• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Medio Rural afirma que non hai ningún foco de gripe aviar en Galicia

Abr 20 Escrito por 
Pontevedra> Dende a Consellería de Medio Rural envían unha mensaxe de tranquilidade á poboación. 7 concellos da provincia, entre os que se atopan Ribadumia, Meaño, A Illa, Vilanova e o Grove, deberán censar as súas galiñas. Un trámite, que segundo lle dixeron a esta canle nesta xornada dende a consellería , é necesario para actualizar o censo de explotacións familiares en Galicia e que nada ten que ver con ningún brote de gripe aviar.
A gripe aviar distingue días zonas na provincia de Pontevedra, unha de alto risco, entre os que se atopan os concellos de O Grove, Sanxenxo, A Illa, Vilanova, Meaño, Cambados e Rubadimia e outra de especial vixianza que son os concellos de Pontevedra e que os están a beira do Miño e na enseada de San Simón. Os de especial risco están obrigados a censar as galiñas coas que conta cada familia co fin de actualizar os datos na Consellería de Medio Rural. Dende a Consellería de Medio Rural quixeron nesta xornada enviar unha mensaxe de tranquilidade deixando claro que non hai ningún foco nin brote nin nada que se lle asemelle de gripe aviar en Galicia. Os veciños dos concellos, considerados, de alto risco deberán censar as súas galiñas na propia casa consistorial dende que o desexen. Dende a Consellería de Medio Rural animan a todos os veciños a censar os animais que posúan co fin de contar cun control do volume e especies coas que conta cada unidade familiar na nosa comunidade.
Etiquetado como gripe aviar    foco    Galicia    Pontevedra    zonas especial risco    7 concellos da provincia   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Pontevedra: capital do emprendemento
    Pontevedra> Esta mañá na Praza de España de Pontevedra tivo lugar a inauguración da cuarta edición do PONT UP STORE. Unha cita que reúne a 40 emprendedores da nosa comunidade, e que acollerá máis de 40 actividades ao longo destes dous días. A cidade do Lérez convértese ata mañá sábado na capital da cultura emprendedora.
  • A comisión de Economía aproba unha baixada de impostos sen moito futuro
    Pontevedra> Dende o PP de Pontevedra amosáronse entusiasmados esta mañá, xa que a comisión de Facenda, aprobou a moción deste partido solicitando a baixada dos impostos na cidade. Iso si, fíxoo soamente co apoio de Ciudadanos e saíu adiante porque faltaba un concelleiro do BNG, o que significa que no pleno non se aprobará esta moción. Sobre este asunto Lores ten claro que o PP o que ten que facer é predicar co exemplo.
  • O xerente do CHOP ten claro que "a nova lei de saúde reforzará o papel dos hospitais da nosa comarca"
    Pontevedra> Dende a xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra teñen claro que a nova lei de saúde que lanzan dende a Xunta de Galicia beneficiará tanto a cidade do Lérez como ao Salnés. Trátase , segundo José Ramón Gómez, dunha normativa que reforza o papel dos hospitais na nosa comarca.
  • O PP Local reúnese co Comité de Empresa de Elnosa
    Pontevedra> O PP de Pontevedra mantivo unha reunión co delegado do comité de Empresa de Elnosa. O fin de este encontro é o de escoitar en primeira persoa a situación dos traballadores desta empresa, e pedir aos políticos a continuidade desta cloreira, sempre e cando cumpra coa normativa europea.
  • A vangarda tecnolóxica darase cita na II Edición do Tek Fest
    Pontevedra> Do 25 ao 30 de setembro Pontevedra acollerá a segunda edición do Tek Fest. Unha cita que este ano terá como obxectivo unir o pasado, o presente e o futuro a través das novas tecnoloxías. O Patrimonio será o eixo central no que se basearán este evento centrado na vangarda tecnolóxica.
  • Os robots cobran vida no Instituto da Xunqueira
    PONTEVEDRA> O instituto Xunqueira 2 de Pontevedra vén de incorporar neste curso o libro dixital nas súas aulas, e os alumnos están a traballar con kits de robótica, programación e impresión 3D. Son parte das accións de Edudixital 2020, a estratexia da Consellería de Educación. Esta mañá Román Rodríguez quixo comprobar en persoa a súa posta en práctica no instituto pontevedrés. Os alumnos de 1º da ESO de Instituto Xunqueira 2 de Pontevedra, levan desde o pasado curso traballando nas aulas con kits de robótica, programación, e impresión 3D. Actividades pensadas para integrar as novas tecnoloxías no resto de materias escolares. Que qué isto? Mellor que nolo explique eles. O Centro pontevedrés incorporou tamén este ano o libro dixital, todas propostas enmarcadas na Estratexia galega para a educación dixital da Consellería de Educación. Esta mañá Román Rodríguez, visitou o instituto, foi partícipe dos traballos do alumnado, e salientou que o compromiso da Xunta cos coñecementos científicos na aula. O conselleiro subliñou a importancia de dar resposta ós desafíos educativos do futuro, un futuro no que eles terán moito que dicir.
HomePONTEVEDRAMedio Rural afirma que non hai ningún foco de gripe aviar en Galicia Top of Page

Síguenos en facebook