09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Galo Fodorico xa ten data e hora para o seu enterro

Mar 22 Escrito por 
POIO> Este sábado 25 de marzo as 20:00 horas teñen unha cita en Poio. O Enterro do Galo Fodorico porá fin o entroido poiense. Fodorico Augusto Bastante finou aos 29 anos de idade e será incinerado o vindeiro 25 de marzo na praza de Arís en Poio. Así os poienses porán fin ao entroido deste 2017.
O cortexo fúnebre sairá da praza do Mosteiro e rematará coa incineración na praza de Arís, onde terá lugar a lectura do testamento. Posteriormente haberá unha verbena na hora de Fodorico, a cargo do Trío Azabache e unha degustación de chourizo, orella e costela por 3 euros. Outro punto forte desta celebración ten que ver coa Festa do Choqueiro. Sinalar que para todos os que queiran haberá autobuses que sairán dende o convento pasando polos Canos, Vilanoviña, castiñeira e Cruce do Palomar ata Arís, onde haberá instalada unha gran carpa.
Etiquetado como Poio    Entroido    Cultura    Festas   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Mércores, 22 Marzo 2017 20:02

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Manuel ruíz recibe o broche dos bos e xenerosos
    RIBEIRA> A Asociación O Ferrado de Asados entregou o broche dos bos e xenerosos ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. A entrega tivo lugar no acto de clausura da exposición ‘Primeira Década das Letras’ na biblioteca municipal.
  • O PP reclama unha estratexia de difusión turística para o Bosque de Colón, en Poio
    POIO > O PP de Poio denuncia a “falta de interese” do goberno local para dinamiza-lo coñecido como Bosque de Colón, un espazo natural que celebra o seu 25 aniversario. Os populares cren que o parque, cunha curiosa plantación de 500 secuoias, podería ser outro polo de atracción para o turismo da vila. Hai agora 25 anos nacía o Bosque de Colón, un pintoresco espazo natural con vistas á ría de Pontevedra que conmemoraba o 500 aniversario do descubrimento de América. Dende alí, precisamente chegaron a Poio as 500 secuoias vermellas californianas plantadas neste monte. Foi un agasallo do goberno dos Estados Unidos, aprobado polo Congreso e o Senado daquel país, para conmemorar a chegada de Colón ó continente americano. Un cuarto de século despois, o aniversario deste parque pasou desapercibido. Así o denuncia, polo menos, o PP da localidade. Os populares lamentan que os actos conmemorativos durante os últimos meses foron moi discretos. Cren que o goberno local debería ter impulsado algún tipo de iniciativa para dar a coñece-lo Bosque e incentiva-lo turismo non só de Poio, senón que tamén de todas as Rías Baixas. Reclaman tamén unha estratexia de difusión da zona, como un bo complemento para os grandes polos de atracción de visitantes, como Combarro ou Raxó. O 2017 en Poio está a ser o ano do bosque de Colón, despois de que o PP levase a pleno a moción ata en tres ocasións.
  • Rafael Torres presenta as súas Esencias de Pontevedra
    Pontevedra> O xornalista Rafael Torres presentou no Café Moderno o seu traballo Esencias de Pontevedra. Un libro que recolle as crónicas máis evocadoras da primeira metade do século XX en Pontevedra a través de feitos relevantes que marcaron unha época da Boa Vila.
  • Desfile de premiados na gala de clausura da Mostra de Curtas
    NOIA> A decimo oitava edición da Mostra de Curtas de Noia chegou esta fin de semana á súa fin. A preestrea da serie ‘Fariña’ celebrada o sábado e a gala de entrega de premios do venres puxeron o broche de ouro a unha edición que bateu récord de participación e de asistentes.
  • Este sábado arranca en Lousame a segunda edición do Festimaxia
    LOUSAME> A partir do dezaoito de novembro, a maxia inundará Lousame. A casa da Cultura acollerá a segunda edición do Festimaxia co espectáculo de catro grandes magos de referencia en toda Galicia.
  • O Festival de Curtas Armadiña xa quenta motores
    Pontevedra> O concello de Poio xa está listo para acoller a décimo terceira edición do Festival de Curtas Armadiña 2017. Unha cita que arrincará o vindeiro luns 13 e que se desenvolverá ata o 19 deste mes. Dende a organización destacaron que se trata da edición máis completa e innovadora. Este ano, este festival, está incluído por primeira vez nas principais citas do audiovisual galego que potencian dende a Deputación.
HomePONTEVEDRAO Galo Fodorico xa ten data e hora para o seu enterro Top of Page

Síguenos en facebook