• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A lección desta xornada: a prevención dos lumes

Abr 05 Escrito por 
Pontevedra> Os alumnos do CEIP de Tenorio coñeceron de primeira man o funcionamento da base aérea de defensa contra incendios do Campiño, en Pontevedra. Unha visita onde os profesionais deste espazo concienciaron, a estes estudantes, do importante que é previr os lumes ao longo de todo o ano.
Preto de 500 escolares da provincia pasan ao longo do ano pola base aérea de defensa contra incendios do Campiño, en Pontevedra. Hoxe tocoulles a quenda aos estudantes do CEIP de Tenorio. O obxectivo destas visitas é o de concienciar aos máis novos da importancia que ten prever os lumes. E os máis pequenos encantados con esta visita, o grande favorito da xornada, o helicóptero. O alcalde de Cerdedo e Cotobade e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén coincidiron en afirmar o importante que é concienciar aos nenos da prevención de incendios. Unha visita onde os pequenos puideron coñecer máis sobre a importante función que desenvolven estes profesionais na extinción de incendios. Dende a Xunta anunciaron que na época estival Pontevedra contará con 3 bases para helicópteros e con máis de 5 mil efectivos que loitarán contra o lume.
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • 140 millón de euros para un Gran Montecelo "de todos e para todos"
    Pontevedra> Presidente da Xunta de Galicia, conselleiro de Sanidade e xerente do CHOP presentaron esta tarde o plan funcional de Montecelo. O Gran Montecelo converterase nun espazo que ocupará 118 500 hectáreas e contará con numerosas melloras. Entre elas, as urxencias estará unificadas para todos os ámbitos neste centro, haberá UCI pediátrica, radioloxía, as consultas externas pasarán de 227 a 280, nas urxencias de 61 postos a 117 e no número de camas pasarán de 600 a 720 das que o 60 por cento será individuais. O fin deste centro hospitalario é reoganizar os servizos e os profesionais para crear un hospital de futuro. O presidente pola súa banda amosou o seu compromiso firme e aposta por este Gran Montecelo. Un proxecto ao que se destinarán soamente en construcción 140 millóns de euros. Con estes traballos Feijóo asegurou que ten un contrato asinado coa Boa Vila. O alcalde de Pontevedra pola súa banda fixo un balance positivo deste proxecto funcional do que se queda co compromiso da Xunta de converter nunha realidade este Gran Montecelo. Uns traballos que comezarán previsiblemente a comezos do 2019, con esta previsión o Gran Montecelo convertirase nunha realidade no 2021.
  • Ata o 6 de agosto poden desfrutar da artesanía de Chalana
    Pontevedra> O paseo de Odriozola, en Pontevedra, acolle ata o 6 de agosto a décima edición da Feira Atlántica da Artesanía e do Deseño, Chalana 2017. Unha feira onde poderán atopar traballos artesanais en madeira, prata, coiro ou la. Aínda lles quedan moitos días por diante para desfrutar desta cita onde poderán atopar produtos moi orixinais.
  • Teconoloxía e patrimonio para un Tek Fest de vangarda
    Pontevedra> Do 25 ao 30 de setembro Pontevedra volverá a acoller unha nova edición do TEK FEST. Un evento que este ano terá como temática central a tecnoloxía e o patrimonio. O obxectivo desta cita é situar a Pontevedra na vangarda tecnolóxica.
  • Centos de persoas realizan a súa ofrenda a San Bieito de Lérez "o máis milagreiro"
    Pontevedra> Pontevedra viviu o seu festivo local, o seu San Bieito, con moito ambiente e actividade na cidade. O mosteiro acolleu a centos de persoas que lle realizaron ao santo as súas peticións, e mercaron o aceite milagreiro para curar as verrugas. Ao mesmo, tempo a playa fluvial de Lérez acolleu a romaría na que se reparte máis de 1500 kilos de mexillóns e outros tantos de empanada, todo de balde.
  • Pontevedra postúlase como candidata para acoller o Europeo de Loitas Olímpicas
    Pontevedra> A Federación Internacional de Loita visitou esta mañá as instalacións de Pontevedra para acoller o Europeo Junio de 2019. A cidade do Lérez é candidata oficial e compite con outras dúas localidades de Moldavia e Polonia. En marzo do 2018 saberemos qué lugar acollerá esta cita deportiva.
  • Comeza a preparación da décima edición de Culturgal
    Pontevedra> Os días 1-2-3 de decembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a décima edición do Culturgal. Unha edición especial que chegará dúas novidades, a primeira: a presenza de Portugal neste evento, e a segunda: a creación dun espazo expositivo de arte contemporánea.
HomePONTEVEDRAA lección desta xornada: a prevención dos lumes Top of Page

Síguenos en facebook