• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Open de Natación e a Copa de España de Piragüísmo converten a Pontevedra na capital do deporte

Abr 10 Escrito por 
Pontevedra> Pontevedra foi a capital do deporte nacional na fin de semana. Pontemuíños está a acoller, dende o sábado, o campionato de España de natación. Un evento onde Mireia Belmonte conseguiu a súa praza para os Mundiais de Budapest. E ademais, o río Lérez, foi o escenario da Copa de España de piragüismo na modalidade de medio maratón.
Fin de semana de actividade intensa para o deporte na cidade do Lérez. O Complexo Deportivo Rías do Sur está a acoller dende o sábado a decimo oitava edición do Campionato nacional de natación Open de Primavera. Unha cita onde Mireia Belmonte, gran estrela deste evento, logrou a praza para os Mundiais de Budapest e fíxoo coa mellor marca mundial do ano nos 400 estilos. Centos de persoas están a encher nestes días a bancadas en Pontemuíños. Un evento que pechará mañá as suas portas e para os que de momento soamente Mireia Belmonte e Jessica Val conseguiron praza dende Pontevedra para o mundial de Budapest. Ademais desta cita coa natación, o río Lérez, acolleu o sábado II Open Cidade de Pontevedra, Copa de España de piragüismo na modalidade de medio maratón. Unha cita na que participaron máis de 600 padexeiros inscritos en 61 clubs de todo o estado. O triunfo quedou na casa e a escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra levou o título gañador por equipos tras sumar 395 puntos entre todas as categorías.
Etiquetado como open natacion    media maraton piraguismo    Deporte    pontemuinos    lerez    copa de espana   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomePONTEVEDRAO Open de Natación e a Copa de España de Piragüísmo converten a Pontevedra na capital do deporte Top of Page

Síguenos en facebook