09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O pleno aproba a modificación de crédito de 2,7 millóns de euros

Abr 07 Escrito por 
Pontevedra> O pleno de Pontevedra aprobou a modificación de crédito de 2,7 millóns de euros co apoio do grupo En Marea. Dende o PP, PSOE e Cuidadanos cren que esta modificación non é necesaria, e coinciden ao afirmar, que a cidade ten carencias máis urxentes que as incluídas en dita modificación.
O Goberno Local puido sacar adiante a súa modificación de crédito de 2,7 millóns de euros co apoio do grupo En Marea. A emenda parcial que presentaron dende o PSOE non saiu adiante. Luis Rei deu o visto bo a modificación que presentaron dende as filas nacionalistas e que inclúe a renda social básica e a incorporación ao transporte metropolitano que de demandaban dende esta agrupación. As críticas máis sonoras desta modificación son o 1,2 millóns de euros destinados ao inmoble de Ferreiros e os 420 mil á compostaxe. Dende o PP quen cree que esta modificación é unha sinal da ineficiencia do Goberno Local. Dende o PSOE cren que mercar un inmoble de 1,2 millóns de euros non é algo moi de esquerdas. E dende Ciudadanos opinan que esta modificación de crédito non é nada urxente para a cidade de Pontevedra. Con todo con 13 votos a favor e once en contra esta modificación de crédito quedou aprobada no pleno da corporación.
Etiquetado como Pleno    Pontevedra    modificacion de credito   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Venres, 07 Abril 2017 17:58

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A sentenza do TSXG deixa, unha vez máis, aberta a contrución de crematorios na cidade
    Pontevedra> Os crematorios de Pontevedra volven á palestra. A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a modificación do PXOM aprobada para frear a instalación de crematorios na cidade é, segundo a concelleira de Urbanismo, un problema para a capital do Lérez e sobre todo para os veciños. Unha sentenza, que segundo Gulías, deixa a Pontevedra peor que ao principio de todo este proceso.
  • A Deputación presenta un orzamento que "amosa a saúde económica desta administración"
    Pontevedra>156,9 millóns de euros, ese será o orzamento do vindeiro ano para a Deputación de Pontevedra. Unhas contas que xa se lle presentaron aos grupos da oposición e que serán aprobadas o vindeiro martes nun pleno extraordinario. Carmela Silva e César Mosquera dixeron esta mañá que están orgullosos destas cifras, que amosan, unha vez máis, a saúde económica, da que din, goza a Deputación.
  • O PSOE non se ve reflexado no borrador dos orzamentos do 2018
    Pontevedra> Esta mañá o concelleiro de Economía e a tentente de alcalde reuníronse co voceiro do PSOE para analizar o borrador dos orzamentos para o 2018. Agustín Fernández di que con estas contas, onde non se ve reflexado o seu partido, dificilmente votarán a favor. O voceiro socialista presentou esta mañá unha serie de propostas e de momento non impón ningún tipo de liña vermella.
  • Pontevedra xa está lista para celebrar o Black Friday
    Pontevedra> Pontevedra xa está lista para celebrar un dos días máis agardados do mes de novembro, o black Friday. Moitas tendas xa teñen os descontos ao longo desta semana, outras comezarán o venres 24. Con todo na rúa son moitos os que están organizando as súas compras para desfrutar deste día de rebaixas.
  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
HomePONTEVEDRAO pleno aproba a modificación de crédito de 2,7 millóns de euros Top of Page

Síguenos en facebook