• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Nova viaxe solidaria do Club de Xadrez de Pontevedra aos campos de refuxiados

Abr 03 Escrito por 
Pontevedra> A escola de Xadrez de Pontevedra creará un segundo centro no campo de refuxiados en Xordania. Nesta ocasión a viaxe será do 6 ao 17 de abril. Neste ano a delegación levará material escolar cedido por 8 centros da provincia.
A Escola de Xadrez de Pontevedra viaxará un ano máis ao campo de refuxiados de Azraq, en Xordania, onde crearán o segundo centro neste espazo. Este ano ademais dende a Escola levarán material de Xadrez, e un debuxo para cada un dos nenos que están no campo e material escolar cedido por 8 centros da provincia e baixo o lema cor, lapis e goma=un sorriso. Dende a escola de xadrez dixeron o importante que é achegar esta disciplina aos pequenos, pero sobre todo, aos maiores que pasan moitas horas neste campo de refuxiados sen ningunha actividade que facer máis que comida para os seus pequenos. Este mércores 5 de abril a partir das sete da tarde dende a escola de xadrez de Pontevedra organizarán un acto no Casino Mercantil co fin de expoñer todo o material que se vai a levar a esta viaxe ao campo de refuxiados en Xordania.
Etiquetado como viaxe    campo refuxiados    xordania    azraq    club de xadrez de pontevedra   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Gran presenza de Pontevedra na inauguración de Expopymes en México
    Pontevedra> Primeiro día de traballo expedición comercial do Concello de Pontevedra en México. A cidade do Lérez foi unha das capitais protagonistas da inauguración da feira Expopymes na Cidade de México. O modelo de cidade de Pontevedra foi o eixo principal da intervención do rexedor pontevedrés neste acto inaugural.
  • A Mancomunidade do Salnés leva a Cidade Europea do Viño ata Alemaña
    CAMBADOS> A esta hora xa está en Alemaña unha comitiva da Mancomunidade do Salnés e do concello de Cambados, para presentar xuntos durante estes días á capital do Albariño como Cidade Europea do Viño. Esta promoción internacional terá como escenario a Kieler Woche, o evento náutico máis relevante do norte de Europa. Antes de partir, contábannos a relevancia da viaxe. Desde hai anos a Mancomunidade do Salnés visita ó importante colectivo de emigrantes da comarca que hai na localidade alemaña de Kiel, e este ano, con máis motivos aínda, fará o mesmo. Desta volta, cun dobre obxectivo, xa que se presentará Cambados como Cidade Europea do Viño ante os millóns de persoas que asisten á Kieler Woche. Unha das festas náuticas máis grandes do mundo. Unha mostra máis do apoio que presta a Mnacomunidade ó concello cambadés, desde o primeiro momento que se soubo do nomeamento da vila como Cidade Europea do Viño. Algo que quixo volver a agradecer durante a presentación da viaxe, o tenente de alcalde Xosé Ramón Abal, que destacou tamén a relevancia desta promoción internacional para Cambados . Antes de partir rumbo a Alemaña, onde estarán ata o sábado, Abal lembrou, para todos aqueles interesados en gozar deste novo servizo do Enobus, que inclúe visitas a bodegas e experiencias enoturísticas, que desde hoxe poden mercarse os tickets nas oficinas de turismo de toda a comarca.
  • O Senado Mexicano convida ao concello para que presente o seu modelo de cidade
    Pontevedra> O secretario da Comisión de Desenvolvemento Urbano do Senado de México visitou hoxe o concello de Pontevedra. O fin deste encontro, co alcalde e a concelleira de Promoción da cidade, é o de concretar a axenda institucional da viaxe, que a comisión pontevedresa, realizará ao país azteca a finais de agosto.
  • A escola de xadrez de Pontevedra xa está no campo de refuxiados de Azraq
    Pontevedra>A escola de xadrez de Pontevedra comezou hoxe a súa viaxe ao campo de refuxiados de Xordania. Unha iniciativa onde tamén se involucraron 7 centros escolares da provincia. Na pasada noite o Casino Mercantil foi o lugar elixido para amosar todo o material que dende esta escola xa están levando rumbo a Azraq.
HomePONTEVEDRANova viaxe solidaria do Club de Xadrez de Pontevedra aos campos de refuxiados Top of Page

Síguenos en facebook