09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Mareantes inaugura a súa carpa de San Patricio

Mar 15 Escrito por 
Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurada a carpa de San Patricio que un ano máis achegan dende o Mareantes Club de Rugby de Pontevedra. Na praza de España, dende hoxe e ata o domingo, poderán desfrutar dunha ampla oferta gastronómica e musical, e como non, de moita cervexa branca, tostada ou negra.
As doce e media desta mañá quedaba inaugurada a carpa do San Patricio que como cada ano organizan dende o Club Mareantes de Rugby. Unha cita moi importante para a economía deste equipo pontevedrés. Unha carpa onde poderán gozar dunha ampla oferta gastronómica.... E tamén de moita música Todo coas mellores cervexas e con prezos moi económicos, a pinta rubia a 3,5 e a negra e tostada a 4 euros. Así que xa o saben todos convidados a pasarse por esta carpa de San Patricio. O lugar a Praza de España, o horario de doce e media da mañá a doce e media da noite ininterrompido, a cociña non pechará as súas portas en todo o día.
Etiquetado como mareantes    rugby    san patricio    carpa    do 15 ao 19 de marzo   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Rianxo celebra por todo o alto a Festa da Xouba
    RIANXO> En total repartíronse máis de mil racións deste prezado peixe, acompañado de cachelos, pementos de Padrón e pan. Coa onte, xa son vinte e cinco as edicións celebradas ata o de agora da festa da xouba. Aínda así a deste ano presentou importantes novidades. Unha delas foi o cambio de emprazamento, dende a alameda, no Campo de Arriba, ata o paseo da Ribeira, onde se instalou a carpa provisional. Por ela foron pasando numerosas persoas que non quixeron deixar escapar a oportunidade de probar este prezado peixe característico da nosa Ría. Dende a propia organización, que este ano foi comandada polo Concello, destacouse o éxito desta cita gastronómica na que chegaron a repartirse máis de mil racións de produto, acompañado de cachelos e pementos de Padrón O bo tempo existente durante toda a xornada, así como os grupos de música tradicional que amenizaron a festa, animaron a moitos veciños a sumarse a esta degustación que non só se realizou na propia carpa. Moita xente optou tamén por degustar a xouba nalgún dos 24 locais que participaron este ano na ruta das tapas da xouba que ofreceron este produto elaborado das máis variadas formas.
  • A 'Tenda do Nadal' do Deán abrirá as súas portas este próximo venres
    POBRA> A actividade, organizada polo Centro Comercial Aberto O Deán, en colaboración co concello, desenvolverase durante toda a fin de semana nunha carpa instalada para a ocasión na praza Alcalde Segundo Durán.
  • Deporte e solidariedade irán da man no V Torneo de Rugby-Praia Vila de Boiro
    BOIRO> O areal de Barraña acollerá este próximo sábado o quinto torneo internacional de rugby-praia Vila de Boiro organizado polo Club Barbanza Rugby. A cita deportiva terá ademais nesta ocasión un fin solidario, xa que tódolos beneficios do campionato irán destinados ó banco de alimentos.
  • O mal tempo condicionou o arranque da III Feira de Inverno do Pequeno Comercio
    RIBEIRA> A feira, que estará aberta toda esta fin de semana veu aumentada a súa superficie respecto doutras edicións.
HomePONTEVEDRAO Mareantes inaugura a súa carpa de San Patricio Top of Page

Síguenos en facebook