09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Concello e Deputación aunan o servizo de información ao turismo en Pontevedra

Abr 11 Escrito por 
Pontevedra> Concello de Pontevedra e Deputación provincial unifican o servizo de información turística de Pontevedra no Palacete das Mendozas. Dende estas dúas administracións agardan a incorporación do servizo da Xunta, co fin, din, de facilitar toda a información necesaria, e contar cun único punto para os visitantes da Boa Vila.
Concello e Deputación aunan esforzos e unifican o servizo de información turística no Palacete das Mendozas. A entrada da oficina municipal da Praza de España neste edificio é un primeiro paso que acredita o camiño de cooperación elixido por estas dúas administracións. Concello e Deputación agardan que pronto a Xunta se unifique para poder facilitar a todas as persoas que se acheguen a Pontevedra a mellor información, e contar así, desta maneira, cun punto único. O Concello mellorará a sinalización do Palacete das Mendozas co fin de dirixir o fluxo de visitantes dende as estación de tren, de autobuses e aparcamentos disuasorios da cidade. Unha medida, esta unificación do servizo de información turística, que se leva a cabo no seo da que será segundo Carmela Silva, unha das mellores semana santa para o turismo nas Rías Baixas
Etiquetado como palacete das mendozas    Turismo    informacion    concello    deputación   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP reclama unha estratexia de difusión turística para o Bosque de Colón, en Poio
    POIO > O PP de Poio denuncia a “falta de interese” do goberno local para dinamiza-lo coñecido como Bosque de Colón, un espazo natural que celebra o seu 25 aniversario. Os populares cren que o parque, cunha curiosa plantación de 500 secuoias, podería ser outro polo de atracción para o turismo da vila. Hai agora 25 anos nacía o Bosque de Colón, un pintoresco espazo natural con vistas á ría de Pontevedra que conmemoraba o 500 aniversario do descubrimento de América. Dende alí, precisamente chegaron a Poio as 500 secuoias vermellas californianas plantadas neste monte. Foi un agasallo do goberno dos Estados Unidos, aprobado polo Congreso e o Senado daquel país, para conmemorar a chegada de Colón ó continente americano. Un cuarto de século despois, o aniversario deste parque pasou desapercibido. Así o denuncia, polo menos, o PP da localidade. Os populares lamentan que os actos conmemorativos durante os últimos meses foron moi discretos. Cren que o goberno local debería ter impulsado algún tipo de iniciativa para dar a coñece-lo Bosque e incentiva-lo turismo non só de Poio, senón que tamén de todas as Rías Baixas. Reclaman tamén unha estratexia de difusión da zona, como un bo complemento para os grandes polos de atracción de visitantes, como Combarro ou Raxó. O 2017 en Poio está a ser o ano do bosque de Colón, despois de que o PP levase a pleno a moción ata en tres ocasións.
  • Bota a andar o plan de reequilibrio territorial da Deputación de Pontevedra
    PONTEVEDRA > Bota a andar o plan de reequilibrio territorial impulsado pola Deputación de Pontevedra. Esta mañá, a presidenta provincial reuniuse con rexedores e concelleiros dos muninicipios que se van beneficiar destes fondos, coa intención de resolver as súas dúbidas e informar sobre os pasos que deben seguir para non perder a subvención. Entre as condicións, uns prazos de cumprimento moi claros: o procedemento de licitación ten que estar iniciado antes do 30 de xuño de 2018 e as obras rematadas, a máis tardar, o 30 de xuño de 2019. En total, o ente provincial destinará unha partida de 15 millóns de euros en subvencións a 25 concellos de menos de 20.000 habitantes para que poidan impulsar proxectos singulares no seu termo municipal. A presidenta provincial entende que os fondos foron repartidos con obxectividade e que dan resposta a unha falta de equilibrio entre os concellos polas que cualificou de “políticas arbitrarias do pasado”. Este plan de reequilibrio territorial permitirá dar resposta a proxectos deportivos, sociais culturais e de ocio. No Grove, por exemplo, destinarán os cartos á financiar parte da construción do seu auditorio. Na illa de Arousa, mentres, van recuperar tres antigas vivendas modernistas e unha salazón para destinalas a usos socioculturais. Segundo os cálculos da Deputación, os convenios cos 25 concellos deberían quedar asinados antes de que remate o ano.
