• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Luís Bará presenta o seu libro Non des a esquecemento

Mar 13 Escrito por 
Pontevedra> O deputado e concelleiro do BNG Luís Bará presentou hoxe o seu libro Non des a esquecemento. Unha obra literaria que pretende darlle visibilidade a historias reais da época do franquismo. Bará dixo esta mañá que se trata dun libro de emocións. Os beneficios acadados con este traballo irán destinados ao Bosque da Memoria.
Luís Bará publica o seu primeiro libro Non des a esquecemento, unha obra na que estivo traballando 3 anos que tenta sacar a luz e dar visibilidade historias reais do franquismo. Historias do 36 centradas na provincia de Pontevedra, Vilaboa, Pontesampaio, San Simón, O Morrazo e Vigo teñen unha gran presenza neste libro. Un libro que tal e como dixo esta mañá o seu autor fala de emocións e de algo moi imporante e duro do silencio e esquecemento que trouxeron consigo todos os asasinatos da Guerra Civil e Franquismo. Este non des a esquecemento presentarase oficialmente este mércores ás oito da tarde nun acto no Sexto Edificio do Museo. Un libro, que conta cunha difusión de 1500 exemplares, que está a venda en todas as librarías e cuxos beneficios recadados irán destinadaos ao proxecto social do Bosque da Memoria.
Etiquetado como luis bara    Libro    franquismo    Pontevedra    non des a esquecemento   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O xerente do CHOP ten claro que "a nova lei de saúde reforzará o papel dos hospitais da nosa comarca"
    Pontevedra> Dende a xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra teñen claro que a nova lei de saúde que lanzan dende a Xunta de Galicia beneficiará tanto a cidade do Lérez como ao Salnés. Trátase , segundo José Ramón Gómez, dunha normativa que reforza o papel dos hospitais na nosa comarca.
  • O PP Local reúnese co Comité de Empresa de Elnosa
    Pontevedra> O PP de Pontevedra mantivo unha reunión co delegado do comité de Empresa de Elnosa. O fin de este encontro é o de escoitar en primeira persoa a situación dos traballadores desta empresa, e pedir aos políticos a continuidade desta cloreira, sempre e cando cumpra coa normativa europea.
  • A vangarda tecnolóxica darase cita na II Edición do Tek Fest
    Pontevedra> Do 25 ao 30 de setembro Pontevedra acollerá a segunda edición do Tek Fest. Unha cita que este ano terá como obxectivo unir o pasado, o presente e o futuro a través das novas tecnoloxías. O Patrimonio será o eixo central no que se basearán este evento centrado na vangarda tecnolóxica.
  • Os robots cobran vida no Instituto da Xunqueira
    PONTEVEDRA> O instituto Xunqueira 2 de Pontevedra vén de incorporar neste curso o libro dixital nas súas aulas, e os alumnos están a traballar con kits de robótica, programación e impresión 3D. Son parte das accións de Edudixital 2020, a estratexia da Consellería de Educación. Esta mañá Román Rodríguez quixo comprobar en persoa a súa posta en práctica no instituto pontevedrés. Os alumnos de 1º da ESO de Instituto Xunqueira 2 de Pontevedra, levan desde o pasado curso traballando nas aulas con kits de robótica, programación, e impresión 3D. Actividades pensadas para integrar as novas tecnoloxías no resto de materias escolares. Que qué isto? Mellor que nolo explique eles. O Centro pontevedrés incorporou tamén este ano o libro dixital, todas propostas enmarcadas na Estratexia galega para a educación dixital da Consellería de Educación. Esta mañá Román Rodríguez, visitou o instituto, foi partícipe dos traballos do alumnado, e salientou que o compromiso da Xunta cos coñecementos científicos na aula. O conselleiro subliñou a importancia de dar resposta ós desafíos educativos do futuro, un futuro no que eles terán moito que dicir.
  • A ría de Pontevedra tivo un 31% máis de tránsitos que en agosto de 2016
    PONTEVEDRA> Os peiraos autonómicos da provincia de Pontevedra recibiron 1.500 barcos en tránsito durante o mes de agosto, un 13 por cento máis que o ano pasado. E se falamos da Ría de Pontevedra, o aumento foi dun 31 por cento. Son algunhas das cifras máis destacadas que esta mañá ofreceu o Presidente de Portos de Galicia, no Balance dos Tránsitos de agosto. Os portos de titulariedade autonómica da provincia de Pontevedra recibiron 1.527 barcos en tránsito durante o pasado mes de agosto, segundo datos facilitados polos propios xestores das instalacións. O que supón un 13 por cento máis que o mes de agosto do 2016. UN crecemento que sentiu tamén nas Rías Baixas e a Nivel Autonómico. Así o transmitiu esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, desde as oficinas portuarias de Pontevedra. O porto de Combarro en Poio foi o que recibiu un maior número de tránsitos na provincia, doblando case a cifra do ano pasado. Outro dato salientable é o do impacto económicos que deixan estas embarcacións durante a súa estancia nos portos galegos e nas súas vilas. O presidente da entidade fixo unha valoración positiva deste crecemento constante, xa que a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural tal e como recolle o Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020.
  • O edifico xudicial da Parda estará listo para finais do 2018
    Pontevedra> Para finais do 2018 estará listo o novo edificio xudicial da Parda. Unha instalación que entrará en funcionamento, tal e como confirmou o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, a comezos do 2019. Esta mañá tocou visita oficial para coñecer de primeira man o estado das obras, levan certo retraso, pero dende a empresa construtora comprometéronse a cumprir os prazos.
HomePONTEVEDRALuís Bará presenta o seu libro Non des a esquecemento Top of Page

Síguenos en facebook