• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A ocupación hoteleira chegará ao 75% nas Rías Baixas nesta Semana Santa

Abr 06 Escrito por 
Pontevedra> Dende a Deputación de Pontevedra agardan unha ocupación do 75 por cento para a Semana Santa nas Rías Baixas. A presidenta dixo esta mañá que se agarda a mellor Semana Santa dos últimos anos para a provincia. Concellos como os de Sanxenxo, Pontevedra ou O Grove estarán rozando o cheo durante este periodo vacacional.
Todo apunta a que a ocupación en Semana Santa nas Rías Baixas será todo un éxito. Dende a Deputación estiman unha ocupación do 75 por cento para este periodo vacacional. Ainda que a presidenta di que estes datos son moi prudentes. A maioría do turismo que chegará a nosa terra ao longo deste periodo vacacional farao a partir do xoves santo e será na meirande parte de España e Portugal. Concellos como os de Sanxenxo e o Grove estará practicamente cheos nesta Semana Santa. O concello de Pontevedra contará cunha ocupación do 100 por 100 ata o día 12, grazas en boa medida ao campionato de Natación Absoluta que esta fin de semana acolle a cidade do Lérez. O turismo rural chegará ao 66 por cento de ocupación. A posible borrasca que está preto de Galicia terá moito que dicir nos resultados finais desta tempada, con todo, dende a Deputación, agardan que as Rías Baixas vivan unha das mellores Semana Santa dos últimos anos.
Etiquetado como Pontevedra    ocupacion    Semana Santa    vacaciones    Turismo    turismo rias baixas    Rías Baixas   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Moreira cree que "Lores está atormentado e o Goberno Local descoordinado"
    Pontevedra> Dende o PP local de Pontevedra criticaron duramente a xestión nestes dous anos de mandato de Lores na cidade do Lérez. Jacobo Moreira cree que nos atopamos ante un alcalde atormentado e un goberno descoordinado. O líder dos populares di que Pontevedra leva dous anos perdidos e esa será a tónica xeral do restante de lexislatura.
  • Pontevedra é, nestes días, a "capital" da cidade dos nenos
    Pontevedra> A primeira hora da mañá, a presidenta e o vicepresidente da Deputación, recibían no Pazo Provincial aos participantes no encontro da rede española de Cidades dos nenos. 22 concellos de toda España danse cita neste evento, que ten como fin, aumentar a autonomía dos nenos tanto dende o punto de vista educativo como do espazo urbano.
  • A parroquia de San Vicente contará cunha réplica da moeda Xacobea
    Pontevedra> A Presidenta da Deputación asinou esta mañá un convenio coa parroquia de San Vicente do Grove. O fin desta sinatura é o de elaborar unha réplica da moeda xacobea atopada no xacemento de Adro Vello. A Escola de Cantería será a encargada de elaborar esta réplica de 1,20 metros de diámetro, para o xardín da Igrexa.
  • O PP de Poio denuncia o abandono do Pazo Besada
    POIO> O Partido Popular de Poio quere coñecer o proxecto do concello para o Pazo Besada. A formación denuncia que a emblemática finca está nun estado de abandono, e que os traballos de restauración levan sete anos paralizados. Dende o goberno, pola súa banda, recoñecen que dotar o pazo de contido é unha tarefa pendente. O alcalde asegurou que pretenden retomar os traballos no 2019, aínda que non se marcan prazos. O Partido Popular de Poio denunciou o abandono do Pazo Besada, na parroquia de San Salvador. De feito, os populares levarán a pleno unha pregunta para coñecer os plans que ten o goberno para o edificio. O concello recuperou o pazo e os edificios anexos grazas a un convenio urbanístico, no que a promotora das 150 vivendas da urbanización próxima comprometíase a restauralo. Finalizados os traballos no exterior, agora está pendente rematar o interior; actuación que o goberno recoñece como unha tarefa pendente. Os populares tamén denunciaron que, ata que presentaron a solicitude de visita, o estado do Pazo Besada e do entorno era de total abandono. Unha situación que, aseguran, se repite en toda a parroquia de San Salvador. Neste tempo o concello si que rematou a recuperación de dous dos edificios do conxunto do Pazo: a casa da familia que se encargaba de gardalo, que actualmente acolle a oficina do OMIX e xuventude, e a antiga biblioteca. Aínda non actuaron na antiga cocheira.
  • Os deputados populares culpan á Deputación da rotura do tripartito de Sanxenxo
    PONTEVEDRA> A rotura do goberno tripartito de Sanxenxo continúa de actualidade. Esta mañá pronunciáronse dende o Partido Popular Provincial, que non dubidan en sinalar á Deputación como responsables desta crise. Para o PP, as risas, os insultos e, aseguraron, a prepotencia do bipartito provocaron a fin do acordo de goberno. Os deputados populares non dubidan en sinalar ao goberno da Deputación de Pontevedra como o responsable da rotura do tripartito de Sanxenxo. Arévalo respaldou a postura de Gonzalo Pita sobre a obra da avenida Luís Rocafort; proxecto que foi o detonante dos desencontros entre os socios de goberno. Pola contra, acusou ao bipartito de rirse e insultar ao aínda rexedor de Sanxenxo. Os deputados aseguraron que Pita solicitara unha reunión na Deputación que non se atendeu. Descartan que a rotura viñera dada polo desacordo na construción de 19 prazas de aparcadoiro na avenida Luis Rocafort. Tamén esixiron ao goberno provincial que deixe de buscar responsable no Partido Popular, e que atenda a unha provincia que, aseguraron, está descontenta e decepcionada.
  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
HomePONTEVEDRAA ocupación hoteleira chegará ao 75% nas Rías Baixas nesta Semana Santa Top of Page

Síguenos en facebook