  • A Deputación presenta un orzamento que "amosa a saúde económica desta administración"
    Pontevedra>156,9 millóns de euros, ese será o orzamento do vindeiro ano para a Deputación de Pontevedra. Unhas contas que xa se lle presentaron aos grupos da oposición e que serán aprobadas o vindeiro martes nun pleno extraordinario. Carmela Silva e César Mosquera dixeron esta mañá que están orgullosos destas cifras, que amosan, unha vez máis, a saúde económica, da que din, goza a Deputación.
  • No 2018 comezarán as obras do novo acceso a Monte Porreiro
    Pontevedra> Deputación e concello prevén iniciar as obras do novo acceso a Monteporreiro nun prazo dun ano. Esta mañá Lores e Silva ratificaron o convenio de colaboración para a construción da nova estrada. Un proxecto mediante o cal a institución provincial financiará o 70 por cento mentres que o Goberno Local aportará o 30 por cento restante. A Deputación de Pontevedra e o concello de Pontevedra ratificaron hoxe o convenio de colaboración para a contrucción da nova estrada de acceso a Monteporreiro. Unha sinatura, por un valor de 1,5 millóns de euros dos cales o 70 por cento serán financiados pola Deputación e o 30 por cento restante polo concello. Un novo chanzo, tal e como dixo Lores, dentro dos compromisos da Deputación con Pontevedra. A Presidenta dixo esta mañá que esta convenio se enmarca dentro do protocolo de colaboración entre as dúas administracións a través do cal é o concello o que establece as súas prioridades e necesidades. Silva lembrou esta mañá que o ben de Pontevedra é o ben para a provincia xa que se trata dunha cidade que move moito a todos os concellos da zona. O proxecto conta cun investimento total de 1,5 millóns de euros e cun prazo de execución de 9 meses. Segundo anunciaron esta mañá as obras deberían comezar o vindeiro ano e o montante da cifra aboarase durante este ano, o 2018 e o 2019.
  • Ravella e Autoridade Portuaria, enfrontados novamente polo urbanismo
    VILAGARCÍA> Medra a fractura entre o concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria. En rolda de prensa, o alcalde informaba dunha carta da presidenta do Porto na que solicitaba información sobre o estado dos trámites que permitirían construír un hotel no peirao de O Ramal. Unha posibilidade que Alberto Varela volveu rexeitar de pleno. Despois, Sagrario Franco acusábado de deslealdade institucional, e aseguraba que a Autoridade cumprira con todas as condicións que se puxeran para permitir a construción deste hotel. O urbanismo volve enfrontar a concello de Vilagarcía e Autoridade Portuaria. Alberto Varela oponse de pleno á construción dun hotel no peirao de O Ramal. Varela responde así publicamente a unha carta da presidenta do Porto interesándose pola paralización do PXOM. A modificación puntual do Plan Específico do Porto tería que ir paralela a este documento e, segundo Sagrario Franco, sería positiva para todos. A presidenta denuncia que o concello non respondeu a ningunha das súas solicitudes de información sobre o estado dos trámites. Recorda que no ano 1998 o goberno local asinara un convenio no que se comprometía a contemplar no PXOM o uso hoteleiro dar parcela Concha-Ramal. Por iso, acusa ao concello de falta de lealdade institucional. Franco tamén criticou as xestións realizadas por Varela no Senado para a apertura da desembocadura do río de O Con. Segundo a presidenta, a concesión da nave de Ramón Moral foi prorrogada en precario, pendente da posta en parcha deste proxecto para o río.
  • O concello presenta un avance dos orzamentos deste ano, de 74 millóns de euros, e abertos a negociar coa Marea
    Pontevedra> O concello de Pontevedra presenta un avance dos orzamentos para o 2018 que chegan aos 74 millóns de euros. Dende o Goberno Local dixeron esta mañá, que unha vez pechado o borrador, presentarano á oposición e que lle darán prioridade a Marea, co fin de poder e aprobar estas contas no mes de decembro.
HomePONTEVEDRAConcello e Deputación aunan o servizo de información ao turismo en Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook