• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Máis de dous meses traballando no Ravachol que pechará o Entroido en Pontevedra

Mar 01 Escrito por 
Pontevedra> A Asociación Recreativa de Xeve, en Pontevedra, leva 13 anos deseñando o Ravachol que pon fin o Entroido na capital de provincia. Dende esta entidade din que a temática de cada ano se escolle a última hora para que sexa un asunto de máxima actualidade. Un Ravachol, o deste 2017, que xa poden ver na entrada do concello, e que leva as súas costas máis de dous meses de traballo.
13 anos levan dende a Asociación Recreativa de Xeve construíndo o Ravachol. Un símbolo do entroido en Pontevedra que pon fin a 8 días de troula e festa. O Ravachol foi un popular loro da cidade do Lérez, que agora ano tras ano con moito traballo encargan nestas datas. Un Ravachol que leva máis de dous meses de traballo as súas costas. Este ano o Ravachol ven moi enfadado co Goberno do Estado, co ministro de Industria e coas empresas do sector electrico que impoñen todos os anos unha taxas que él considera abusivas e inxustas. Unha temática que tal e como nos dixo Florencio esta mañá se elixe sempre a última hora. Este ano o tema protagonista é o Tarifazo das electricas que tal e como dixo o propio Ravachol impide que tanto él como moitos veciños poidan quentar minimamente os seus fogares. Dende a rúa botan de menos máis crítica ao Goberno Local pero dende esta asociación din que se ten que habela haina e que nos seus tempos xa a houbo... Un Ravachol que se queimará, sempre que o tempo o pemimita, este sábado as nove da noite. Un enterro que dende a asociación recreativa de Xeve viven con certa nostalxia. Este sábado ás nove da noite sairá o cortexo fúnebre dende a Praza da Verdura acompañado do seu séquito de comparsas percorrerán as rúas de San Román, Ferrería, Paseo de Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Isabel II, rúa Real, Sarmiento, Pasantería para rematar na Praza da Ferrería onde terá lugar a quema do Ravachol.
Etiquetado como ravachol    asociacion recreativa de xeve    tarifazo    Crítica   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O Premio da Crítica Literario 2014 fallarase dende Pontevedra
    PONTEVEDRA> Os Premios da Crítica Literaria 2014 fallaranse en Pontevedra. A capital acollerá unha xuntanza de 21 dos críticos máis importantes de España para escoller as obras que serán recoñecidas con este galardón, un dos máis relevantes das letras castelás, galegas, catalás e euskeras.
HomePONTEVEDRAMáis de dous meses traballando no Ravachol que pechará o Entroido en Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook