• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O edil de Turismo declarará por posibles irregularidades na Festa do Mar

Mar 30 Escrito por 
POIO> O edil de Turismo de Poio terá que prestar declaración por presuntas irregularidades na contratación dos postos da Festa do Mar. O grupo municipal do BNG compareceu ao completo para arroupar a Xosé Luís Martínez, que terá que declarar no xulgado o vindeiro 4 de maio a raíz dunha denuncia do Partido Popular. O xuíz investiga un posible delito de prevaricación administrativa. O grupo municipal do BNG de Poio compareceu en bloque para arroupar a Xosé Luís Martínez. O edil de Turismo terá que prestar declaración ante o xuíz do xulgado de instrucción número 2 o vindeiro 4 de maio por presuntas irregularidades na contratación dos nove postos da Festa do Mar de 2014. O xuíz investiga un posible caso de prevaricación administrativa. Iso si, dende o goberno insisten que o auto non pon en dúbida que houbera favoritismos ou enriquecemento nas concesións. Tanto o edil de turismo como o rexedor insistiron que o goberno está a colaborar na investigación, aberta a raíz dunha denuncia do Partido Popular. Os nacionalistas acusaron ao PP de xudicializar a política e de recorrer á chantaxe. Arroupado polos seus compañeiros, Martínez asegurou estar tranquilo, e non ten previsto dimitir.
Etiquetado como Pontevedra    Poio    Xosé Luís Martínez    Festa do Mar   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Xoves, 30 Marzo 2017 20:51

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O xerente do CHOP ten claro que "a nova lei de saúde reforzará o papel dos hospitais da nosa comarca"
    Pontevedra> Dende a xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra teñen claro que a nova lei de saúde que lanzan dende a Xunta de Galicia beneficiará tanto a cidade do Lérez como ao Salnés. Trátase , segundo José Ramón Gómez, dunha normativa que reforza o papel dos hospitais na nosa comarca.
  • O PP Local reúnese co Comité de Empresa de Elnosa
    Pontevedra> O PP de Pontevedra mantivo unha reunión co delegado do comité de Empresa de Elnosa. O fin de este encontro é o de escoitar en primeira persoa a situación dos traballadores desta empresa, e pedir aos políticos a continuidade desta cloreira, sempre e cando cumpra coa normativa europea.
  • A vangarda tecnolóxica darase cita na II Edición do Tek Fest
    Pontevedra> Do 25 ao 30 de setembro Pontevedra acollerá a segunda edición do Tek Fest. Unha cita que este ano terá como obxectivo unir o pasado, o presente e o futuro a través das novas tecnoloxías. O Patrimonio será o eixo central no que se basearán este evento centrado na vangarda tecnolóxica.
  • Os robots cobran vida no Instituto da Xunqueira
    PONTEVEDRA> O instituto Xunqueira 2 de Pontevedra vén de incorporar neste curso o libro dixital nas súas aulas, e os alumnos están a traballar con kits de robótica, programación e impresión 3D. Son parte das accións de Edudixital 2020, a estratexia da Consellería de Educación. Esta mañá Román Rodríguez quixo comprobar en persoa a súa posta en práctica no instituto pontevedrés. Os alumnos de 1º da ESO de Instituto Xunqueira 2 de Pontevedra, levan desde o pasado curso traballando nas aulas con kits de robótica, programación, e impresión 3D. Actividades pensadas para integrar as novas tecnoloxías no resto de materias escolares. Que qué isto? Mellor que nolo explique eles. O Centro pontevedrés incorporou tamén este ano o libro dixital, todas propostas enmarcadas na Estratexia galega para a educación dixital da Consellería de Educación. Esta mañá Román Rodríguez, visitou o instituto, foi partícipe dos traballos do alumnado, e salientou que o compromiso da Xunta cos coñecementos científicos na aula. O conselleiro subliñou a importancia de dar resposta ós desafíos educativos do futuro, un futuro no que eles terán moito que dicir.
  • A ría de Pontevedra tivo un 31% máis de tránsitos que en agosto de 2016
    PONTEVEDRA> Os peiraos autonómicos da provincia de Pontevedra recibiron 1.500 barcos en tránsito durante o mes de agosto, un 13 por cento máis que o ano pasado. E se falamos da Ría de Pontevedra, o aumento foi dun 31 por cento. Son algunhas das cifras máis destacadas que esta mañá ofreceu o Presidente de Portos de Galicia, no Balance dos Tránsitos de agosto. Os portos de titulariedade autonómica da provincia de Pontevedra recibiron 1.527 barcos en tránsito durante o pasado mes de agosto, segundo datos facilitados polos propios xestores das instalacións. O que supón un 13 por cento máis que o mes de agosto do 2016. UN crecemento que sentiu tamén nas Rías Baixas e a Nivel Autonómico. Así o transmitiu esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, desde as oficinas portuarias de Pontevedra. O porto de Combarro en Poio foi o que recibiu un maior número de tránsitos na provincia, doblando case a cifra do ano pasado. Outro dato salientable é o do impacto económicos que deixan estas embarcacións durante a súa estancia nos portos galegos e nas súas vilas. O presidente da entidade fixo unha valoración positiva deste crecemento constante, xa que a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural tal e como recolle o Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020.
  • O edifico xudicial da Parda estará listo para finais do 2018
    Pontevedra> Para finais do 2018 estará listo o novo edificio xudicial da Parda. Unha instalación que entrará en funcionamento, tal e como confirmou o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, a comezos do 2019. Esta mañá tocou visita oficial para coñecer de primeira man o estado das obras, levan certo retraso, pero dende a empresa construtora comprometéronse a cumprir os prazos.
HomePONTEVEDRAO edil de Turismo declarará por posibles irregularidades na Festa do Mar Top of Page

Síguenos en facebook