• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Derbi en Pontevedra. Sábado 4 de marzo Cisne-Teucro

Mar 03 Escrito por 
Pontevedra> Todo listo para que o pavillón Deportivo de Pontevedra acolla un novo derbi na cidade. Este sábado 4 de marzo ás 20:00 da tarde disputarase o CISNE – TEUCRO. Unha cita deportiva moi importante, onde tal e como dixeron esta mañá os presidentes e adestradores destes clubs, os dous equipos loitarán para levarse a vitoria.
Pontevedra acollerá un importante derbi este sábado 4 de marzo ás 20:00 da tarde no pavillón deportivo, o CISNE – TEUCRO. Dende as directivas dos clubs e tamén os seus adestradores convidan a toda a cidadanía a desfrutar deste espectáculo do balonmán pontevedrés e galego. Unha oportunidade única de ver en directo a dous equipos grandes nun mesmo encontro. Dende a directiva do Cisne aconsellan que o público esté un pouquechiño antes no pavillóns, sobre as 19:30 porque antes do partido haberá unha serie de actividades . Un espectáculo único do que teñen a oportunidade de desfrutar este sábado 4 de marzo.
Etiquetado como derbi    Pontevedra    balonmán    cisce    teucro    pavillon deportivo    4 de marzo   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP presentará unha moción para revitalizar o mercado de Estribela
    Pontevedra> O PP de Pontevedra levará unha moción ao pleno co fin de recuperar a Praza de Abastos de Estribela. Dende as filas populares piden que en lugar de derrubar o mercado, se potencie a súa función. E pola súa banda dende o Goberno Local insisten que van a relizar o acordado e demandado polo consello parroquial, Demetrio Gómez dixo alto e claro que son os propios veciños os que queren un salón de actos neste espazo.
  • Dende a Deputación sinten unha "profunda desolación" polo que está acontecendo nos montes galegos
    Pontevedra> O gabinete de crise posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, na madrugada do sábado. continúa activo. Esta mañá, a presidenta e vicepresidente desta administración, compareceron en rolda de prensa para dar conta da situación na que se atopa a provincia trala vaga de lumes que asola a nosa comunidade. Ambos mandatarios dixeron sentir unha profunda desolación polo que está sucedendo nos montes galegos.
  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Xornada de arte inclusiva na Casa Azul
    Pontevedra> A concellería de Benestar Social centra este ano o programa Hefesto no mundo da arte a través de creadores locais. Co título de arte inclusivo, este proxecto ten como fin promocionar a inclusión social e a participación activa de persoas con discapacidade na dinámica cultural da cidade. Neste venres a xornada estivo centrada no estudo escultórico do voo dun paxaro en escaiola.
  • Marea moi atenta á ordenanza de renda social para apoiar as contas do 2018
    Pontevedra> Esta mañá dende o grupo de Marea fixeron balance das emendas aos orzamentos municipais pactadas no seu momento, e que permitiron dar luz verde a estas contas no concello. Luis Rei recoñeceu que neste camiño hai moitas luces e algunha sombra, a principal, a renda social municipal.
  • O concello preséntalle aos veciños o novo acceso aos Campos
    Pontevedra>Os concelleiross de Obras e o delegado de Mourente mantiveron esta tarde unha reunión cos veciños para presentarlles o proxecto de novo acceso aos Campos dende Monte Porreiro. Uns traballos que terán un custe aproximado de máis de 1 millóns 137 mil euros e que contarán cun prazo de execución de 9 meses.
HomePONTEVEDRADerbi en Pontevedra. Sábado 4 de marzo Cisne-Teucro Top of Page

Síguenos en facebook