• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O alumnos do Valle Inclán metéronse na pel dun invidente a través do goalball

Mar 17 Escrito por 
Pontevedra> Os alumnos do Instituto Valle Inclán practicaron nesta tarde un deporte diferente, o goalball. Trátase dunha disciplina creada para persoas cegas que consiste en seguir a traxectoria da pelota a través do sentido auditivo. Os estudantes deste centro, puideron practicar este deporte cunhas gafas opacas que non lles permitía ter visión.
Concienciar e sensibilizar aos estudantes, ese é o principal obxectivo que busca a actividade que alumnos de primeiro de Bacharelato do Valle Inclán realizaron esta tarde. O deporte que practicaron é o Goalball,un deporte paralímpico que practican as persoas que non teñen visión. Consiste en seguir a pelota a través do sentido auditivo porque estes alumnos contaton con gafas opacas que non lles permitía ver. Dende este instituto tiveron claro dende un comezo o importante que é para os seus alumnos practicar este deporte co fin de que sexan conscientes doutras realidades. O xogo consiste en dous equipos conformados por tres persoas cada un deles. Dende unha área e sen moverse o que tira ten que tentar encaixar un gol ao equipo rival e o equipo rival tentar para o balón a través do sentido auditivo. E os alumnos quedaron sorprendidos, sentíronse perdidos e en moitos momentos e inseguros. Esta práctica que realizaron estes estudantes do Valle Inclán é moi recomendada para poder sentir e vivir como unha persoa sen visión. Para poder visibilizar de primeira man que son un máis da socidade, que poden practicar deporte e que se o precisan debemos prestar a nosa axuda no noso día a día.
Etiquetado como goalball    Deporte    paralimpico    cegos    persoas sen vision    pracitca    sensibilizar   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Venres, 17 Marzo 2017 18:03

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Ramiro Carregal promove dúas das regatas máis destacadas do calendario galego
    SANTIAGO> Como cada ano, Santiago de Compostela foi o lugar escollido para presentar as dúas regatas promovidas polo empresario ribeirense, Ramiro Carregal. O 27 e 28 de maio desputarase o Gran Trofeo Faro de Corrubedo entre Portosín e Ribeira mentres que o día tres de xuño é a data escollida para a Regata Frinsa.
  • Triatlón solidario contra o cancro
    BOIRO> Boiro acollerá en xuño o Primeiro Triatlón Solidario organizado pola empresa Ecosport en colaboración coa Fundación contra a leucemia Josep Carreras e a Asociación Española contra o cancro.
  • Ribadumia encherase de bailaríns o vindeiro 30 de abril
    RIBADUMIA> A música e os bailes volverán a Ribadumia o vindeiro 30 de abril en Ribadumia. O IV Trofeo de Baile Deportivo de Ribadumia Btroula encherá vila de bailaríns e ritmos melódicos cun evento que a bo seguro será do agrado de todo aquel que acuda o Pavillón de A Senra na vila.
  • Poio móvese polo deporte cun investimento de máis de 200 mil euros
    Pontevedra> Poio móvese polo Deporte cun investimento de máis 220 mil euros para este 2017. A concelleira desta área presentou esta mañá a programación deportiva ata o mes de outubro nas diferentes parroquias do concello. Marga Caldas destacou a especial atención que nestas contas se lle presta ao deporte base.
  • O Open de Natación e a Copa de España de Piragüísmo converten a Pontevedra na capital do deporte
    Pontevedra> Pontevedra foi a capital do deporte nacional na fin de semana. Pontemuíños está a acoller, dende o sábado, o campionato de España de natación. Un evento onde Mireia Belmonte conseguiu a súa praza para os Mundiais de Budapest. E ademais, o río Lérez, foi o escenario da Copa de España de piragüismo na modalidade de medio maratón.
  • Ribeira acolle este venres o VI Torneo Panos Brancos contra a Droga
    RIBEIRA> Ó redor de douscentos escolares participarán na sexta edición do Torneo Panos Brancos contra a droga. A xornada, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, celebrarase este venres en Ribeira. A principal novidade é a incorporación de catro probas de atletismo.
HomePONTEVEDRAO alumnos do Valle Inclán metéronse na pel dun invidente a través do goalball Top of Page

Síguenos en facebook