• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O concello destinará 400 mil euros para axudar ás familias máis necesitadas

Mar 31 Escrito por 
Pontevedra> O pleno do concello de Pontevedra aprobará a vindeira semana a renda social que lanzan dende Marea. Esta renda consiste en axudar as familias con ingresos inferiores a 572 euros mensuais, tería unha duración de un ano e un investimento de 400 mil euros por parte do Goberno Local.
A apoio do Grupo En Marea aos orzamentos do Goberno Local traía consigo algunha que outra petición. A primeira e principal, a creación dunha renda social para a axuda de familias cuxos ingresos non sexan suficientes para facer fronte as necesidades básicas. Cuxos ingresos non superen os 572 euros. Esta axuda ás familias será de caracter temporal con posible prorroga, dependerá do orzamento. Neste ano dende o concello destinarán 400 mil euros a esta renda social que permitirá dar axuda a 48 familias de Pontevedra. Trátase dunha prestación económica esencial para estas familias que contan con ingresos insuficientes para cubrir as necesidades básicas. Para poder percibir esta dotación económica non se pode estar recibindo ningunha outra axuda nin pensión contributiva, débese residir no concello de Pontevedra, ter máis de 18 anos, vivir nunha unidade familiar e ter ingresos por debaixo dos 572 euros mensuais. Esta medida irá ao pleno do vindeiro venres 7 de abril. Dende Marea agardan que a finais deste verán as familias podan estar percibindo xa esta renda social.
Etiquetado como marea    Emenda    concello de pontevedra    Pleno    orzamento    renda social    axuda familias   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Venres, 31 Marzo 2017 17:03

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A lonxa trasladarase á planta baixa do Mercado en 15 días
    Pontevedra> A concelleira de Mercados anunciou esta mañá que en 15 días baixarase a lonxa de pescados da praza de Abastos ao primeiro andar. Unha reubicación que terá un custe de 21 mil euros e que ten como fin reordenar os postos e dinamizar a praza de Pontevedra.
  • Este domingo comezan os directos da Banda de Música
    Pontevedra> Unha nova edición do Ciclo Butaca da Manda de Música de Pontevedra bota a andar este domingo. A cita será as 12:00 no Teatro Principal baixo o título “Grandes Oberturas”. Os concertos deste primeiro ciclo serán en fin de semanas alternos ata mes de xaneiro, que terán lugar os días 7 e 14.
  • O concello cree que ENCE está "despilfarrado" a auga do río Lérez
    Pontevedra> O concello de Pontevedra deixa de utilizar auga do Pontilllón ao constatar un incremento significativo do caudal do Lérez. Dende o Concello atribúen este incremento á empresa a Ence que, segundo Raimundo González, decidiu cortar o subministro tralas últimas novas vencelladas co abastecemento da auga.
  • Marea moi atenta á ordenanza de renda social para apoiar as contas do 2018
    Pontevedra> Esta mañá dende o grupo de Marea fixeron balance das emendas aos orzamentos municipais pactadas no seu momento, e que permitiron dar luz verde a estas contas no concello. Luis Rei recoñeceu que neste camiño hai moitas luces e algunha sombra, a principal, a renda social municipal.
  • O concello preséntalle aos veciños o novo acceso aos Campos
    Pontevedra>Os concelleiross de Obras e o delegado de Mourente mantiveron esta tarde unha reunión cos veciños para presentarlles o proxecto de novo acceso aos Campos dende Monte Porreiro. Uns traballos que terán un custe aproximado de máis de 1 millóns 137 mil euros e que contarán cun prazo de execución de 9 meses.
  • A falta de choivas obriga ao concello a reabrir o embalse do Pontillón
    Pontevedra> Debido á falta de choivas nos últimos días na nosa terra, en Pontevedra, dende a fin de semana reabriron o embalse do Pontillón co fin de abastecer a poboación trala baixada do caudal do río Lérez. Dende o concello envían unha mensaxe de tranquilidade, de momento, non hai problema de abastecemento, pero tamén piden a poboación que realicen un uso racional da auga.
HomePONTEVEDRAO concello destinará 400 mil euros para axudar ás familias máis necesitadas Top of Page

Síguenos en facebook