuación sumarase a outras importantes melloras xa realizadas, ou que están a piques de rematar, como é o caso da instalación dos pantaláns para as embarcacións marisqueiras no que se investiron uns setecentos mil euros ou obras de conservación e mantemento na explanada portuaria por valor de máis de 40 mil euros.
  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Villares respalda ao persoal do Hospital fronte á 'xordeira' da Xunta
    VILAGARCÍA> A Xunta de persoal do Hospital do Salnés mantén a súa loita contra a reforma da Lei de Saúde, e os representantes políticos continúan mantendo encontros con eles. Hoxe foi o voceiro de En Marea, Luis Villares, o que se desprazou ata o centro comarcal. Dende aí, revalidou o compromiso da súa formación para que a Xunta abandone a reforma. A Xunta de Persoal do Hospital do Salnés continúa a recibir apoios na súa loita contra a reforma da Lei de Saúde que prepara a Xunta de Galicia. Esta mañá, o voceiro de En Marea, Luis Villares, trasladou o seu apoio aos representantes dos traballadores. Aínda que polo de momento non hai informacións que indiquen un cambio de postura da Consellería de Sanidade, Villares destacou a importancia da mobilización social para frear o cambio. Dende a Xunta de Persoal agradeceron o interese da formación. Tamén explicaron que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública reanudará as súas accións para informar á cidadanía das consecuencias que, aseguran, traerá este cambio. O colectivo comezará as charlas informativas no concello de A Illa de Arousa o vindeiro mércores 18 de outubro. Será ás 8 da tarde no salón de plenos do concello.
  • Máis de 30 desempregados formaranse nos novos obradoiros de Vilagarcía
    VILAGARCÍA> Trinta e cinco desempregados de Vilagarcía arrincaron esta mañá a súa formación. Xunta e concello inauguraron dous dos novos obradoiros de emprego que lle foron concedidos á localidade. Os dous programas contan cun orzamento de 420 mil euros. Concello de Vilagarcía e Xunta de Galicia formarán a 35 desempregados do municipio para mellorar as súas posibilidades de atopar un posto de traballo. Esta mañá arrincaron os novos obradoiros de emprego. O primeiro dos obradoiros favorecerá a 20 desempregados, que se formarán en Fontanería e Carpintería. Durará 9 meses, e contará cun investimento de case 280.000 euros. Durante a súa formación, os alumnos traballarán en diferentes puntos de Vilagarcía, para revalorizar espazos públicos. Operacións auxiliares de actividades e funcionamento de instalacións deportivas, e socorrismo en espazos acuáticos, serán as materias nas que se van a formar 15 alumnos menores de 30 anos no marco do obradoiro Labora Xove 2017. Neste caso, conta cun investimento de 140.000 euros.
HomePONTEVEDRABoa sintonía entre a Xunta e Deputación trala reunión en San Caetano Top of Page

Síguenos en facebook