• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

18-19 de marzo Campionato Galego por equipos en Pontevedra

Mar 15 Escrito por 
Pontevedra> O 18 e 19 de marzo as instalacións do Club de tenis de Pontevedra acollerán o Campionato Galego por equipos 2017. Unha cita na que participan 12 equipos da nosa comunidade e busca poñer en valor o esforzo colectivo e a importancia do traballo en equipo.
Esta fin de semana o tenis estará moi de actualidade en Pontevedra, xa que as instalacións do Club de Tenis da cidade acollen o Campionato Galego por equipos nas categorías de feminino e masculino. Dende o club que xoga na casa participarán nas dúas categorías. Dende a Federación Galega de tenis dixeron que é un pracer realizar este campionato na cidade do Lérez. Ademais o bo tempo acompañará a esta cita deportiva que será de balde para todos aqueles que a queiran desfrutar. Un total de 12 equipos competirán neste campionato, 6 masculinos e 6 femininos. Na categoría feminina haberá 3 partidos individuais e un dobre e na masculina 4 individuais e un dobre.
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • 140 millón de euros para un Gran Montecelo "de todos e para todos"
    Pontevedra> Presidente da Xunta de Galicia, conselleiro de Sanidade e xerente do CHOP presentaron esta tarde o plan funcional de Montecelo. O Gran Montecelo converterase nun espazo que ocupará 118 500 hectáreas e contará con numerosas melloras. Entre elas, as urxencias estará unificadas para todos os ámbitos neste centro, haberá UCI pediátrica, radioloxía, as consultas externas pasarán de 227 a 280, nas urxencias de 61 postos a 117 e no número de camas pasarán de 600 a 720 das que o 60 por cento será individuais. O fin deste centro hospitalario é reoganizar os servizos e os profesionais para crear un hospital de futuro. O presidente pola súa banda amosou o seu compromiso firme e aposta por este Gran Montecelo. Un proxecto ao que se destinarán soamente en construcción 140 millóns de euros. Con estes traballos Feijóo asegurou que ten un contrato asinado coa Boa Vila. O alcalde de Pontevedra pola súa banda fixo un balance positivo deste proxecto funcional do que se queda co compromiso da Xunta de converter nunha realidade este Gran Montecelo. Uns traballos que comezarán previsiblemente a comezos do 2019, con esta previsión o Gran Montecelo convertirase nunha realidade no 2021.
  • Ata o 6 de agosto poden desfrutar da artesanía de Chalana
    Pontevedra> O paseo de Odriozola, en Pontevedra, acolle ata o 6 de agosto a décima edición da Feira Atlántica da Artesanía e do Deseño, Chalana 2017. Unha feira onde poderán atopar traballos artesanais en madeira, prata, coiro ou la. Aínda lles quedan moitos días por diante para desfrutar desta cita onde poderán atopar produtos moi orixinais.
  • Teconoloxía e patrimonio para un Tek Fest de vangarda
    Pontevedra> Do 25 ao 30 de setembro Pontevedra volverá a acoller unha nova edición do TEK FEST. Un evento que este ano terá como temática central a tecnoloxía e o patrimonio. O obxectivo desta cita é situar a Pontevedra na vangarda tecnolóxica.
  • Centos de persoas realizan a súa ofrenda a San Bieito de Lérez "o máis milagreiro"
    Pontevedra> Pontevedra viviu o seu festivo local, o seu San Bieito, con moito ambiente e actividade na cidade. O mosteiro acolleu a centos de persoas que lle realizaron ao santo as súas peticións, e mercaron o aceite milagreiro para curar as verrugas. Ao mesmo, tempo a playa fluvial de Lérez acolleu a romaría na que se reparte máis de 1500 kilos de mexillóns e outros tantos de empanada, todo de balde.
  • Pontevedra postúlase como candidata para acoller o Europeo de Loitas Olímpicas
    Pontevedra> A Federación Internacional de Loita visitou esta mañá as instalacións de Pontevedra para acoller o Europeo Junio de 2019. A cidade do Lérez é candidata oficial e compite con outras dúas localidades de Moldavia e Polonia. En marzo do 2018 saberemos qué lugar acollerá esta cita deportiva.
  • Comeza a preparación da décima edición de Culturgal
    Pontevedra> Os días 1-2-3 de decembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a décima edición do Culturgal. Unha edición especial que chegará dúas novidades, a primeira: a presenza de Portugal neste evento, e a segunda: a creación dun espazo expositivo de arte contemporánea.
HomePONTEVEDRA18-19 de marzo Campionato Galego por equipos en Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook