• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Poio móvese polo deporte cun investimento de máis de 200 mil euros

Abr 18 Escrito por 
Pontevedra> Poio móvese polo Deporte cun investimento de máis 220 mil euros para este 2017. A concelleira desta área presentou esta mañá a programación deportiva ata o mes de outubro nas diferentes parroquias do concello. Marga Caldas destacou a especial atención que nestas contas se lle presta ao deporte base.
No concello de Poio presentaron esta mañá as actividades que as 5 parroquias que conforman este municipio terán nos vindeiros meses. Dende este concello deixaron sobre a mesa o incremento orzamentario que para o deporte destinan neste ano. Un incremento que se fai notable no deporte base cun aumento na partida orzamentaria de máis de 31 mil euros. Dende o concello de Poio agardan poder aprobar estas contas e partidas no pleno do vindeiro mes. A concelleira desta área dixo esta mañá que estas cifras deixan patente que Poio aposta e móvese polo Deporte.
Etiquetado como Poio    Deporte    actividade deportiva    parroquias    orzamento    partida para deportes   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • "Mesmas promesas, mesmos incumprimentos", así valora o PP de Poio a primeira metade de lexislatura
    Hoxe cúmprense dous anos das últimas eleccións autonómicas, e o Partido Popular de Poio quixo valorar esta primeira metade da lexislatura do goberno local, liderado polo BNG desde hai 22 anos. Para os populares nestes dous anos só houbo o mesmo que nas dúas décadas anteriores: mesma promesas, e mesmos incumprimentos. O mesmo que nos últimos 22 anos, iso é o que cre o Partido Popular de Poio que fixo o goberno local durante a primera metade da presente lexislatura. Ángel Moldes, voceiro dos populares de Poio, asegurou esta mañá nun almorzo informativo, que repasando un programa do ano 2007 do BNG, que goberna no concello desde hai 22 anos, atopamos as mesmas promesas incumpridas que existen hoxe en día. Moldes, quixo destacar algúns dos aspectos do concello que para os populares son máis urxentes e, segundo afirma, o goberno do nacionalista Luciano Sobral ten abadonados. Por exemplo, a depuradora. O voceiro popular lembrou que a Xunta comprometeuse a pagar a depuradora, pero é o concello o que debe buscar unha ubicación, para así evitar os peches de marisqueo que se están a padecer. Con respecto ó PXOM, asegura que ó haber por primeira vez unha dedicación exclusiva en urbanismo, cren que non debería ter desculpa o feito de non aprobalo este ano. E as outras dúas promesas incumpridas: as beirarrúas de Campelo e a PO 308. Ángel Moldes puxo en dúbida tamén a situación da coalición de goberno de BNG e PSOE. A xestión do Pazo de Besada, a transparencia, ou as axudas indirectas con algúns dos temas que tamén criticaron desde as filas populares, durante esta valoración da primeira metade da lexislatura do goberno loca, e aseguraron que o PP poiense seguirá a traballar polo veciños do municipio.
  • O PP de Poio denuncia o abandono do Pazo Besada
    POIO> O Partido Popular de Poio quere coñecer o proxecto do concello para o Pazo Besada. A formación denuncia que a emblemática finca está nun estado de abandono, e que os traballos de restauración levan sete anos paralizados. Dende o goberno, pola súa banda, recoñecen que dotar o pazo de contido é unha tarefa pendente. O alcalde asegurou que pretenden retomar os traballos no 2019, aínda que non se marcan prazos. O Partido Popular de Poio denunciou o abandono do Pazo Besada, na parroquia de San Salvador. De feito, os populares levarán a pleno unha pregunta para coñecer os plans que ten o goberno para o edificio. O concello recuperou o pazo e os edificios anexos grazas a un convenio urbanístico, no que a promotora das 150 vivendas da urbanización próxima comprometíase a restauralo. Finalizados os traballos no exterior, agora está pendente rematar o interior; actuación que o goberno recoñece como unha tarefa pendente. Os populares tamén denunciaron que, ata que presentaron a solicitude de visita, o estado do Pazo Besada e do entorno era de total abandono. Unha situación que, aseguran, se repite en toda a parroquia de San Salvador. Neste tempo o concello si que rematou a recuperación de dous dos edificios do conxunto do Pazo: a casa da familia que se encargaba de gardalo, que actualmente acolle a oficina do OMIX e xuventude, e a antiga biblioteca. Aínda non actuaron na antiga cocheira.
  • Ramiro Carregal promove dúas das regatas máis destacadas do calendario galego
    SANTIAGO> Como cada ano, Santiago de Compostela foi o lugar escollido para presentar as dúas regatas promovidas polo empresario ribeirense, Ramiro Carregal. O 27 e 28 de maio desputarase o Gran Trofeo Faro de Corrubedo entre Portosín e Ribeira mentres que o día tres de xuño é a data escollida para a Regata Frinsa.
  • Triatlón solidario contra o cancro
    BOIRO> Boiro acollerá en xuño o Primeiro Triatlón Solidario organizado pola empresa Ecosport en colaboración coa Fundación contra a leucemia Josep Carreras e a Asociación Española contra o cancro.
  • Un cerqueiro afúndese tras colidir cunha batea entre a illa de Tambo e Combarro
    POIO> Dramático suceso o que acontecía a pasada madrugada en Combarro. Un cerqueiro afundíase na ría de Pontevedra despois de colidir cunha batea, por causas que aínda se descoñecen, no entorno das 04:30 da mañá. A tripulación do Nuevo Marcos estaba formada por cinco veciños moi coñecidos da parroquia poiense de Campelo.
  • Falecen tres mariñeiros poienses ao afundirse a súa embarcación fronte a Combarro
    POIO> O afundimento cobrouse a vida de tres dos seus cinco tripulantes. Foi no entorno das 10:00 da mañá cando se localizou a nave afundida a uns 15 metros de profundidade polos buzos da Garda Civil. A pesar disto non foi ata o medio día cando o corpo sen vida do último dos tripulantes que faltaba por aparecer chegou a terra escoltado polos GEAS da Garda Civil.
HomePONTEVEDRAPoio móvese polo deporte cun investimento de máis de 200 mil euros Top of Page

Síguenos en facebook