• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Subdelegación do Goberno volverán a condecorar a Óscar Graña

Abr 18 Escrito por 
Pontevedra> A Subdelegada do Goberno en Pontevedra recibiu esta mañá a Óscar Graña. Unha recepción onde o comisario provincial, e a propia Subdelegada, anunciaron que Graña será proposto para unha nova condecoración polo seu novo rescate a unha muller no río Lérez.
O policía Nacional e campión do mundo e Europeo en piragüismo Óscar Graña, foi recibido esta mañá pola Subdelegada do Goberno en Pontevedra despois de que onte rescatase a unha muller no río Lérez. O axente recibiu a chamada persoal do Ministro de Interior para felicitalo pola súa acción. Nesta recepción o policía nacional foi acompañado polo comisario provincial quen deixou claro que Graña será proposto para unha nova condecoración por salvar a vida a unha segunda muller. E pola súa banda, a subdelegada do Goberno tamén anunciou que dende esta administración tamén se lle outorgará un novo distintivo a Óscar Graña. Graña tamén recibiu a felicitación da presidenta do Congreso e do xefe superior da Policía de Galicia.
Etiquetado como oscar grana    Rescate    Pontevedra    rio lerez    recepcion na subdelegacion do goberno   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os Festivais das Rías Baixas xa quentan motores
    Pontevedra> Esta fin de semana comezan os festivais Rías Baixas 2017. Unha cita que se inaugura co Atltantic Fest un evento que terá lugar os días 1-2 de xullo na Illa de Arousa. A presidenta da Deputación dixo que os festivais terán dous compromisos neste ano a sustentabilidade e a igualdade.
  • 101 anos de traballo e de vida
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra entregoulle esta mañá un ramo de flores a Manuela Pazos, unha veciña da cidade que hoxe cumpre 101 anos. Ten 5 netos, 3 bisnetos e, nun mes, terá o seu primeiro tataraneto. Manuela di que o seu desexo, no seu día de aniversario, é poder ver e vivir nun mundo mellor.
  • O mellor waterpolo galego darase cita esta fin de semana en Pontevedra
    Pontevedra> O sábado 24 de xuño, as piscinas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, acollerá o campionato Galego Cadete Mixto de waterpolo. Unha cita que disputarán o Pontevedra, o Santiago, o Coruña e o Marina de Ferrol. O gañador desta competición irá directo ao Campionato Nacional.
  • A Garda Civil reúne 2.000 litros de leite para o Banco de Alimentos
    PONTEVEDRA> "Ningún neno sen bigote". Esta é a determinación da Garda Civil de Pontevedra. A comandancia presentou esta mañá os máis de 2.000 litros de leite que conseguiron xuntar na campaña que puxeron en marcha, para garantir que os cativos das familias máis desfavorecidas teñan alimento tamén durante o verán. Na Comandancia de Pontevedra, a Garda Civil presumía hoxe dos resultados da súa campaña "Ningún neno sen bigote". Con 2.000 litros de leite conseguidos, axudarán a que os cativos das familias máis desfavorecidas teñan unha alimentación equilibrada tamén no verán, cando pechan os comedores escolares. A Benemérita decidiu sumarse á campaña organizada a nivel nacional pola Fundación La Caixa. Sumando unha tarefa máis, e moito máis gratificante, aos seus labores. Comercios, supermercados, particulares e incluso protectoras de animais colaboraron nesta campaña. Tamén os centros escolares. Non en van, os axentes aproveitaron en moitas ocasións as charlas que imparten aos nenos nos colexios para dar a coñecer a iniciativa. O leite foi entregado ao Banco de Alimentos, que se encargará agora de repartilo entre as familias máis necesitadas. Unha axuda que agradeceron ao Instituto Armado. Esta achega axudará á organización a manter o seu stock deste alimento, tamén no verán.
  • A recadación da 'Ponle Freno' destinarase a Pedaladas
    PONTEVEDRA> A Carreira Ponle Freno chega a Pontevedra. A cita, organizada polo Grupo Atresmedia, celebrarase o 1 de xullo, e busca promover a seguridade viaria. A recadación destinarase íntegramente á Asociación Pedaladas, para seguir adiante co proxecto “Ao INSTIen BICI”, para potenciar a educación viaria nos escolares. Pontevedra será o escenario da segunda carreira Ponle Freno. A cita naceu en Madrid no ano 2008 da man do Grupo Atresmedia, para concienciar da seguridade viaria. Dende hai dous anos percorre diferentes zonas de todo o Estado. A cita celebrarase o 1 de xullo, saíndo da praza de España ás 21.30. O percorrido será maioritariamente urbano, buscando que participe o maior número de corredores. As inscricións estarán abertas ata o 28 de xuño, a escoller entre dúas modalidades: 5 euros para os que opten polo percorrido de 5 quilómetros, e 10 para os que se animen co trazado de 10. O recadado destinarase íntegro á Asociación Pedaladas, para seguir adiante co seu programa “Ao INSTIenBICI”. A proba vén substituír á PonteNoite 5+5 no Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, sendo a quinta puntuable.
  • As obras de saneamento do Gafos arrincarán o vindeiro luns
    PONTEVEDRA> Xa hai data para o inicio das obras de saneamento do río Gafos. Os traballos comezarán o vindeiro luns 19 de xuño, segundo explicou o propio alcalde de Pontevedra despois dun encontró con representantes da asociación Vaipolorío. O proxecto conta cun orzamento de máis de 830.000 euros. O vindeiro luns 19 de xuño arrincarán as obras de saneamento do río do Gafos. O alcalde de Pontevedra fixo o anuncio tras un encontro con representantes da asociación de Vaipolorío, destacando a importancia desta actuación. O proxecto conta cun orzamento de máis de 830.000 euros, e inclúese nos convenios por saneamento asinados coa Deputación de Pontevedra. En concreto, instalaranse máis de 3.300 metros lineais de tubaxe, e actuarase nun total de 129 pozos. Todo cun prazo de execución de 9 meses. Dende Vaipolorío apuntaron que, aínda que se actúe no termo municipal de Pontevedra, tamén sería preciso intervir no de Vilaboa, completando o saneamento con máis actuacións río arriba.
HomePONTEVEDRAA Subdelegación do Goberno volverán a condecorar a Óscar Graña Top of Page

Síguenos en facebook