• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

Nova sede da Federación en Pontevedra

Mar 06 Escrito por 
Pontevedra> A Federación Galega de Fútbol inaugurou en Pontevedra a súa nova sede na cidade. As oficinas están situadas na rúa Luís Otero, preto do estadio de Pasarón. A partir de agora este espazo será a sede da Delegación de Pontevedra da Federación, da delegación territorial do Comité de Árbitros e da Mutualidade de futbolistas.
Foi unha promesa de Louzán ao remate da pasada tempada e neste mes de marzo faise realidade. A Federación Galega de Fútbol inaugurou na fin de semana a súa nova sede en Pontevedra. Un espazo situado preto do estadio de Pasarón, na rúa Luís Otero, onte será a sede da Delegación de Pontevedra, a delegación territorial do Comité de Árbitros e da Mustualidade de futbolistas. Esta Delegación da Federación Galega de fútbol en Pontevedra prestará servizo ao Morrazo, a comarca de Pontevedra, de Caldas e de Salnés. Unha federación das máis antigas que conta con 85 anos de historia e 12 mil fichas na actualidade. O espazo onde está ubicada non estaban en venta pero o presidente desta entidade tiña claro que era o idóneo para a Federación. Un espazo pensado no traballo e formación de todos os profesionais vencellados co fútbol de Pontevedra. Esta é a primeira sede actualidade e modernizada que presentan dende a Federación. Unha sede que dará servizo e axuda a centos de profesionais do mundo do fútbol de Pontevedra.
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O día 2 Pontevedra - Sporting loitarán polo Trofeo Cidade de Pontevedra
    Pontevedra> Este mércores 2 de agosto Pasarón acollerá a cuadraxésima primeira edición do Trofeo Cidade de Pontevedra. Unha cita que comezará ás sete da tarde e que enfrontará ao equipo da cidade contra o Sporting de Xixón.
  • A selección galega feminina volverá a xogar o 22 de decembro
    VILAGARCÍA> A selección galega feminina de fútbol xogará o vindeiro 22 de decembro en Vilagarcía. A Lomba será testemuña do encontro que enfrontará ao equipo galego coa selección catalá. Este martes o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, referiuse a Vilagarcía como a "cuna do fútbol" da provincia, na presentación do evento. 
  • Ultiman os detalles para o partido da Sub-21 en Pasarón
    PONTEVEDRA> O seleccionador da selección española de fútbol sub21 estivo hoxe no terreo de xogo de Pasarón para comprobar que todo está ben de cara ao partido que o seu equipo disputará contra Estonia o vindeiro 10 de outubro co fin de conseguir a clasificación do Europeo 2017. Un partido que se xogará as sete menos cuarto e que tal e como adiantou esta mañá Louzán os prezos das entradas serán populares.
  • Fase final do Campionato Galego de F-8 en Cuntis
    CUNTIS> Cuntis presenta o campionato de Fútbol 8 da Federación Galega que se desenvolverá no campo de “A Ran” este sábado. Con entrada gratuíta a todos os partidos, a vila converterase esta fin de semana na sé dunha competición que entre xogadores e familiares reunirá a un milleiro de persoas, segundo cálculos da organización.
  • Sanxenxo posible sede da clasificatoria da Liga Europea de Fútbol Praia
    Sanxenxo podería albergar unha das tres xornadas clasificatorias da Liga Europea de Fútbol Praia. 
  • O Coruxo, campión da exitosa I Copa Real Federación Española de Fútbol Praia
    SANXENXO> Vitoria galega na primeira Copa Real Federación Española de Fútbol. O Coruxo, anfitrión do torneo, conseguiu o título tras vencer ao Levante na final de onte. O conxunto valenciano rendeuse ante o bo xogo dos vigueses, que deixaron o marcador 2 a 6. O bo tempo tamén animou o encontro: veciños e turistas achegáronse a seguir o partido que pechou esta primeira edición da copa.
HomePONTEVEDRANova sede da Federación en Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook