• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Música galega, en galego e de todos os estilos para o Galegote Rock

Mar 24 Escrito por 
PONTEVEDRA> A música galega e en galego volverá tomar Pontevedra. Os días 27, 28 e 29 de abril a sexta edición do Galegote Rock encherá diferentes zonas e prazas da capital. Un evento que este ano terá, incluso, cervexa propia. Música galega en galego e de todos os estilos. Esta é a proposta que por sexto ano consecutivo trae a Pontevedra o seu festival Galegote Rock. A cita será os días 27, 28 e 29 de abril, enchendo locais, rúas e xardíns de música de calidade en directo. A praza de Santa María, a da Peregrina ou a de San Francisco converteranse en escenarios. Tamén a de Curros Enríquez, que acollerá a actuación do cabeza de cartel. Terbutalina, Atrás Tigre, Mike Grelo e Curmán, Oh! Ayatollah ou Eladio y los Seres Queridos, son algúns dos grupos que farán soar os seus temas neste Galegote Rock, que celebra os seus seis anos de vida estreando marca de cervexa. O Galegote tamén chegará á Praza da Pedreira, que se converterá no centro neurálxico do festival. Mercadiño de cervexas artesanais, postos de vinilos, actividades para os nenos e diferentes propostas gastronómicas , estarán durante todo o sábado 29.
Etiquetado como Pontevedra    concello de pontevedra    galegote rock    festival   
Publicado en CULTURA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Festa do Mar, a polo selo de Interese Turístico na 17ª edición
    POIO> A Festa do Mar sopra xa dezasete velas. A cita volve un ano máis coa súa aposta, que mestura gastronomía, tradición e música para todos os públicos. Esta edición, ademais, o concello de Poio intentará obter o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. A mellor gastronomía e os mellores produtos do mar volverán darse a man no concello de Poio. A Festa do Mar cumpre a súa décimo sétima edición cun obxectivo en mente: conseguir o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Esta edición celebrarase entre o mércores 23 e o domingo 27 de agosto. Durante estes días, Combarro será o centro de actividades, cun programa no que destaca o concerto de David Civera o día da inauguración na praza da Chousa. O 24 será a quenda do Festifolk, que o 25 dará paso a unha das citas máis agardadas, o Festival Armadiña Rock cos Herdeiros da Crus. O orzamento será semellante ao de anos anteriores: 200 mil euros. Este ano os stands gastronómicos saíron a concurso público, aínda que o concello resérvase dous que servirán ameixas e mexillóns da ría. Tamén se repetirá a concentración de embarcacións tradicionais, á que asistirán preto de 30 barcos.
  • Pontevedra está de festa!!!
    Pontevedra> Na fin de semana tivo lugar o pistoletazo de saída das Festas da Peregrina en Pontevedra. A empresaria Conchi Pereiro foi a encargada de ler o pregón que deu pe a esta Semana Grande. Na súa intervención defendeu o modelo de cidade da Boa Vila, e tamén reivindicou o papel da muller na sociedade actual.
  • O Aquí Cántase reúne a máis de mil persoas
    Pontevedra> Máis de mil persoas congregou a primeira edición do Aquí Cántase en Pontevedra. Unha cita que ten como obxectivo principal potenciar os cánticos máis tradicionais galegos. Dende o concello fixeron un balance máis que positivo desta cita, da que din, repetirán seguro o vindeiro ano.
  • Axenda completa para a primeira misión comercial do Concello
    Pontevedra> Esta mañá a concelleira de Promoción da Cidade de Pontevedra presentou a axenda que a delegación da capital galega terá na súa misión en México. Unha cita que terá lugar a finais deste mes de agosto e que contará cunha intensa axenda con máis de 40 reunións.
  • Itineranta baixa o telón cun éxito de participación
    Pontevedra> A oitava edición de Intineranta pechou as súa portas en Pontevedra. Unha cita que unha vez máis conseguiu abraiar a pequenos e maiores co espectáculo de rúa que tiveron lugar ao longo desta semana. Música en directo e animación foron os principais protagonistas deste evento, sen dúbida un dos pratos fortes do panorama cultural pontevedrés no verán.
  • O Princesa de Asturias de Piragua rematará na Ponte do Burgo en Pontevedra
    SANXENXO> A 40ª edición do Trofeo Princesa de Asturias volve, o 15 de agosto, por segundo ano consecutivo a Portonovo, dende onde se organiza. Este ano os protagonistas serán Sanxenxo e Combarro (concello de Poio) dende onde saíran as diferentes categorías de xeito simultáneo, para rematar a proba na Ponte do Burgo en Pontevedra.
HomePONTEVEDRACULTURAMúsica galega, en galego e de todos os estilos para o Galegote Rock Top of Page

Síguenos en facebook