• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O 67,5% do estudantado da ESO navega por internet sen límites

Abr 11 Escrito por 
Pontevedra>Pontevedra ven de facer públicos os resultados do uso das novas tecnoloxías en estudantes da ESO. Un estudo realizado a través da concellería de Benestar Social que revela que o 67,5 por cento do estudantado navega por internet sen límites, e que o 24,9 por cento entraron en páxinas con contido erótico.
Dende a Concellería de Benestar Social do concello de Pontevedra veñen de dar a coñecer os datos sobre o uso das novas teconoloxía en estudantes da ESO nos centros de Pontevedra. Un estudo realizado a 2937 estudantes de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos. Este informe revela que o 85 por cento teñen conexión a Internet, que o 14,2 está conectado todo o día e que o 67.5 por cento navega por internet sen límites. Hai unha lei que non permite ter acceso ás redes sociais aos menores de 14 anos. Unha situación que se incumpre sistemáticamente segundo releva este estudo. Tendo en conta estes datos dende o concello van a poñer en marcha un curso para o profesorado sobre as condutas aditivas.
Etiquetado como Pontevedra    estudo    redes sociais    eso    navegar    Internet   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A parroquia de San Vicente contará cunha réplica da moeda Xacobea
    Pontevedra> A Presidenta da Deputación asinou esta mañá un convenio coa parroquia de San Vicente do Grove. O fin desta sinatura é o de elaborar unha réplica da moeda xacobea atopada no xacemento de Adro Vello. A Escola de Cantería será a encargada de elaborar esta réplica de 1,20 metros de diámetro, para o xardín da Igrexa.
  • O PP de Poio denuncia o abandono do Pazo Besada
    POIO> O Partido Popular de Poio quere coñecer o proxecto do concello para o Pazo Besada. A formación denuncia que a emblemática finca está nun estado de abandono, e que os traballos de restauración levan sete anos paralizados. Dende o goberno, pola súa banda, recoñecen que dotar o pazo de contido é unha tarefa pendente. O alcalde asegurou que pretenden retomar os traballos no 2019, aínda que non se marcan prazos. O Partido Popular de Poio denunciou o abandono do Pazo Besada, na parroquia de San Salvador. De feito, os populares levarán a pleno unha pregunta para coñecer os plans que ten o goberno para o edificio. O concello recuperou o pazo e os edificios anexos grazas a un convenio urbanístico, no que a promotora das 150 vivendas da urbanización próxima comprometíase a restauralo. Finalizados os traballos no exterior, agora está pendente rematar o interior; actuación que o goberno recoñece como unha tarefa pendente. Os populares tamén denunciaron que, ata que presentaron a solicitude de visita, o estado do Pazo Besada e do entorno era de total abandono. Unha situación que, aseguran, se repite en toda a parroquia de San Salvador. Neste tempo o concello si que rematou a recuperación de dous dos edificios do conxunto do Pazo: a casa da familia que se encargaba de gardalo, que actualmente acolle a oficina do OMIX e xuventude, e a antiga biblioteca. Aínda non actuaron na antiga cocheira.
  • Os deputados populares culpan á Deputación da rotura do tripartito de Sanxenxo
    PONTEVEDRA> A rotura do goberno tripartito de Sanxenxo continúa de actualidade. Esta mañá pronunciáronse dende o Partido Popular Provincial, que non dubidan en sinalar á Deputación como responsables desta crise. Para o PP, as risas, os insultos e, aseguraron, a prepotencia do bipartito provocaron a fin do acordo de goberno. Os deputados populares non dubidan en sinalar ao goberno da Deputación de Pontevedra como o responsable da rotura do tripartito de Sanxenxo. Arévalo respaldou a postura de Gonzalo Pita sobre a obra da avenida Luís Rocafort; proxecto que foi o detonante dos desencontros entre os socios de goberno. Pola contra, acusou ao bipartito de rirse e insultar ao aínda rexedor de Sanxenxo. Os deputados aseguraron que Pita solicitara unha reunión na Deputación que non se atendeu. Descartan que a rotura viñera dada polo desacordo na construción de 19 prazas de aparcadoiro na avenida Luis Rocafort. Tamén esixiron ao goberno provincial que deixe de buscar responsable no Partido Popular, e que atenda a unha provincia que, aseguraron, está descontenta e decepcionada.
  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
  • Máis de 1300 escolares participan nunha nova edición do Correlingua
    Pontevedra> Máis de 1300 rapaces percorreron as rúas de Pontevedra nunha nova edición do Correlingua. Unha carreira popular que este ano levou como lema “en gaego, sen cancelas” e na que participaron 20 centro de ensino da provincia. Unha cita organizada pola Mesa de Normalización Lingüística que ten como fin sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil, da importancia da defensa do galego.
  • O Museo de Pontevedra abre a cámara dos tesouros no seu día internacional
    Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar á luz todas as obras coas que conta este lugar da arte.
HomePONTEVEDRAO 67,5% do estudantado da ESO navega por internet sen límites Top of Page

Síguenos en facebook