• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Pontevedra acollerá a súa primeira trail night

Mar 07 Escrito por 
Pontevedra> Este sábado 11 de marzo Pontevedra acollera a primeira edición da Trail Night. Trátase dunha carreira nocturna que percorrerá 14 quilómetros pola cidade do Lérez. A cita partirá ás oito do Recinto Feiral para rematar na Praza de Touros. Trátase da segunda proba do circuíto de carreiras populares que xa conta con 700 inscritos.
14 quilómetros pola cidade de Pontevedra e de noite. Ese é a ruta que protagonizará a primeira Trail Night na cidade do Lérez. De momento hai xa 700 inscritos nesta proba que percorrerá a illa das esculturas, a beira do río Lérez, a Xunqueira, a Zona Vella, Alameda para rematar na praza de Touros. Dende a organización agardan que o primeiro chegue en 45 minutos e que nunha hora esté rematada esta proba. Os interesados en inscribirse teñen de prazo ata a noite do mércores. Unha proba que forma parte do circuíto de carreiras populares que conta con 10 categorías diferentes. A entrega de premios será no interior da Praza de Touros. Unha cita única e diferentes que aterra por primeira vez en Pontevedra.
Etiquetado como trail night    carreira nocturna    Pontevedra    sabado 11 de marzo   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP presentará unha moción para revitalizar o mercado de Estribela
    Pontevedra> O PP de Pontevedra levará unha moción ao pleno co fin de recuperar a Praza de Abastos de Estribela. Dende as filas populares piden que en lugar de derrubar o mercado, se potencie a súa función. E pola súa banda dende o Goberno Local insisten que van a relizar o acordado e demandado polo consello parroquial, Demetrio Gómez dixo alto e claro que son os propios veciños os que queren un salón de actos neste espazo.
  • Dende a Deputación sinten unha "profunda desolación" polo que está acontecendo nos montes galegos
    Pontevedra> O gabinete de crise posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, na madrugada do sábado. continúa activo. Esta mañá, a presidenta e vicepresidente desta administración, compareceron en rolda de prensa para dar conta da situación na que se atopa a provincia trala vaga de lumes que asola a nosa comunidade. Ambos mandatarios dixeron sentir unha profunda desolación polo que está sucedendo nos montes galegos.
  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Xornada de arte inclusiva na Casa Azul
    Pontevedra> A concellería de Benestar Social centra este ano o programa Hefesto no mundo da arte a través de creadores locais. Co título de arte inclusivo, este proxecto ten como fin promocionar a inclusión social e a participación activa de persoas con discapacidade na dinámica cultural da cidade. Neste venres a xornada estivo centrada no estudo escultórico do voo dun paxaro en escaiola.
  • Marea moi atenta á ordenanza de renda social para apoiar as contas do 2018
    Pontevedra> Esta mañá dende o grupo de Marea fixeron balance das emendas aos orzamentos municipais pactadas no seu momento, e que permitiron dar luz verde a estas contas no concello. Luis Rei recoñeceu que neste camiño hai moitas luces e algunha sombra, a principal, a renda social municipal.
  • O concello preséntalle aos veciños o novo acceso aos Campos
    Pontevedra>Os concelleiross de Obras e o delegado de Mourente mantiveron esta tarde unha reunión cos veciños para presentarlles o proxecto de novo acceso aos Campos dende Monte Porreiro. Uns traballos que terán un custe aproximado de máis de 1 millóns 137 mil euros e que contarán cun prazo de execución de 9 meses.
HomePONTEVEDRAPontevedra acollerá a súa primeira trail night Top of Page

Síguenos en facebook