• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O concello lanza una serie de campañas de concienciación aos condutores co fin de reducir os accidentes

Abr 19 Escrito por 
Pontevedra> O concello de Pontevedra iniciou unha campaña de concienciación, co fin de que os condutores teñan o seguro do seu vehículo en regra e tamén pasada a ITV. Ademais, tamén iniciarán nas vindeiras semanas unha campaña de concienciación ao voante, e contarán coa adquisición dun radar para reducir a velocidade en puntos concretos da cidade.
O concello de Pontevedra resixtrou no 2016, 884 acccidentes, deles 113 foron leves e 18 graves. No pasado 2016 non houbo ningún morto en accidentes na Boa Vila. Con estes daros sobre a mesa o concello e a Policía Local iniciarán unha serie da campañas co fin de concienciar aos condutores de vehículos de diferentes aspectos. O primeiro, unha campaña de concentración cando se está ao voante. A policía Local tamén se atopou no 2016 con 500 vehículos sen seguro e outros tantos sen pasar a ITV por iso xa ten en marcha unha campaña de concienciación de conducir sempre con seguro e coa ITV pasada, senon, este asunto pode saír máis caro que ter todo en orde, xa que consta de unha multa de 1500 euros. E o concello de Pontevedra tamén vai a adquirir un radar co fin de reducir a velocidade en puntos concretos da cidade. O obxectivo destas campañas é o de reducir o número de accidentes en Pontevedra e tamén o número de feridos graves. Pese a que os datos non son negativos, dende o concello teñen como fin melloralos neste 2017.
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • 72 traballos e un investimento de 41 millóns de euros conforman o mapa de obras do concello
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra e o concelleiro de Obras mantiveron esta tarde unha reunión coas tres Federacións das Asociacións de veciños do concello. O obxectivo deste encontro é o de informarlles sobre o plan de obras municipais que están en execución, en tramitación ou en redacción. Son un total de 72 traballos que suman un investimento de 41 millóns de euros.
  • A Xunta de Goberno aproba unha nova inspección do IAE
    Pontevedra> O concello de Pontevedra loita contra o fraudo fiscal cunha nova inspección do Imposto de Actividades Económicas. A Xunta de Goberno Local adxudicou o traballo a Noroeste Local que terá 22 meses para facelo e percibirá o 16 por cento do recadado.
  • O futuro campo de Campañó terá un orzamento de 1 millón de euros
    PONTEVEDRA> O futuro campo de fútbol de Campañó está máis preto. Esta mañá, presentouse o proxecto desta nova instalación, que se sumará á rede do rural pontevedrés. O novo campo estará ubicado na mesma parcela que o campo actual, e contará cun investimento de case 1 millón de euros. Campañó está máis próximo a ter o seu novo campo de fútbol de herba sintética. A instalación ocupará a parcela do actual, e contará con materiais de alta calidade. A superficie de xogo será de 95x53 metros. Tamén estará equipado con cinco construcións que acollerán servizos complementarios como os vestiarios ou a cantina. A obra conta cun orzamento de case 1 millón de euros, e virá completar a transformación desa zona do monte de A Tomba. Alí tamén está proxectado un parque forestal. Os técnicos do concello traballan actualmente no prego de condicións do concurso de contración. Unha vez adxudicada a obra, o prazo de construción será de 8 meses.
  • Os bebés volverán ser os protagonistas do Festival das Núbebes
    PONTEVEDRA> Volve o festival pontevedrés dedicado aos bebés. No concello presentouse esta mañá a nova edición do Núbebes; unha cita que trae ata a capital de provincia actividades artísticas, conferencias e obradoiros pensados para o público máis miúdo das casas. A completa programación desenvolverase do 22 ao 24 e do 29 ao 30 de setembro. O Festival das Núbebes xa ten máis anos que a gran maioría dos seus protagonistas. A cita pontevedresa cumpre cinco anos, manténdose fiel á súa proposta: preparar un programa de actividades dirixido a bebés. Segundo os organizadores, a calidade é o criterio fundamental que se marcan á hora de escoller as diferentes propostas. Tamén priman as que son de produción galega. Ademais das artes, o festival tamén ten a súa vertente de aprendizaxe para as familias. Desta faceta encargaranse, por exemplo, o obradoiro de ASEII sobre cociña saudable e divertida, a charla da asociación Tetameiga “O teu parto consciente”, a proposta que chega de AMENCER ou a intervención da psicóloga Rosa Jové. O Teatro Principal, a Casa das Campás, a Casa Azul, a Praza do Teucro ou o Patronato de Turismo Rías Baixas, serán os escenarios para esta quinta edición do Festival das Núbebes, que este ano conta tamén coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
  • O luns inician as obras de acougado do tráfico en O Campiño
    PONTEVEDRA> O luns comezan as obras de acougado do tráfico no polígono de O Campiño. O concello actuará para crear itinerarios peonís en toda a zona e instalar lombos que poñan impedimentos á celebración de carreiras. O goberno local tamén anunciou que comezarán a elaborar un proxecto global de mellora da zona industrial. O concello de Pontevedra iniciará o vindeiro luns a actuación no polígono de O Campiño. Os traballos dirixiranse a crear itinerarios peonís e a acougar o tráfico, co obxectivo de frear a celebración de carreiras na zona. Para a comunidade de propietarios, estas medidas son ben recibidas. Tamén as últimas actuacións que xa realizou o goberno local na zona, como a limpeza de varias parcelas ou a mellora dos accesos. As actuacións irán máis aló. No encontro que mantiveron esta mañá representantes do concello e dos propietarios acordaron avanzar nun proxecto para mellorar toda a zona industrial. Actualmente, o polígono de O Campiño conta con 85 parcelas, e 61 empresas forman parte da comunidade de propietarios da zona industrial.
  • Séte levará para Francia o modelo de cidade de Pontevedra
    Pontevedra> Esta mañá a delegación francesa de Thau percorreu as rúas da cidade para coñecer o modelo que defende o concello de Pontevedra. O alcalde deste municipio do mediterráneo recoñeceuse na cidade de Pontevedra de antes, con atascos e bloqueos de circulación, por iso aspira a poder levar este modelo a súa vila.
HomePONTEVEDRAO concello lanza una serie de campañas de concienciación aos condutores co fin de reducir os accidentes Top of Page

Síguenos en facebook