09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Xornada de loito no día Internacional da Bicicleta

Abr 19 Escrito por 
Pontevedra> Neste 19 de abril, conmemorase o día mundial da bicicleta, e con motivo desta xornada dende a Asociación Pedaladas, en Pontevedra, quixeron render homenaxe a Jorge Varcácel. O mozo que morreu hai pouco máis dunha semana na 308 froito da violencia viaria. Dende esta entidade demandan máis precaución e respecto aos condutores.
Neste 19 de abril conmemórase o día Mundial da Bicicleta. Unha xornada que tiveron moi presente dende diferentes entidades da cidade. A homenaxe nesta ocasión foi para Jorge Varcácel. O mozo que morreu hai pouco máis dunha semana na 308 froito da violencia viaria. En sinal de loito una bicicleta branca estará presente na saída da Catro Picos, unha carreira para a que Jorge estaba adestrando cando tivo o accidente. Os compañeiros de Jorge Varcácel piden ás administracións máis medios para que este tipo de sinistros non se volvan a producir. Dende estes colectivos leron un manifesto no que solicitan ao Concello de Poio que se faga unha campaña contra o estacionamento ilegal. A Xunta de Galicia lle piden tomar as medidas pertinentes para o calmado de tráfico con límites de velocidade correcto. E a Xefatura Provincial de tráfico que inicie unha campaña de concienciación entre os condutores de como se adianta a un ciclista legalmente, co fin de que se sancionen as condutas ilegais.
Etiquetado como dia mundial da bicicleta    reivindicacions    Seguridade    loito   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O acoso escolar e a violencia de xénero a debate en SERGA Sanxenxo
    SANXENXO> Este xoves impartíronse unhas xornadas sobre a violencia de xénero e o acoso escolar en Sanxenxo. Unha iniciativa privada, que se levou a cabo na sede de SERGA, e que se atopa dentro da programación creada para conmemorar os 30 anos da entidade de administración de fincas.
  • Efectivos da Policía Nacional reforzarán a seguridade en San Roque
    VILAGARCÍA> Boa sintonía entre concello de Vilagarcía e a subdelegación do goberno en Pontevedra. Esta mañá, Ravella acolleu a celebración da xunta de goberno local, na que o alcalde e a subdelegada do executivo abordaron, principalmente, o dispositivo de seguridade que se porá en marcha de cara a semana de festas de San Roque. Festa da Auga, Combate Naval, Festa da Ameixa de Carril ou Revenidas. Son algunhas das citas que Vilagarcía acollerá na semana das Festas de San Roque. Eventos, todos eles, multitudinarios, que van precisar da colaboración entre Policía Local e Policía Nacional para garantir a seguridade. Ravella acolleu esta mañá a celebración da xunta local de seguridade para analizar todas estas cuestións. A Subdelegación do Goberno xa comprometeu o seu apoio, que seguirá na liña de anos anteriores. Como novidade, de ser preciso non desbotan recorrer á escuadra de cabalería. No encontro abordaron tamén a situación e as carencias da Comisaría de Vilagarcía. Ortiz recoñeceu que non está ao 100% dos efectivos, pero confían nas novas ofertas de emprego público que se lanzarán a partires de xaneiro do 2018. Ortiz e Varela insistiron en que Vilagarcía é unha vila segura e, aínda que non concretaron datos, aseguraron que o nivel de criminalidade é semellante ao rexistrado noutras vilas das mesmas características. Tamén destacaron a boa sintonía entre as Policías Local e Nacional.
  • A Xunta Local de Seguridade constata o aumento dos roubos con forza en Ribeira
    RIBEIRA> A Xunta local de Seguridade de Ribeira reuniuse este mércores a petición da asociación de empresarios do municipio que solicita a toma de medidas ante o incremento de roubos. As estatísticas expostas durante a xuntanza revelan un aumento das infraccións penais nos últimos tres meses.
  • As reivindicacións do rural chegan ao pleno da Deputación
    Pontevedra> A nova plataforma veciñal O rural Existe estivo hoxe presente no Pleno da Deputación. Non tiveron a oportunidade de falar porque non o solicitaron en tempo e forma. Ante os medios dende esta plataforma lembran aos mandatarios que o rural ten moitas máis prioridades que a construción de lombos, din que seguridade sí pero saneamento tamén.
  • A seguridade en Sanxenxo, prioridade para o alcalde e a Subdelegada
    SANXENXO> A xunta local de seguridade reuniuse esta mañá en Sanxenxo. Subdelegada do goberno, alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local mantiveron un encontro para analizar a situación e as necesidades do municipio de cara o verán. Non en van, Sanxenxo multiplica por seis a súa poboación no verán, converténdose nun punto de atención prioritaria. A seguridade é unha prioridade para Sanxenxo. Tras vinte días na alcaldía, Telmo Martín convocou esta mañá a Xunta Local de Seguridade. Un encontro ao que asistiron a subdelegada do goberno, o alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local. No verán a vila multiplica por seis a súa poboación, un feito que a converte nun foco de atención para a Subdelegación do Goberno que, de ser necesario, non desbota incrementar os efectivos na zona. A Garda Civil traballa de xeito coordinado coa Policía Local, que a día de hoxe conta con 49 efectivos que garantirán a seguridade dos visitantes. Principalmente, en dous eidos: regular o tráfico e a movida nocturna. Esta reunión prodúcese despois de que Martín mantivera onte encontros cos propietarios de todos os locais do porto deportivo, para intercambiar opinións sobre os problemas de seguridade que se teñen producido nos últimos tempos. Ambas partes coinciden en que a movida forma parte da oferta do destino, polo que ven necesario garantir que sexa de calidade e en orde.
  • Sanxenxo contará este verán con 24 auxiliares de Policía Local
    SANXENXO> O concello de Sanxenxo presentou aos 24 auxiliares de Policía Local que durante este verán terán como misión garantir a seguridade da vila. O custe de este aumento de efectivos de seguridade ascende a 131.000 euros.
HomePONTEVEDRAXornada de loito no día Internacional da Bicicleta Top of Page

Síguenos en facebook