09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O PP asegura que a Fiscalía investiga un presunto delito na Festa do Mar do 2014

Mar 31 Escrito por 
POIO> O Partido Popular de Poio deu hoxe a súa visión das presuntas irregularidades na contratación da Festa do Mar do 2014. Onte o BNG anunciaba que o edil de Turismo terá que comparecer como investigado ante o xuíz que, segundo insistiu Ángel Moldes, está a investigar un posible delito de prevaricación. Os populares negaron que estean a buscar réditos políticos, e aseguraron que non pedirán a dimisión de Xosé Lois Martínez. Onte o BNG de Poio facía público que o seu edil de Turismo terá que comparecer ante o xuíz para dar conta de presuntas irregularidades na contratación da Festa do Mar do 2014. Os nacionalistas falaban dunha "cuestión menor". Algo que non convence ao Partido Popular. Foi unha denuncia do PP ante a Fiscalía a que orixinou a causa. A formación presentou informes nos que os técnicos municipais advirten de presuntas irregularidades nas contratacións. Agora, o Ministerio Público explica por que se alteraron os procedementos. Deste xeito, Moldes saíu á palestra para defender á formación das acusacións que onte lles lanzaba o BNG. O voceiro popular asegurou que xamais buscaron rédito político. Moldes acusou ao goberno de actuar con prepotencia, e asegurou que na Festa do Mar do 2016 volvéronse producir anomalías na contratación.
Etiquetado como Pontevedra    Poio    fiscalía    Partido Popular    Festa do Mar   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Buscan recadar fondos para a síndrome de deleción 1P36 coa venda de calendarios solidarios
    PONTEVEDRA > Xa está á venda o calendario solidario en beneficio dos nenos que padecen a síndrome de deleción 1P36. A iniciativa busca recadar fondos para os custosos tratamentos que reciben os pequenos afectados e tamén para incentiva-la investigación. Na iniciativa colabora a Deputación de Pontevedra. A síndrome de deleción 1P36 é unha enfermidade rara, baseada na perda no cromosoma 1, que leva a información máis importante do noso ADN. Isto fai que teñan moitos problemas no seu crecemento. Para darlle resposta a este problema e a custea-las caras probas médicas e a súa investigación, hai 2 anos creouse unha asociación da man de 5 familias da provincia de Pontevedra. Agora, o o colectivo lanzou un calendario solidario, cun título moi representativo. Na inciativa colabora a Deputación de Pontevedra. A súa presidenta demandou que se destinen máis recursos á investigación deste tipo de doenzas consideradas raras. O calendario solidario pódese mercar en Tui, Vigo e tamén en Boiro.
  • CCOO cre que o convenio de colaboración do Príncipe Felipe só serve “para saír do paso”
    PONTEVEDRA > Comisións Obreiras cre que o convenio de colaboración para a cidade infantil Príncipe Felipe, asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Xunta, só serve “para saír do paso”. Así o indicaron os responsables da central, que tamén aproveitaron para reclamar que o centro acolla máis menores. Dende Comisións Obreiras cren que o convenio entre a Xunta e a Deputación de Pontevedra é unha oportunidade perdida para buscar solucións ás moitas necesidades sociais dos concellos da provincia, tendo en conta –din- o número de familias desestruturadas ou con problemas de adaptación que poderían ter cabida no Príncipe Felipe. Entenden dende o sindicato o convenio foi pechado en falso e que, a día de hoxe, é un luxo manter o centro por baixo da súa capacidade. Segundo os datos achegados polo sindicato, das 274 prazas das que dispón o centro, só están ocupadas a día de hoxe 198. Demandan que o centro traballo ó 100% da súa capacidade, porque entenden que co mesmo gasto se poderían atender a moitos máis menores, xa que –segundo din- o número de traballadores se mantería. Segundo o acordo entre administración provincial e autonómica, dos máis de 10 millóns de euros orzamentados para o Príncipe Felipe, a Xunta vai aportar uns 780.000. O centro, dependente da Deputación de Pontevedra, comezará a rexerse polo novo convenio o un de xaneiro. Será a partir dese día cando a Xunta faga efectiva a súa renuncia a facer uso do Servizo da Unidade de Primeira Acollida e acate que os informes técnicos do persoal provincial sexan determinantes á hora de decidi-la entrada ou saída de menores do centro. Ademais, a partir do primeiro día de 2018, o Príncipe Felipe deixará de acoller menores violentos e conflitivos.
  • As Rías Baixas contaron cunha ocupación media do 50% na Ponte da Constitución
    Pontevedra> As Rías Baixas contaron cunha ocupación do 50 por cento na ponte da Constitución. Uns datos que se sitúan por debaixo do estimado. A cicloxénese explosiva Ana tivo a súa repercusión neste resultado. O Turismo rural acadou unha ocupación media do 35,14 por cento, 25 puntos máis que no mesmo período do 2016.
  • "Ana" permite que o Lérez conte cun caudal catro veces maior á media nesta época do ano
    Pontevedra> A cicloxénese explosiva Ana deixou 52 intervencións directas no concello de Pontevedra. O voceiro do Goberno Local informou de que se tratou, en todos os casos, de incidencias menores. E debido a este temporal, a situación da seca vaise recuperando, o caudal do río Lérez conta con 60,86 metros cúbicos segundo, catro veces máis que na mesma época o pasado ano.
  • O Goberno Local presentará unha queixa oficial á empresa encargada do alumeado
    Pontevedra> O alumeado de Nadal tampouco gusta no concello de Pontevedra. Dende o Goberno Local veñen de presentar unha queixa oficial á empresa encargada de dita iluminación. Un alumeado, que segundo Anabel Gulías, non cumpre coas expectativas dos pontevedreses.
  • O PP reclama unha estratexia de difusión turística para o Bosque de Colón, en Poio
    POIO > O PP de Poio denuncia a “falta de interese” do goberno local para dinamiza-lo coñecido como Bosque de Colón, un espazo natural que celebra o seu 25 aniversario. Os populares cren que o parque, cunha curiosa plantación de 500 secuoias, podería ser outro polo de atracción para o turismo da vila. Hai agora 25 anos nacía o Bosque de Colón, un pintoresco espazo natural con vistas á ría de Pontevedra que conmemoraba o 500 aniversario do descubrimento de América. Dende alí, precisamente chegaron a Poio as 500 secuoias vermellas californianas plantadas neste monte. Foi un agasallo do goberno dos Estados Unidos, aprobado polo Congreso e o Senado daquel país, para conmemorar a chegada de Colón ó continente americano. Un cuarto de século despois, o aniversario deste parque pasou desapercibido. Así o denuncia, polo menos, o PP da localidade. Os populares lamentan que os actos conmemorativos durante os últimos meses foron moi discretos. Cren que o goberno local debería ter impulsado algún tipo de iniciativa para dar a coñece-lo Bosque e incentiva-lo turismo non só de Poio, senón que tamén de todas as Rías Baixas. Reclaman tamén unha estratexia de difusión da zona, como un bo complemento para os grandes polos de atracción de visitantes, como Combarro ou Raxó. O 2017 en Poio está a ser o ano do bosque de Colón, despois de que o PP levase a pleno a moción ata en tres ocasións.
HomePONTEVEDRAO PP asegura que a Fiscalía investiga un presunto delito na Festa do Mar do 2014 Top of Page

Síguenos en facebook