• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Arranca unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Mar 10 Escrito por 
Pontevedra> Esta tarde quedou inaugurada a decimo oitava edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Baixo o lema o mundo que queremos, máis de 14 mil nenos poderán desfrutar desta cita. Unha feira, que ata o 2 de abril, achega ao Pazo da Cultura e ao Recinto Feiral máis de 300 actividades centradas na literatura.
Orbil xa está listo para presidir unha nova edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil que baixo o lema o mundo que queremos, foi inaugurada esta tarde. Dende hoxe e ata o 2 de abril as familias terán por diante máis de 300 actividades, 7 espectáculos e moita literatura. Unha oportunidade única de gozar da literatura nas súas diferentes vertentes, a través dos contacontos, con obradoiros, espectáculos de teatro... Diferentes formatos que conseguen que os máis pequenos se enganchen a historia que lles están a contar. Xa o saben ata o 2 de abril o Pazo da Cultura e o Recinto Feiral de Pontevedra acollen esta décimo oitava edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil. Poden obter toda a información na web www.salondolibro.org.
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Venres, 10 Marzo 2017 17:16

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • 140 millón de euros para un Gran Montecelo "de todos e para todos"
    Pontevedra> Presidente da Xunta de Galicia, conselleiro de Sanidade e xerente do CHOP presentaron esta tarde o plan funcional de Montecelo. O Gran Montecelo converterase nun espazo que ocupará 118 500 hectáreas e contará con numerosas melloras. Entre elas, as urxencias estará unificadas para todos os ámbitos neste centro, haberá UCI pediátrica, radioloxía, as consultas externas pasarán de 227 a 280, nas urxencias de 61 postos a 117 e no número de camas pasarán de 600 a 720 das que o 60 por cento será individuais. O fin deste centro hospitalario é reoganizar os servizos e os profesionais para crear un hospital de futuro. O presidente pola súa banda amosou o seu compromiso firme e aposta por este Gran Montecelo. Un proxecto ao que se destinarán soamente en construcción 140 millóns de euros. Con estes traballos Feijóo asegurou que ten un contrato asinado coa Boa Vila. O alcalde de Pontevedra pola súa banda fixo un balance positivo deste proxecto funcional do que se queda co compromiso da Xunta de converter nunha realidade este Gran Montecelo. Uns traballos que comezarán previsiblemente a comezos do 2019, con esta previsión o Gran Montecelo convertirase nunha realidade no 2021.
  • Ata o 6 de agosto poden desfrutar da artesanía de Chalana
    Pontevedra> O paseo de Odriozola, en Pontevedra, acolle ata o 6 de agosto a décima edición da Feira Atlántica da Artesanía e do Deseño, Chalana 2017. Unha feira onde poderán atopar traballos artesanais en madeira, prata, coiro ou la. Aínda lles quedan moitos días por diante para desfrutar desta cita onde poderán atopar produtos moi orixinais.
  • Teconoloxía e patrimonio para un Tek Fest de vangarda
    Pontevedra> Do 25 ao 30 de setembro Pontevedra volverá a acoller unha nova edición do TEK FEST. Un evento que este ano terá como temática central a tecnoloxía e o patrimonio. O obxectivo desta cita é situar a Pontevedra na vangarda tecnolóxica.
  • Centos de persoas realizan a súa ofrenda a San Bieito de Lérez "o máis milagreiro"
    Pontevedra> Pontevedra viviu o seu festivo local, o seu San Bieito, con moito ambiente e actividade na cidade. O mosteiro acolleu a centos de persoas que lle realizaron ao santo as súas peticións, e mercaron o aceite milagreiro para curar as verrugas. Ao mesmo, tempo a playa fluvial de Lérez acolleu a romaría na que se reparte máis de 1500 kilos de mexillóns e outros tantos de empanada, todo de balde.
  • Pontevedra postúlase como candidata para acoller o Europeo de Loitas Olímpicas
    Pontevedra> A Federación Internacional de Loita visitou esta mañá as instalacións de Pontevedra para acoller o Europeo Junio de 2019. A cidade do Lérez é candidata oficial e compite con outras dúas localidades de Moldavia e Polonia. En marzo do 2018 saberemos qué lugar acollerá esta cita deportiva.
  • Comeza a preparación da décima edición de Culturgal
    Pontevedra> Os días 1-2-3 de decembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a décima edición do Culturgal. Unha edición especial que chegará dúas novidades, a primeira: a presenza de Portugal neste evento, e a segunda: a creación dun espazo expositivo de arte contemporánea.
HomePONTEVEDRAArranca unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil Top of Page

Síguenos en facebook