Imprimir esta páxina

O PP local impugna os orzamentos do concello

Feb 28 Escrito por 
Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra impugnará finalmente os orzamentos deste 2017. E farao por dúas vías unha mediante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e outra polo Contecioso-Administrativo. Dende as filas populares consideran que as formas que tivo Lores de convocar o pleno, non son as correctas, e por iso decidiron dar este novo paso xudicial.
Dende as filas do PP continúan coa súa loita contra as maneiras na que Lores convocou o pleno no que finalmente se aprobaron as contas deste ano. Por iso esta mañá anunciaron que dan un novo paso xudicial impugnado a convocatoria deste pleno mediante dúas vías, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o Contenciosos Administrativo. Dende o PP consideran que esta medida non influiría en absoluto á cidade xa que teñen claro que todo o que se aprobe ou se execute ata agora será legal. Este novo paso xudicial din que se debe máis a una posición moral, para deixar claro que as formas tamén conta e que non todo vale. Dende o Goberno Local cualifican como unha nova pataleta do PP esta impugnacións aos orzamentos. Unha medida xudicial que pode tardar meses ou incluso anos en ter unha sentenza en fime. Pese a isto, dende o PP consideran que non se podían quedar cos brazos pechados ante o que consideran un proceso viciado dende o seu comezo.
Etiquetado como pp local    Orzamentos    concello de pontevedra    impugnacion   
Publicado en PONTEVEDRA

O último de Silvana Moril

Artigos relacionados (por etiqueta)