09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Dende a protectora Os Palleiros axudan a Barroco a saír adiante

Abr 11 Escrito por 
Pontevedra> Barroco, o can que chegou o domingo a protectora Os Palleiros evoluciona favorablemente. Tratase dun can que viña con feridas moi graves, provocadas por unha pelexa, e que deixaron abandonado ás portas deste local. Dende esta protectora, solicitan a colaboración dos cidadáns para tentar identificar o dono do animal e poder denuncialo ante a Garda Civil.
Chegou o domingo con graves feridas no seu corpo froito dunha pelexa, o can foi abandonado nas inmediacións do centro de acollida Os Palleiros e dende o primeiro momento xa se puxeron a traballar para melloras o seu estado de saúde. As feridas son moi graves e nunha das patas conta cunha gran infección. Con todo dende a protectora agardan que evolucione favorablemente. A mensaxe nesta xornada é clara, dende este centro de acollida Os Palleiros, solicitan a colaboración dos cidadáns para tentar identificar o dono do animal e poder denuncialo ante a Garda Civil. Dende a protectora piden o máximo apoio social posible para condenar este tipo de prácticas salvaxes e evitar que se sigan realizando na actualidade.
Etiquetado como barroco    pelexa    feridas    centro acollida os palleiros    Abandono    can   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomePONTEVEDRADende a protectora Os Palleiros axudan a Barroco a saír adiante Top of Page

Síguenos en facebook