• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Open de BTT chega este sábado a Poio

Abr 03 Escrito por 
Pontevedra> O sábado 8 de abril o concello de Poio acollerá o IX Open Galicia de BTT. Unha cita puntuable no Open e na que participarán os mellores especialistas galegos desta disciplina. Dende a organización conta con preto de 150 ciclistas nas categorías de cadete, junior, sub-23 e master masculina e feminina.
A parroquia de Samieira, en Poio, xa está lista para acoller o Open Galicia de BTT. Un referente do ciclismo galego no que participarán os mellores desta disciplina e será ademais puntuable dentro do Open. L Dende a organización conta con preto de 150 ciclistas nas categorías de cadete, junior, sub-23 e master masculina e feminina. O circuíto conta con 7 quilómetros de percorrido, tendo que completar na primeira carreira tres voltas ao mesmo e na proba absoluta cinco, ata facer a cifra de 35 quilómetros en total. As inscricións, só para deportistas federados, poden formalizarse ata o xoves día 6 de abril na web da Federación Galega de Ciclismo.
Etiquetado como Poio    btt    Ciclismo    open    samieira   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP de Poio denuncia o abandono do Pazo Besada
    POIO> O Partido Popular de Poio quere coñecer o proxecto do concello para o Pazo Besada. A formación denuncia que a emblemática finca está nun estado de abandono, e que os traballos de restauración levan sete anos paralizados. Dende o goberno, pola súa banda, recoñecen que dotar o pazo de contido é unha tarefa pendente. O alcalde asegurou que pretenden retomar os traballos no 2019, aínda que non se marcan prazos. O Partido Popular de Poio denunciou o abandono do Pazo Besada, na parroquia de San Salvador. De feito, os populares levarán a pleno unha pregunta para coñecer os plans que ten o goberno para o edificio. O concello recuperou o pazo e os edificios anexos grazas a un convenio urbanístico, no que a promotora das 150 vivendas da urbanización próxima comprometíase a restauralo. Finalizados os traballos no exterior, agora está pendente rematar o interior; actuación que o goberno recoñece como unha tarefa pendente. Os populares tamén denunciaron que, ata que presentaron a solicitude de visita, o estado do Pazo Besada e do entorno era de total abandono. Unha situación que, aseguran, se repite en toda a parroquia de San Salvador. Neste tempo o concello si que rematou a recuperación de dous dos edificios do conxunto do Pazo: a casa da familia que se encargaba de gardalo, que actualmente acolle a oficina do OMIX e xuventude, e a antiga biblioteca. Aínda non actuaron na antiga cocheira.
  • Un cerqueiro afúndese tras colidir cunha batea entre a illa de Tambo e Combarro
    POIO> Dramático suceso o que acontecía a pasada madrugada en Combarro. Un cerqueiro afundíase na ría de Pontevedra despois de colidir cunha batea, por causas que aínda se descoñecen, no entorno das 04:30 da mañá. A tripulación do Nuevo Marcos estaba formada por cinco veciños moi coñecidos da parroquia poiense de Campelo.
  • Falecen tres mariñeiros poienses ao afundirse a súa embarcación fronte a Combarro
    POIO> O afundimento cobrouse a vida de tres dos seus cinco tripulantes. Foi no entorno das 10:00 da mañá cando se localizou a nave afundida a uns 15 metros de profundidade polos buzos da Garda Civil. A pesar disto non foi ata o medio día cando o corpo sen vida do último dos tripulantes que faltaba por aparecer chegou a terra escoltado polos GEAS da Garda Civil.
  • A Xunta comezará os trámites para a senda peonil que une Covelo con Raxó
    PontevedraO> A Xunta de Galicia expropiará os terreos en Poio para construír a senda peonil e ciclista na PO-308. Unha obra que terá un percorrido de 4,4 kilómetros que irán dende Covelo ata Raxó. O investimento estimado para estes traballo é de 2,2 millóns de euros. Unha senda peonil que se comezará a construír a comezos do vindeiro 2018.
  • Poio móvese polo deporte cun investimento de máis de 200 mil euros
    Pontevedra> Poio móvese polo Deporte cun investimento de máis 220 mil euros para este 2017. A concelleira desta área presentou esta mañá a programación deportiva ata o mes de outubro nas diferentes parroquias do concello. Marga Caldas destacou a especial atención que nestas contas se lle presta ao deporte base.
  • Poio, disposto a pagar o custo das expropiacións para mellorar a PO-308
    POIO> Continúan as reaccións trala morte do ciclista o pasado domingo nun atropelo na PO-308. Hoxe, foi o goberno de Poio o que esixiu medidas urxentes de seguridade viaria nesta estrada de titularidade autonómica. Aseguran que a cesión voluntaria dos terreos que pretende o goberno galego non é operativa, así que reclaman á consellería que comece as expropiacións. Un proceso que o concello de Poio está disposto a sufragar. Deste xeito, expresábase a alcaldesa en funcións de Poio para reclamar á Xunta que actúe na PO-308, da súa titularidade. Dende os anos 90 as queixas pola falta de seguridade nesta vía sucédense, e reaviváronse este domingo tralo atropelo mortal dun ciclista. O goberno poiense reclama á Xunta medidas urxentes de seguridade viaria. Aseguran que ata o de agora o executivo autonómico escudouse na falta de terreos, pero o concello reclama que se encarguen dos trámites de expropiación. Besada e Barreiro volveron reclamar unha vía alternativa á estrada da costa. Unha opción que na década dos 90 se plantexara cunha estrada pola saia do Monte Castrove. Finalmente, executaron a autovía do Salnés, que non conseguiu solucionar o problema da PO-308. A falta de beirarrúas, beiravías e de pasos de peóns son outras das cuestións que preocupan ao executivo local que denuncia que as súas peticións de reunións aínda non tiveron resposta dende a Xunta.
HomePONTEVEDRAO Open de BTT chega este sábado a Poio Top of Page

Síguenos en facebook