• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Queda inaugurada a área para autocaravanas e campers en Pontevedra

Abr 06 Escrito por 
Pontevedra> Hoxe quedou inaugurada a área de autocaravanas e campers da cidade de Pontevedra. Un espazo totalmente equipado con capacidade para 20 vehículos. Dende a Asociación Galega de Autocaravanas organizaron unha Asamblea Nacional para vindeiro sábado 15 de abril. Unha cita que achegará a capital de provincia máis de 100 vehículos destas características.
O parking de autocaravanas e campers de Pontevedra xa está listo. Un espazo totalmente equipado que contará con 20 prazas para estes vehículos. Dende o concello saldan con esta inauguración unha débeda co turismo de autocarvanas. Un turismo que segundo o alcalde e o presidente da asociación, dará moitas alegrías a cidade de Pontevedra. A estancia máxima neste espazo para autocaravanas e campers será de 72 horas, de 3 días. Dende esta xornada xa se poden utilizan estas instalacións. A inauguración oficial será o vindeiro sábado 15 de abril celebración en Pontevedra da Asamblea Nacional de Autocaravanas que achegará á cidade máis de 100 destes vehículos. O fin deste evento, traer un retorno económico a Pontevedra agradecendo o espazo que se crea para as autocaravanas.
Etiquetado como autocavanas    campers    Pontevedra    Inauguración   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Xoves, 06 Abril 2017 17:37

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Duras críticas do PP ao Goberno Local pola falta de xestión no Servizo de Axuda ao Fogar
    Pontevedra> Este mércores, 18 de outubro, vence a prórroga do contrato asinado coa empresa Clece para o Servizo de Axuda no Fogar. Dende o PP denunciaron esta mañá este feito e dixeron que se trata dun exemplo máis de que o BNG non ten os deberes feitos en tempo e forma.
  • O PP presentará unha moción para revitalizar o mercado de Estribela
    Pontevedra> O PP de Pontevedra levará unha moción ao pleno co fin de recuperar a Praza de Abastos de Estribela. Dende as filas populares piden que en lugar de derrubar o mercado, se potencie a súa función. E pola súa banda dende o Goberno Local insisten que van a relizar o acordado e demandado polo consello parroquial, Demetrio Gómez dixo alto e claro que son os propios veciños os que queren un salón de actos neste espazo.
  • Dende a Deputación sinten unha "profunda desolación" polo que está acontecendo nos montes galegos
    Pontevedra> O gabinete de crise posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, na madrugada do sábado. continúa activo. Esta mañá, a presidenta e vicepresidente desta administración, compareceron en rolda de prensa para dar conta da situación na que se atopa a provincia trala vaga de lumes que asola a nosa comunidade. Ambos mandatarios dixeron sentir unha profunda desolación polo que está sucedendo nos montes galegos.
  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Xornada de arte inclusiva na Casa Azul
    Pontevedra> A concellería de Benestar Social centra este ano o programa Hefesto no mundo da arte a través de creadores locais. Co título de arte inclusivo, este proxecto ten como fin promocionar a inclusión social e a participación activa de persoas con discapacidade na dinámica cultural da cidade. Neste venres a xornada estivo centrada no estudo escultórico do voo dun paxaro en escaiola.
  • Marea moi atenta á ordenanza de renda social para apoiar as contas do 2018
    Pontevedra> Esta mañá dende o grupo de Marea fixeron balance das emendas aos orzamentos municipais pactadas no seu momento, e que permitiron dar luz verde a estas contas no concello. Luis Rei recoñeceu que neste camiño hai moitas luces e algunha sombra, a principal, a renda social municipal.
HomePONTEVEDRAQueda inaugurada a área para autocaravanas e campers en Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook