• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Poio móvese en axuda ao cancro infantil

Mar 02 Escrito por 
POIO> Este domingo 8 de marzo o concello de Poio acollerá a I Pedalada solidaria contra contra o cancro infantil. Trátase dunha actividade organizada polo Bike Club e que ten como fin axudar a asociación de nenos oncolóxicos de Galicia. O evento tratará de completar 1300 quilómetros ao longo da mañá, un por cada neno que ten cancro a día de hoxe no noso país.
Este domingo 5 de marzo o concello de Poio pedaleara contra o cancro infantil. Unha cita organizada polo Bike Club do concello de Poio e que xa ten pechados os seus 200 inscritos. Pese a que a inscrición este pechada dende o concello e o club de ciclismo convidan a todo o mundo a que se pase por esta cita que ten como fin axudar a asociación galega contra o cancro infantil. Unha pedalada que se fai para darlle ánimo a ISI e a toda a súa familia un pequeno de 5 anos do concello que ten cancro. Esta mañá o ciclista de BTT Ringo tamén quixo contar a súa experiencia, el tivo cancro e o deporte dixo que lle axudou moitísimo neses anos de loita. Na zona da Seca habilitarán un circuíto de 2 quilómetros nos que os 200 deportistas inscritos, de 5 a 73 anos, tentarán completar simbólicamente 1300 quilómetros entre todos, un por cada neno que padece cancro infantil en España.
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O concello de Poio dará prioridade á accesibilidade e ao uso peonial na Caeira
    Pontevedra> O concello de Poio ven de aprobar unha reforma parcial do barrio da Caeira. O obxectivo principal é desconxestionar o tráfico da ponte de A Barca e potencia unha maior accesibilidade na zona. Un proxecto que contará cun investimento de 570 mil euros, é que segundo o concelleiro socialista Gregorio Agís, estará listo para o vindeiro verán.
  • O concello de Poio presenta a súa ampla oferta deportiva para este curso escolar
    Pontevedra> O concello de Poio presentou esta mañá o amplo abano de actividades deportivas que se presentan para este novo curso 2017-2018. A concelleira de Deportes e o alcalde deste municipio lembraron que ao longo deste mes está aberto o prazo de inscrición. A billarda e o pádel son algunhas das novidades deportivas deste ano.
  • A Festa da Ameixa de Campelo cumpre 30 anos
    POIO> Campelo volve estar de festa esta fin de semana. A parroquia acolle a súa Festa da Ameixa, que este ano cumpre tres décadas de historia. A organización agarda superar os 560 quilos de ameixa vendida o ano pasado. Sempre presumindo, ademais, de produto da ría e mercado na lonxa de Campelo. A ameixa será o produto protagonista esta fin de semana en Campelo. A parroquia celebra a súa festa dedicada a exaltación deste molusco, que será o ingrediente estrela de todos os pratos que se vendan na carpa gastronómica da praza de A Granxa. Sempre a prezos populares. O ano pasado, vendéronse 560 quilos de ameixa. A organización agarda superar esta cifra, grazas en gran medida ás melloras que se incluíron, por exemplo, no dispositivo de tráfico que xa se puxo en marcha durante o Festival da Ameixa a fin de semana pasada: habilitar mil prazas de aparcadoiro e prohibir o paso dos vehículos no entorno da praza. Precisamente a calidade do produto que sirven é o seu principal reclamo. A ameixa é da ría de Pontevedra, mercada na lonxa de Campelo. Produto de proximidade 100%. A cita gastronómica será o sábado e o domingo, pero a festa xa arrinca o venres. Farao cunha homenaxe aos mariscadores recentemente xubilados, e coa inauguración dunha exposición fotográfica. Para conmemorar estes 30 anos de festa, o concello de Poio preparou camisetas especiais que se repartirán entre as 50 primeiras comandas que se merquen na carpa o sábado e o domingo. O sábado pola noite unha tirada de fogos de artificio dende o peirao de Campelo celebrarán estas tres décadas de historia.
  • Ciclistas máis visibles para evitar accidentes
    BOIRO> A Xunta de Galicia colabora coa Federación Galega de Ciclismo no reparto de cortaventos reflectantes destinados a garantir a visibilidade dos deportistas nas estradas e a aumentar así a súa seguridade. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, realizou esta mañá en Boiro a entrega destas prendas.
  • Presentada en Rianxo a décimo oitava edición da Subida ó Castro Barbudo
    RIANXO> A proba, organizada pola peña ciclisturista Castro Barbudo, terá lugar este próximo domingo a partir das nove da mañá e será puntuable para o Open Galego na especialidade de maratón. Os afeccionados ó ciclismo terán unha cita este próximo domingo en Rianxo coa disputa da décimo oitava edición da Subida ó Castro Barbudo de BTT. Todo un clásico neste tipo de probas na comarca do barbanza. Organizada pola peña ciclisturista Castro Barbudo a cita terá este ano un aliciente máis, ó estar incluída no Open galego na especialidade de maratón. Dende o Concello, que colabora na organización desta cita, valoraron moi positivamente a proba A saída está prevista para as nove da mañá dende a Praza de Campo de Pazos en Taragoña. Na carreira prevese a participación duns 150 corredores sumando tódalas categorías que deberán dar dúas voltas ó circuíto, no caso da especialidade de maratón, duns 31 quilómetros de percorrido.
  • Poio aclara a situación do catrastro no concello
    Pontevedra> Nova regularización catastral no concello de Poio e con ela nova polémica. Un catastro que trae consigo o pagamento de 60 euros por cada actualización. Dende o concello insistiron esta mañá, en resposta ás críticas vertidas por Moldes, en que se trata dunha lei e normativa do Goberno Central é que son eles os que se levarán eses cartos e non o municipio.
HomePONTEVEDRAPoio móvese en axuda ao cancro infantil Top of Page

Síguenos en facebook