• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O alcalde recibe a visita dos máis pequenos do SEK

Mar 16 Escrito por 
Pontevedra> O alcalde de Pontevedra tivo unha reunión especial nesta xornada. Os alumnos de primeiro de educación infantil visitaron as instalacións do concello e tiveron a oportunidade de falar co alcalde. Lores faloulles sobre as similitudes que hai entre un cole e un concello e tamén respostou a todas as preguntas que, estes pequenos xornalistas, tiveron nesta xornada.
Os alumnos de 3 e 4 anos do colexio SEK tiveron a oportunidade de coñecer esta mañá o concello de Pontevedra e de falar co alcalde. Lores explicoulles en primeiro termo como funciona a administración que él dirixe. Ademais o alcalde tamén lles respotou as preguntas que estes pequenos xornalistas tiveron nesta xornada... a primeira como se arranxan unha estada en mal estado? E outra das preguntas que lle fixeron é coñecer cal é o libro preferido do alcalde que non se amosou moi concreto na súa elección. Unha mañá diferente para estes pequenos que estiveron de visita no concello de Pontevedra. Unha xornada onde ademais o alcalde lles agasallou a cada un cun puzle dos Bolechas.
Etiquetado como Pontevedra    Recepción    sek    Alcalde    concello de pontevedra   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Ferrería acolle ata este domingo a "Festa dos libros"
    FESTA DO LIBRO 2017> Esta mañá quedou inaugurada a primeira edición da Festa dos Libros na Praza da Ferrería, en Pontevedra. Unha cita na que participan 13 librarías da cidade do Lérez e que conta con máis actividades dende hoxe e ata o domingo 25 de xuño. Unha cita apta pata todos os públicos e máis que recomendada para os amantes da literatura.
  • Pontevedra suma un novo premio ao seu modelo urbano
    Pontevedra> Pontevedra suma un novo premio á súa colección polo seu modelo de cidade. Nesta ocasión é a Asociación Española para a Xerencia dos Centros Urbanos á que premia a Boa Vila pola peonalización do centro histórico. O concello irá acompañado a Asociación Zona Monumental para recoller este galardón o 10 de xullo en Valencia.
  • 101 anos de traballo e de vida
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra entregoulle esta mañá un ramo de flores a Manuela Pazos, unha veciña da cidade que hoxe cumpre 101 anos. Ten 5 netos, 3 bisnetos e, nun mes, terá o seu primeiro tataraneto. Manuela di que o seu desexo, no seu día de aniversario, é poder ver e vivir nun mundo mellor.
  • O mellor waterpolo galego darase cita esta fin de semana en Pontevedra
    Pontevedra> O sábado 24 de xuño, as piscinas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, acollerá o campionato Galego Cadete Mixto de waterpolo. Unha cita que disputarán o Pontevedra, o Santiago, o Coruña e o Marina de Ferrol. O gañador desta competición irá directo ao Campionato Nacional.
  • As obras de melloras chegan a Mollabao
    Pontevedra> O concelleiro de Ordenación do Territorio, en Pontevedra, presentou esta mañá a reforma urbana de Mollabao. Trátase dun estudo que tería como fin humanizar o primeiro tramo da PO-546, na vella estrada a Marín. Estre tramo, duns 600 metros, contará cun investimento por parte do concello de preto de 3 millóns de euros.
  • Oito estudantes do IES Sánchez Cantón finalistas nos premios TeenTech 2017
    Pontevedra> Oito alumnos do Instituto Sánchez Cantón, de Pontevedra, chegan á final dos premios TeenTech 2017. Unha final que terá lugar en Londres o vindeiro 26 de xuño. Trátase de dous equipos. O da ESO presentará un proxecto de farol solar e os de Bacharelato un micrófono direccional pensado para persoas con deficiencias auditivas.
HomePONTEVEDRAO alcalde recibe a visita dos máis pequenos do SEK Top of Page

Síguenos en facebook