• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Investigan por homicidio imprudente ao condutor que atropelou a dous ciclistas en Poio

Abr 11 Escrito por 
POIO> O condutor octoxenario que o pasado domingo atropelaba a dous ciclistas en Poio, causando a morte dun deles, será investigado como suposto autor dun delito de homicidio imprudente. Como primeira medida, ten retirado o seu permiso de conducir. O importante tránsito de vehículos que rexistra esta estrada, e segundo coinciden políticos, deportistas e viandantes, a falta de medidas de seguridade, propician que esta vía se atope no centro da polémica cando sucede un feito como o de este domingo na parroquia de Samieira, cando un vehículo arrolou a dous ciclista causando a morte dun deles. O condutor de 82 anos está sendo investigado como autor dun presunto delito de homicidio imprudente, polo momento e de maneira preventiva, ten retirado o permiso de conducir. A Garda Civil ademais propuxo unha revisión extraordinaria para a realización dun exame psicotécnico. Uns controis cos que se pretende valorar si o condutor pode continuar conducindo vehículos despois de verse implicados nun accidente. Segundo datos facilitados pola Garda Civil, na provincia propuxéronse recoñecementos deste tipo a 10 condutores no 2014, 18 en 2015 e a 29 no primeiro semestre de 2016.
Etiquetado como Seguridade viaria    Tráfico    Poio    morte    Falecidos    Sucesos Accidentes   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Martes, 11 Abril 2017 16:15

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Festa do Mar, a polo selo de Interese Turístico na 17ª edición
    POIO> A Festa do Mar sopra xa dezasete velas. A cita volve un ano máis coa súa aposta, que mestura gastronomía, tradición e música para todos os públicos. Esta edición, ademais, o concello de Poio intentará obter o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. A mellor gastronomía e os mellores produtos do mar volverán darse a man no concello de Poio. A Festa do Mar cumpre a súa décimo sétima edición cun obxectivo en mente: conseguir o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Esta edición celebrarase entre o mércores 23 e o domingo 27 de agosto. Durante estes días, Combarro será o centro de actividades, cun programa no que destaca o concerto de David Civera o día da inauguración na praza da Chousa. O 24 será a quenda do Festifolk, que o 25 dará paso a unha das citas máis agardadas, o Festival Armadiña Rock cos Herdeiros da Crus. O orzamento será semellante ao de anos anteriores: 200 mil euros. Este ano os stands gastronómicos saíron a concurso público, aínda que o concello resérvase dous que servirán ameixas e mexillóns da ría. Tamén se repetirá a concentración de embarcacións tradicionais, á que asistirán preto de 30 barcos.
  • A IX edición do Armadiña Rock xa quenta motores
    Pontevedra> Combarro xa está listo para acoller unha noiva edición, e xa van 9, do Armadiña Rock. Unha cita que se desenvolverá do 25 ao 27 de agosto e acollerá concertos da talla de Heredeiros da Crus, Ruxe Ruxe ou Def con Dos. Todos as citas serán de balde, incluída tamén a acampada na Reiboa.
  • Último intento para evitar a folga de lixo en Poio
    Pontevedra> Os empregados da empresa Valoriza, a encargada do servizo do lixo en Poio, comezarán unha folga indefinida de recollida de lixo a partir do 16 deste mes. Mañá terán a última oportunidade de chegar a un acordo coa empresa. O punto de encontro estará nun aumento do soldo entre un 4 e 5 por cento, o que suporía un total de 70 euros ao mes para cada un dos 16 traballadores.
  • As rúas Alameda e Raíña Vitoria pechan o tráfico para preparar a Peregrina
    Pontevedra> Con motivo das festas da Peregrina, e como ben sendo tradicional , esta noite a partir das once, quedarán pechadas ao tráfico asas rúas Raíña Victoria e Alameda. Unha medida que se manterá durante 17 días, ata o 23 deste mes.
  • O PP solicita un pleno extraordinario para debater a baixada do IBI
    POIO> O Partido Popular de Poio quere abordar a regularización catastral nun pleno extraordinario. A formación presentou hoxe a solicitude trala asemblea veciñal celebrada o domingo. Ángel Moldes busca o apoio da corporación para conseguir unha rebaixa do IBI e bonificacións no rural. O Partido Popular de Poio quere abordar a regularización catastral nun pleno extraordinario. Esta mañá, o voceiro Ángel Moldes presentou a solicitude no rexistro, despois de conseguir o apoio dos veciños que asistiron á asemblea celebrada o pasado domingo. Actualmente, o IBI en Poio sitúase nun 0,47, pero a lei permite rebaixalo ata un 0,40. Na súa proposta, tamén solicitan bonificacións no rural. Na sesión plenaria, Moldes buscará o apoio da maioría da corporación para sacar adiante a súa proposta que, asegurou, é construtiva. O voceiro popular explicou que o pleno debería estar convocado nun prazo de quince días.
  • Polémico pleno en Poio con protestas dentro e fóra do concello
    POIO> Polémico pleno o de onte en Poio coa ausencia do PP e a protesta dos traballadores de Valoriza. a empresa adxudicataria do servizo de limpeza, que anunciaron no pleno unha folga de recollida do lixo a partir do día 16, tras romperse a negociación coa dirección da empresa. O pleno deste mércores en Poio estivo marcado pola polémica. Por unha banda, o grupo popular decidía non asistiron á sesión alegando que o concello, liderado polo nacionalista Luciano Sobral, se negara a facilitar ó PP os documentos recibidos por rexistro, polo que sospeitan que están a ocultar información, tal e como nos explicou o voceiro, Ángel Moldes. Moldes explicou que a decisión de non acudir é unha responsabilidade de cara ós veciños, xa que de asistir ó pleno cobrarían aínda que se levantasen ós dous minutos de comezar a sesión. Protestas fóra da casa consistorial, e protestas dentro. Ademais da ausencia dos populares, o pleno estivo marcado pola protesta dos traballadores de Valoriza, a empresa encargada da recollida do lixo e limpeza viaria de Poio. Empregados e representantes sindicais acudiron ó pleno con pancartas nas que reclamaban un convenio xusto. A estas alturas continúan rotas as conversas coa empresa e os representantes sindicais decidiron iniciar unha folga na limpeza que tal e como anunciaron onte comezará o próximo 16 de agosto se non se resolve o conflito. O principal punto de desacordo atópase en relación cunha paga extra, que estes traballadores sinalan que reciben todos os empregados da limpeza e que a eles négaselles.
HomePONTEVEDRAInvestigan por homicidio imprudente ao condutor que atropelou a dous ciclistas en Poio Top of Page

Síguenos en facebook